Víase vir o que ía pasar coa estatua de fraga, pese a tela agochada onde a teñen. É toda unha tentación ter a estatua dun fascista no teu pobo e non botarlle unhas pintadas de vez en cando. Varios medios de prense fixeron eco da nova entre
eles Faro de Vigo e A Voz de Galicia, é o que é a rede cambadesa botaba fume por todos lados, con dicirvos que ate Cambados TK “resucitou por uns intres para falar da nova”.
eles Faro de Vigo e A Voz de Galicia, é o que é a rede cambadesa botaba fume por todos lados, con dicirvos que ate Cambados TK “resucitou por uns intres para falar da nova”.
Agora para o día de Reis alguén lanza na rede o kit de pinturas “Pinta O Teu Fraga”, con accesorios de distintos superheroes, varios sprais con distinto colores, é un fachacolor que remata cunha frase publicitaria moi chamativa “Dálle vida o dinosaurio”. A verdade é que o concello deusa tanta presa en limpala que non deu tempo os cambadeses a ver a Batman, practicamente. Agora xa mais en serio aparte os cartos que nos custou a todos os cambadeses esta estatua, capricho de Tourís que somete o inútil de Aragunde, xa que como todos sabedes unha das grandes novas deste ano foi a primicia de Cambados TK descubrindo que quen abriu a conta era un xubilado simpatizante do PP e pai dun exconcelleiro do mesmo partido, esta estatua debería de desaparecer do entorno cambadés porque vaille custar mais limpala que retirala. Por certo si se pode pedir, a min faime ilusión que a pintaran como os “Paiasos de la tele”, pero iso cando se acaba a saga dos superheroes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario