16 de dec. de 2012

LUIS ARAGUNDE VOLVE POR ENÉSIMA VEZ, A NINGUNEAR A OPOSICIÓN

Deixando aparte de todo isto a Juan Galiñanes, que nada ten que ver  co que imos falar, Luis Aragunde no acto de onte de presentación dos spots publicitarios sobre o Albariño, volveu a ningunear a oposición, e case unha constante del,  do seu
antecesor e do Partido Popular normalmente. Os cambadeses pagamos a unha serie de asesores e a veces nos pregutamonos para que, pois todo acto publico que organiza o Concello ten que seguir un protocolo. 
A organización protocolaria nos concellos conta con poucas regras, e se nos atemos ao Real Decreto de Precedencias do Estado (R.D. 2099/83), resulta que non vai máis aló dos tenentes de Alcalde, non dando ningunha directriz para o ordenamento do resto dos concelleiros, nin doutras autoridades locais. Polo tanto, o primeiro problema que se expón a un Xefe de Protocolo dun Concello é como ordenar e ao mesmo tempo contentar a todas as persoas implicadas nos seus actos. 
A categoría de entidade menor dos Concellos dentro da estrutura do Estado non é, nin moito menos, causa para unha menor importancia dos mesmos, nin sequera no que respecta ao protocolo, pois lonxe da crenza de que o mesmo é innecesario neles, a realidade dinos de forma continuada que iso non é así, pois non cabe dúbida de que é a institución que maior número de actos protocolarios xera e máis variados. 
Vexamos algúns exemplos: a toma de posesión do Alcalde, recepcións, audiencias, visitas de personalidades, primeiras pedras, aperturas de rúas, descubrimentos de placas, homenaxes, inauguracións de edificios sociais, culturais e deportivos, organizacións de seminarios, congresos, presentacións oficiais, firmas de convenios, feiras de mostras, vodas, funerais, entregas de medallas ... E todo aquilo que un se poida imaxinar e que non sexan as grandes cerimonias do Estado. 
Por iso, é conveniente que as corporacións locais aproben as súas propias normativas para o ordenamento das autoridades da súa localidade, todo iso sen menoscabo das precedencias sinaladas no R.D. 2099/83. 
Este ordenamento podería establecer en primeiro lugar o que debe de darse na mesma Corporación municipal e que sería o seguinte: 
1. Alcalde. 
2. Tenente de Alcalde. 
3. Portavoces dos grupos municipais de maior a menor, segundo orde electoral. 
4. Concelleiros dos grupos municipais de maior a menor orde, segundo orde electoral. 
5. Secretario. 
6. Interventor. 
7. Tesoureiro. 
8. Oficial Maior. 
9. Xefe da Policía Local. 
A oposición en Cambados representa a preto de catro mil cambadeses que non votaron PP e tamén queren ver os seus representantes nos actos oficiais, outra cousa e que non queiran acudir por vontade propia.
Non cumplir o protocolo non deixa de ser acto de mala educación por parte de que o fai, e pior facendo a sabendes como fai o noso Alcalde. É de desexar que o vindeiro acto que organice o concello deberian cumprir o protocolo, pero coñecendo como coñecemos a Luisiño vai seguir facendo o mesmo, e dende aquí imolle a seguir chamando maleducado porque o merece e nestes casos o é.

Ningún comentario: