15 de dec. de 2012

JUAN GALIÑANES TRIUNFOU NA SUA TERRA. XA PODES VER O PRIMEIRO “SPOT” SOBRE O ALBARIÑO.

Hoxe fun un dos moitos aforunados que enchemos o Auditorio de Cambados, para ver a presentación oficial dos catro videos realizados por Juan Galiñanes e o seu equipo,  no que moita xente coñecida de Cambados, actuaba de xeito altruista, para resaltar a festa por excelencia do noso pobo. Non hai adxectivos para catalogar os catro videos que presentou Juan
Galiñanes no auditorio da Xuventude, son excepcionais, emocioneime ao velos, porque outra cousa non pero esta festa traeme moi bos e moi agradables  recordos. Por certo por fin vin algo sobre a festa do Albariño no que non saia ningún politico do PP, e o mais curioso de todo é que os catro videos definen a festa do Albariño tal como é, alegria, diversión e bo rollo sin ter que ver ningún "jaivoteiro" polo medio. Grazas a xentileza de Juan Galiñanes xa podemos ver o primeiro video, para os que por diversos motivos non acudiches o Auditorio, aquí tedes o primeiro:



Ningún comentario: