1 de mar. de 2013

“AROUSA SI RADIO SALNES”, PRESENTASE PERANTE O GRAN PÚBLICO

Acabaronse as probas, que ao parecer foron bastante satisfactorias, e agora empeza o momento da verdade , o momento de sair a peito aberto a competir nas ondas do Salnes, o
vindeiro 8 de marzo de 2013 e as 20 horas no Auditorio da Xuventude de Cambados, terá lugar a Gala Presentación de Arousa si Radio Salnés. 
Tete Rocamonde e Tacho
Presentaran a gala dous personaxes  de fama contrastada  como son o actor Tacho González e a periodista Tete Rocamonte, contarase coa actuación do humorista Pepe Suevos e Concerto do grupo Dolce Vita. O final do acto servirase un viño Rias Baixas. A entrada será con invitación e a mesma poderase recoller en Arousa Si Radio Salnés na Rua Ourense Nº 8-4º de Cambados Tlf. 986542054.
Xa era hora que tiveramos en Cambados un proxecto tan ambicioso en materia periodistica, dende aquí todo o noso apoio, parabéns e a traballar duro e aqui tedes unha man aberta para o que faga falta.

Pepe Suevos
PROGRAMACION SEMANAL AROUSA SI RADIO SALNES
07:00 Hrs. Galicia Día a Día.
10:00 Hrs. Pontevedra Arousa Día a Día.
14:00 Hrs. Informativo Comarcal
15:00 Hrs. Arousa Deportes
16:00 Hrs. Al Fondo a La Derecha.
17:00 Hrs. Música Formula Propia.

Escoitaos:107.9 FM
Escribelles: direccion@arousasiradio.com
Chámaos: 986 54 20 54


Ningún comentario: