19 de abr. de 2013

O I.E.S. RAMON CABANILLAS DE CAMBADOS É O ESCENARIO.

PECHE COMARCAL CONTRA A LOMCE E OS RECORTES NO ENSINO PÚBLICO O MARTES 23 DURANTE 16 HORAS
A Plataforma Galega En Defensa Do Ensino Público, da que forma parte o BNG xunto con outras organizacións, vai realizar un peche simbólico o martes día 23 de abril no Instituto Ramón Cabanillas de Cambados con inicio ás 17h. da tarde e remate ás 9 da mañán do día seguinte, dentro da campaña que está a desenvolver e toda Galiza en contra da LOMCE e dos recortes no ensino público.
Tendo en conta a forte agresión que sofre o ensino público por parte do PP é importante unha resposta cidadá contundente, por iso faise un chamamento á militancia e simpatizantes a participar no peche dentro das súas posibilidades, achegándose ao longo da tarde ou quedando a durmir esa noite nese centro de ensino coas persoas que o van facer.
Tamén é importante dar a coñecer esta protesta no voso ámbito e sobre todo a pais e nais con nenos en idade escolar pois está en xogo o futuro educativo dos seus fill@s animando a que participen.



Ningún comentario: