31 de dec. de 2012

CAMBADOS CENTRO DA MODA GALEGA POR UN DIA GRAZAS A ASOBLOG

FOI O ACTO EN CAMBADOS CON MAIS XENTE EN TODO O ANO.
O salón de congresos e exposicións de José Peña, en Cambados, quedouse onte escaso para acoller ao numeroso
público que quixo gozar das creacións das tres diseñadoras locais que onte protagonizaron un desfile de moda na súa localidade natal. 
Sobre 500 persoas xuntarónse onte no Salón de Peña de Cambados para asistir á proxección do  video "Galiza emerxente" e ao pase de modelos das deseñadoras cambadesas Marta Varela, Eva Soto e Mónica Guillán.
Estas tres deseñadoras, tras codearse con prestixiosos diseñadores nacionais e internacionais e de recibir máis dun premio ao seu traballo, quixeron onte achegar os seus innovadores deseños á poboación local, co obxectivo de dar a coñecer o seu traballo.  
Presentou o acto Ramón Nogueira, falaron: Luis Martínez-Risco secretario da Fundación Vicente Risco de Allariz, promotores da realización do documental, e Guadi Galego, compositora e cantante galega afincada e Ribadumia, que compuxo a banda sonora do documental "Galiza emerxente". 

E desfilaron modelos coas creacións das novas deseñadoras cambadesas: Mónica Guillán, Eva Soto e Marta Varela, Onte demostraron que Cambados ten canteira no mercado textil, ademais de talento e creatividade. E o público quedouse admirado ao descubrir, en moitos casos, que en casa tamén hai alta costura, e de calidade.
Despois do sabor agridulce que deixo a presentación oficial do Asoblog no Auditorio ao que asistiron unhas 40 persoas fai uns meses  onte Asoblog demostrou a sua capacidade de convocatoria enchendo o Salón de Peña, cunha organización perfecta, incluido o protocolo, disto deberian aprender no concello de Cambados, se queren o mellor Asoblog dalle unas clases.  
Lorena Acha
Pero aparte das protagonistas principais, as deseñadoras e as modelos  que de xeito altruista colaboraron no evento, hai que destacar a labor na sombra dunha persoa que levou o peso de organización o éxito en gran parte debeselle a ela, e esta non é outra que Lorena Acha.
Non imos a quedar simplemente nesta nota e nestas fotos dun evento, só cuberto incomprensiblemente por Diario de Arousa cubreu o acto , senón que  temos unha reportaxe completa fotográfica do evento e un video sobre o mesmo.
O acto tamén sirviu para rendirlle un pequeno recoñcemento a "pater" dos blogs en Cambados, que se vai para EEUU, Oscar Pardo Planas.


Ningún comentario: