19 de mar. de 2013

UNHA HOMENAXE A UN SER ESPECTACULAR: DOMIN.

Como poidechedes apreciar estes días, a actividade deste blog estivo un tanto “paralizada” a razón non era outra que estabamos a preparar dentro do sixilo que se podia, unha homenaxe a un ser que admiramos profundamente e que é todo un personaxe no
pobo: Domin. A festa acudiron sobre 250 persoas, de todo carácter e condición, a organización raiou a perfección e todo saieu as mil maravillas, e o mellor de todo que foi unha noite “máxica” para Domin, non poideron faltar os agasallos , todo podedelo  ver nas fotos da columna da dereita e por suposto tamén houbo   discurso que correu a cargo de  Chon, pero que falaba en nome de todos os asistentes e dicia así: 

DECIMA A UN SALTINBANQUI
Nuestro Carnaval tenia
un simpático de oficio 
quien con su “terrachan” juicio
recebaba de ironia
todo lo que sucedía. 
Hoy con sueldo mensual
se acallo al principal
impulsor de la charanga.
¡¡¡Y van sacar de la manga
Quien quiere ser concellal!!!

Esta decima ou spinela que acabo de ler e que presuntamente che adicou un alto cargo do concello  Cambados no antroido do 87, da sentido da tua notariedade no noso pobo en apenas oito anos que levabas nel.
Antes de nada agradecer a todas as persoas e colectivos aos que dun xeito ou doutro estivo ligado Domin e amigos en xeral, pola vosa  desinteresada colaboración e axuda nesta cea homenaxe. Queremos tamén agradecer especialmente ao concello de Cambados a súa inestimable colaboración  e especialmente a  este Restaurante que nos dou todas as facilidades posibles e mais.
Domin, xa sabíamos que dun xeito ou doutro iaste enterar de que che armamos hoxe, e moi difícil manter en segredo a mais de 250 persoas. En parte porque xa che dixemos hai tempo que che iamos facer unha pequena despedida. 
Isto xurdiu dunha persoa que tes a teu carón e que te quere con locura a tua Maria “a nosa” Maria  como ti moi ben dis. Ela foi a que nos movilizou a todos  para facerche este entrañable e moi merecido homenaxe, tiñas que ver a súa cara cando estábamos reunidos, o brillo dos seus ollos  cada vez que falabamos de ti  eran como ríos a punto de desbordarse . Outra persoa que temos que citar  porque levou o peso da organización deste evento é Richar , dirixeunos e coordinounos a todos   os demais .
No ano 79 chegabas a Cambados nun 127 medio destartelado procedente de Vich acompañado dunha moza moi guapa e un rapaz  pequeno, con destino a un lugar chamado San Tome en Cambados, previamente mandaras o teu sogro para inspeccionar o lugar non sabemos con que oscuras razóns.  
Unha veciña de Santo Tome preguntoulle a que viña teu sogro,  e este  cantoulle  a cala,  e a veciña  dixolle: Non se preocupe que viño e patacas hanlle de sobrar, o que non sabia a señora e que viña para Cambados o que ia a acabar coas existencias de Estrella de Galicia.
  34 anos despois eres todo un personaxe no noso pobo, un ser querido, un ser entrañable, colaboraches en todo o que o que poideches e sempre cun souriso na tua cara.  Falar de ti e tan doado,  que podíamos estar horas  facendoo sen ningún problema porque a tua polifacetica vida en Cambados, dou e seguro que dará para moito. 
No ensino a tua principal actividade, fuches sempre un exemplo, non levaches moi ben o choque de vocabulario das Terras de Ulloa ao Planeta Arousa, lembras  cando unha alumna che dicho “Profe teño un chocho, sinalando a fronte” e ti estranado dicias que cousas mais rara cando o normal seria decir un chichon, ou as famosas nevadas sen neve ,   que ainda hoxe en día cando  o dicimos te extrañas, aqui chamomolle nevadas cando chove do norte, ou verte participar na carreira dos Institutos,  competindo xunto  con Sabina,  esa guapa moza que a vida destinouna a   ter que viaxar nunha cadeira de rodas. 
Que dicir do entroido, promotor do enterro da sardiña, e fundador da extinta Unha Grande Chea, lembraste o dia que fumos a onde o Alcalde Tirado a pedirle unha pequena subvención para o enterro da sardiña e el dicianos o enterro faise só. E só non se facia só,   senón que llo digan a Mon Daporta.  Inesquencible aquel enterro daquel gran camello e os rapaces botando fariña, simulando o que simulaba,  polas ruas.  A tua faceta de bombeiro tan especial como atípico  no grupo de gaitas da comparsa. Que ben o pasamos e o seguimos pasando. 
No teatro Caracol fuches outro  ser especial tanto para o publico como para a compañía,  o que nos temos rido contigo no escenario do Asorey, incluso o s teus propios compañeiros, lembras cando interpretabas aquel conductor daquel autobús  que se via cara o púbico e no cal ti te achogabaste vestindo  uns gallunbos sexis con trompa de elefante incluida, facendo rir a todo compañeiro que entraba en escena.
Outra das tuas pasións o futbol, fuches un gran xogador   formaches parte dun xeito ou doutro no Palas. Milagrosa, Vich, Lugo, Pontevedra,  Arousa, Celtiga, Portonovo, Veteranos Cambados, Juventud de Cambados, etc. , foron testemuñas da tua sapiencia futbolística. 
Estamos seguros de que tiveches moitos adestradores pero ningún  co saber futbolístico do noso benquerido amigo Chata en Veteranos Cambados, que con so unha frase pechaba toda a filosia do futbol, lembraste daquel grito de Chata dende a banda” uno a uno y el que sobre libre”,  era demoledor para o equipo contrario, o curioso que  case sempre o que quedabas libre eras ti. 
Estou seguro de que calquera dos que está aquí  hoxe homenaxandote ten unha anécdota contigo,  e de seguro moito mais bonita e simpaticas que as lembradas por nos
Parece que como desagravio a décima coa que empezaba este discurso,  un rapaz de Cambados que está a rematar a carreira de periodismo, Edu Apariz Chaves, e que ademais foi alumno teu, definiate deste xeito tan maravilloso:
“Domínguez, tras de sí ronsel de gargalladas e algarada festiva de romaxe. Catalogado por uns  de  saltimbaqui e alboratador, considerado por outros escultor de sorrisos e melifluo atardecer. Amante do vidrio e a escuma, fica sentado nalgunha taberna cambadesa mesando o seu flequillo de estudante adolescente, arqueando unhas cellas indómitas e hirsutas que coroan un ollar ledo de amizade. Caída xa a noitiña, e ao grito de "outro quinto!", reverdecen folgos e risas renovadas na barra do bar, sendo el o primeiro en entoar un canto cadencioso de dita e camaradaría. 
Don Domínguez, Don de Xentes.”
Os de Cambados enseñastenos a amar a Palas de Rei e os de Palas de Rei Cambados, con que orgullo falas do da tua vila. Sabemos que  calqueira cambadés ten casa en Palas, a túa.
En fin Domin, grazas por ser o noso amigo, grazas pola tua presenza en Cambados, grazas por aumentar a poboación do noso pobo ti e mais a nosa Maria con dous seres tan  maravillosos, entrañables e tan distintos como Jacobo e Alberto. Pero non quixeramos pechar esta alocución   sen lembranos dun persoa que cando falas del notase a emoción nas tuas verbas, o teu  finado pai Manolo o Portugues, que seguro que vendo o recoñecemento de todos os teus amigos ,  hoxe estaria moi orgulloso de ti.  Recibe este aplauso  de todos nos en sinal de cariño e afecto.

Domin respostou cun discurso emotivo marabilloso, dando grazas a todos e lembrandose de unha _Grande Chea, iso é o que foi a festa:  UNHA GRANDE CHEA.

As fotos tanto da reportaxe como da columna da dereita son de EDUARDO APARIZ.
(E só a primeira entrega, vai haber mais.)

Ningún comentario: