6 de abr. de 2013

O 14 DE ABRIL TES UNHA CITA CON CARACOL

CONFÍA EN RECUPERAR OS 2.000 ESPECTADORES CO SEU "ROMEO E JULIETA"
- É A PRIMEIRA VEZ QUE O GRUPO CAMBADÉS VERSIONA A SHAKESPEARE
Teatro Caracol versiona este ano por primeira vez na súa historia a obra dun clásico da literatura para adultos, como é o "Romeo e Julieta" de William Shakespeare. O grupo cambadés afronta o reto de converter unha traxedia nunha peza chea de humor para o público infantil, e faio coa esperanza de recuperar o volume de espectadores doutros anos, despois de que en 2012 víuse notablemente mermado pola nesfasta politica educativa do Partido Popular e os seus desgrazados recortes que levaron a os profesionais do ramo, os profesores,  a  ter que adicarse a outras actividades mais importantes que  as extra-escolares, polo que “Caracol” debe agradecerlle a Luis a Aragunde e o seu partido, o Partido Popular,  esa merma de espectadores. 
A dirección de Caracol  escolleu para este ano "Romeo e Julieta" case "por casualidade". A dirección  admite que a tarefa lle infunde respecto, porque se enfronta ao que está considerado mellor dramaturgo da historia. A versión de Caracol será "atemporal", e o que se resalta nela "é o amor en si, e a idea de que cando ten un soño tes que facer o que sexa por conseguilo". E aínda que o texto orixinal sexa tráxico, a obra de Cambados está pensada para os nenos e "non se sairán chorando".
A compañía leva 20 anos facendo teatro, moito teatro, e habitualmente versiona contos infantís ou literatura contemporánea.
Se tedes interés en ver esta interesantisima obra, podedes retirar as entradas en  Sansatur e Chanelas, a única función para todos os públicos e o 14 de abril as 18 e as 20 horas.

PRME AQUI PARA VER FOTOS DA FUNCION


Ningún comentario: