26 de dec. de 2012

UNHA DENUNCIA MOI MISTERIOSA

Hoxe, tanto a Voz de Galicia como no Faro de Vigo na súa edición dixital veñen de publicar  unha nova un tanto contraditoria, e explicámonos. Segundo contan estes medios ao parecer os traballadores da Lonxa presentaron unha
denuncia contra unha serie de mariscadores, os cales previamente e mais concretamente o 26 de xuño pasado denunciaban perante a Axencia Tributaria mediante un  escrito no que daban conta dunha serie de irregularidades que podían rematar nun posible delito fiscal por parte de Benito González. (Podes ver o escrito o remate da nova) 
Está hipotética denuncia puxo en alerta os mariscadores en cuestión, por certo citados con nome e apelidos polo Faro de Vigo, non así pola Voz, quen avisaron os seus representantes xurídicos e comparecidos no Xulgados de Cambados, a dia de hoxe a denuncia non constaba por ningún lado. A todo isto Faro de Vigo solo nomeaba a unha persoa como denunciante , concretamente o xerente da Lonxa Manuel Rivas,  namentres a Voz fala de sete traballadores os que foron denunciar. E mais, o Faro chega a dicir concretamente “”Os sete traballadores da lonxa asinan un escrito no que negan "rotundamente que iso sexa certo"”, e apuntan que os socios vinculados a Agamar falsificaron os recibos nos que, supostamente, se fundamenta a súa denuncia”". Imaxinamos, como coñecemos a xente que traballa en Faro que lle mandarían a redacción copia dese escrito e da denuncia presentada como se soe facer nestes casos, porque senón a acusación que se virte contra os traballadores nomeados polo citado diario é moi grave, é tan grave que pode constituír un delito de calumnia xa que se están acusando estes honrados traballadores dun delito de falsidade en documento oficial, delito que obviamente non cometeron. De todos xeitos un bufete de avogados está xa a estudar unha denuncia ou querela criminal contra os asinantes do escrito en cuestión e empregados da Lonxa, segundo din os duos medios citados. 
Dende logo se foramos  empregados da Lonxa e dos asinantes do escrito non estaríamos moi tranquilos, entre outras cousas porque os documentos en cuestión foron aportados como proba na querela criminal que se sigue contra Benito González por malversación de caudais públicos na Fiscalía da Coruña e o Fiscal en principio deunos como válidos e para nada sospeitou da súa legalidade. De todos xeitos ao parecer hoxe mesmo algún destes empregados xa dicía que el non presentara ningunha denuncia, ou sexa que algúns xa se están a botar atrás. Os documentos aportados na denuncia e xa publicados en varios medios de prensa son os tres que expoñemos a continuación, e como vedes para nada están falsificados e son os tickets oficias da Lonxa de Cambados. Hai quen di que parece ser que Pelea enfadouse moito pola nova publicada na Voz o 23 de decembro pasado, e que chegou a Lonxa de moi mala "leche" e armou “o Belén”.  Non se pode ir pola vida tan alegremente acusando de delitos ao persoal, ademais persoal honrado e traballador que o único que fan e defender os dereitos dos seus respectivos colectivos, non coma outros que dubidan en  delinquir para amasar mais cartos a conta dos traballadores e non cito a ningúen . Se temos mais novas seguiremos informando.

AQUI TEDES OS TRES RECIBOS FALSIFICADOS SEGUNDOS OS EMPREGADOS DA LONXA DENUNCIANBTES:












Ningún comentario: