05/04/2013

TOURIS, QUEN CHE DERA.. SER A METADE DE HOME E PERSOA QUE CHON

POR RICARDO DOMINGUEZ REY 
      Debo de manifestar que Xosé Manuel Cores Tourís nunca  deixa de sorprenderme; nas  súas derradeiras declaracións en resposta
ás preguntas dos xornalistas nas que lle preguntaban sobre o suposto cobro de comisións  que investiga un xulgado de Arzúa e o tema do Pinal de Maza, este psedo político veu a dicir  que “tras todo isto está a exsecretaria de organización do BNG, Montse Prado, a ‘lideresa’, que, por certo, está escapada. O portavoz, Víctor Caamaño, é o recadero e Xaquín Charlín o segundo de a bordo aínda que se comenta na parroquia de Oubiña que será o próximo líder e se é así, apaga e vámonos”
      Dende logo é meritorio o de este home, a cantidade de parvadas que chega a dicir en tan poucas palabras, pero comecemos analizalas detalladamente e para elo  vou dirixirme expresamente a ti,  Tourís. 
      Mira, Tourís, como digo no encabezamento deste artigo ¡quen che dera ser a metade de home e persoa que Chon!; Xaquín Charlín terá moitos defectos, como os temos  todos, menos ti que te debes considerar Don Perfecto e as túas declaracións son miserables, deberías mirar mais para se en vez  de criticar a alguén que che pode dar clases de moitos tipos, empezando de integridade moral. 
     
Dende logo se de algo estou seguro é de que Chon polas noites  durme coa conciencia tranquila, sabendo que cando  se levante ao dia seguinte, non se vai ver implicado en ningunha investigación, por parte de calquera xulgado, por algún  presunto delito ¿podes dicir ti o mesmo?; Chon veu a servir á política e non a servirse da política; a diferenza  de ti,  que fixeches da mesma unha profesión; Chon está en política por  convencemento e se lle preguntases porque é de esquerdas e nacionalista, faríache unha longa disertación de porque abraza e defende dita corrente política. 
      ¿e ti?, “ilustre político” ¿podes dicirme en que momento da túa vida abrazaches a doutrina liberal do PP? ¿serias capaz de explicarme (cousa que  poño en dubida) ó sentido e a razón de ser que che levou a militar no teu partido? ¿como unha persoa tan mediocre coma ti puido chegar a onde está? Dende logo pola túa oratoria e a túa crenza na corrente política que representas, non dende logo. 
      Ti es un exemplo do que nunca debe ser un político, o primeiro en rirse  das leis, o tema do Pinal de Maza  é unha clara mostra de elo.... o uso da política para fins privados. 
      Dis, referíndote a Chon, que “se comenta  (...) que será o próximo líder e se é así, apaga e vámonos”, deixa que che diga que tes unha faciana mais dura que o formigón; Chon dáche mil voltas en calquera aspecto da política na que vos comparemos, primeiro porque  el cre firmemente no que fai e nos seus ideais. 
      Si... Chon é un idealista,  está na política por ideais a diferenza de ti e de espécimes como Louzán que xa sabemos todos que intereses os moven a estar en política..... que intereses e que réditos. 
      Como xa dixen anteriormente, Chon terá moitos defectos pero é unha persoa que ven de cara, unha persoa que di o que pensa e hoxe en dia iso é dicir moito, non coma ti, que en canto un se da a volta méteslla dobrada, que lle pregunten senón  a algún que deixaches Tirado (non, non está mal escrito, é con maiúscula). 
     
Chon ten capacidade de líder e o éxito do  seu blog é unha boa mostra de elo, Chon é un altavoz do que  moita xente pensa e lle gustaría dicir en voz alta e non pode e a Chon a súa liberdade de expresión e a súa valentía levoulle, incluso, a recibir ameazas, cousa que non lle amedrentou. 
      En outro orden de cousas dis que “tras todo isto está (...) Montse Prado, a ‘lideresa’, que, por certo, está escapada. O portavoz, Víctor Caamaño, é o recadero .....” simplemente dicirte que  ti es un “cachondo mental”... ten graza que ti fales de gobernar na sombra e de recadeiros, cando no concello de Cambados gobernas ti a través do teu recadeiro Luís Aragunde, o recadeiro mellor remunerado do pais, con unha nómina propia dun Subsecretario. 
      Montse Prado bárrete en todos os aspectos, dende experiencia política (ela si que empezou dende as bases a diferenza de ti que te subiches ao carro da política a túa conveniencia) ata capacidade de traballo, non coma ti que cando estabas de alcalde necesitabas ata un xefe de prensa que che dixera o que tiñas, e como o tiñas que dicir; en canto a Víctor, só o feito de aturar a incompetencia e a falta de educación ( como o famoso “Víctor, no me jodas”) do teu lacaio Aragunde xa se ten gañado o ceo e, dende logo, polo menos todo o que publica Víctor xa sexan artigos, comunicados, aclaracións etc. faino el sen que teña que recorrer a axuda de outros.
      Esperemos por ríspeto ao bo nome de Cambados, que a reapertura da investigación polos presuntos cobros de comisións esclareza algo xa que o teu alcalde consorte considera que non é necesario crear unha comisión de investigación facendo bo aquel dito de que “nunca mordas a man que che da de comer”.
      Por certo Tourís dis que no seu dia xa denunciaches á persoa que fixo as declaracións que che implican ¿en que punto está esa denuncia? ¿non será unha denuncia en “diferido” como di Cospedal? ou peor aínda unha denuncia como a que lle puxo o PP a Luís Bárcenas, na que nin sequera o nomea  non vaia a ser que se cabree e tire da manta  e como o chiste aquel na que un boxeador está levando unha tunda no ring e o seu adestrador dende a esquina dille. “queres que tire a toalla” ao que o boxeador respóndelle: “nada de tirala.....dalla na man, non vaia a ser que se enfade mais”
      UN SAUDO A TODOS
      
                                         RICARDO DOMINGUEZ REY
   








NOTA DO ADMINISTRADOR: Moitas Grazas a Ricardo polas súas verbas que non se merecen, e ruborizame ter que publicar isto pero non me gusta censurar nada de quen da a cara e menos do meu amigo Ricardo. De todos os xeito eu non lle daria mais importancia a Touris, o único que ten son cartos.

1 comentario:

o quinto dixo...

eu conozco a chonito desde que eramos rapaces, fumos quintos e estibemos xuntos na marina,de que esta na política por ideas estou eu completamente seguro,el e un ser humano honrado ¿touris ti que eres?