26 de feb. de 2013

CLARO QUE SE PODEN BAIXAR AS TAXAS AOS COMERCIANTES SE HAI VONTADE POLÍTICA

O CONCELLO DE CAMBADOS PAGA CADA MES 23.500 EUROS EN SOLDOS INÚTILES.
Hoxe lemos na prensa unha nova que nos deixa outra vez mais que sorprendidos,  e non é outra que os alcaldes do Salnés, agás o da Illa, non están dispostos a conxelar taxas aos comerciantes por falta de ingresos. Isto é realmente abraiante, os alcaldes teñen un morro  “que se o pisan” comezando polo noso Luís Aragunde e o cal nos imos referir expresamente.
  Xa dixemos varias veces por activa e por pasiva, claro que se poden conxelar certas taxas en Cambados sobre todo os comerciantes que están coa auga o "cuello", e incluso mais diríamos  que se lle poden rebaixar , de feito o BNG opúxose a todas as subas das taxas por que non é o momento. Imos pór un exemplo práctico no concello de Cambados.  Por exemplo o noso alcalde ten tres asesores persoais que cobran uns soldos de 4.500 mensuais. O noso alcalde contratou un arquitecto a maiores do do aparellador municipal o cal teno traballando baixo mínimos sen razón aparente algunha, cobrando dito arquitecto 2.500 euros mensuais. 
O noso alcalde ten un arqueólogo municipal que cobra 1.500 euros mensuais, labor que podía facer perfectamente o aparellador municipal, é mais está entre as súas funcións. O noso alcalde ten un asesor xurídico que cobra 3.000 euros mensuais, labor que podería facer perfectamente e así o di a lei o Secretario do Concello. Hai una serie de persoal achegado o partido do alcalde que non está facendo practicamente nada e están destinados nos museos, pero úsanos por exemplo para facer o enterro da sardiña, iso seria en soldos botándolle polo pouco uns 12.000 euros mensuais. 
Si sumamos veredes que nos unha cifra case que astronómica nada mais e nada menos que o noso Alcalde Luís Aragunde tira polo retrete todos os meses ¡¡¡VINTETRÉS MIL CINCOCENTOS EUROS!!!.  Con esta simple manifestación está claro que podía salvar e activar o comercio cambadés pero para Luís é prioritario ter contentos os seus amigos políticos mantendo os seus recomendados no concello antes de baixar as taxas aos comerciantes e se quixera Luís podería aforrar moitos mais cartos ao concello.
O BNG sempre se opuxo a subida de taxas aos comerciantes
Claro que os comerciantes están afogados, pero están así grazas ao Partido Popular , pero en cada declaración ou manifestación sempre omiten os comerciantes os culpables,  e estes como xa dixemos neste blog teñen nome e apelidos e son entre outros Luís Aragunde, José Manuel Cores Tourís, Rafael Louzán Abal, Feijoo e Rajoy e hai que dicilo.
O máis sangrante de todo isto  é que temos que ler que Alcaldesa de Ribadumia tivo coñecemento  dos problemas e das peticións que fan os comerciantes a través da prensa,  segundo publica hoxe Faro de Vigo. Lamentable como podemos ter personaxes como estes a cargo dunha alcaldía. Pero despois de oír onte a Cospedal que Barcenas  beneficiouse dunha “indemnización en diferido”, podemos esperar calquer cousa destes impresentables.


1 comentario:

o quinto dixo...

si os comerciantes,os seis millons de parados,os das preferentes,os desauciados que como dixo beiras estan matamdo,funcionarios da educacion, sanidad, xusticia, que agora protestan , xente amontes que non ten que comer etce,etc,etc,non votara a estes comedores e bebedores non terian ni un voto, asi que amin no me dan as contas, o carallo e que como decia miña abuela pagamolas xustos por pecadores