7 de maio de 2013

CAMBADESES QUE CONQUISTAN O MUNDO: JOSE ANGEL VAZQUEZ OLIVEIRA “PACHO”

RESIDE EN JEDDAH ARABIA SAUDITA.
Normalmente e desgrazadamente tendese a relacionar futbol con incultura, craso error e máis no caso que nos ocupa. José Angel Vazquez Oliveira “Pacho” para os amigos, aparte de ser un enamorado, estudioso e entendido do fútbol, é unha persoa de cultura
enviadiable e amante da lectura. Falar de “Pacho” é falar da Leria, é falar de Chourizo Films, e falar de Xuga Bonito, pero ademais este home, que amablemente nos atendeu foi olleador , de equipos de futbol de primeira división,  de adestrador de categorías base, de adestrador do Club Juventud de Cambados entre outras cousas,  esta é a marabillosa entrevista que nos deixou Pacho: 
ENTREVISTA: 
Explicación da foto remate da entrevista.
NOME E APELIDOS: José Ángel Vázquez Oliveira. 
DATA DE NACEMENTO: 23 de decembro de 1968
LUGAR DE CAMBADOS ONDE RESIDIAS: Teño a fortuna de ter vivido a miña primeira infancia na rúa Narciso Pérez en San Tomé, pegado á escalinata e perto do asilo, ate os cinco anos. Os seguintes trinta  e cinco paseinos en Cambados, na avenida de Vilariño, a escasos metros da Xuventude, e nestes últimos tres anos vivín en Fefiñans, no edificio que se construiu no solar do antigo campo de fútbol da Merced. Como dicía o demo tentador: “Todo esto te daré, menos Cambados, Fefiñanes y Santo Tomé”. Atendendo a esa lenda, eu xa pasei polo paraíso terreal, jajaja. 
TRABALLO QUE REALIZAS: Son adestrador de fútbol no equipo filial sub-19 do Al Ittihad FC, o clube decano do fútbol árabe, e un dos máis importantes e laureados de Asia. 
ESTUDOS: A nivel académico, tras rematar a antiga E.G.B.,  estudiei na escola de formación profesional de Fontecarmoa, en Vilagarcía de Arousa, obtendo o título de técnico especialista administrativo, na especialidade administrativa e contable. Posteriormente, tras o servicio militar, tentei compaxinar o traballo cos estudios na escola universitaria de estudios empresariais, en Vigo, durante un ano, pero non logrei sacalos adiante. 
Explicación da foto remate da entrevista.
A nivel deportivo, acadei o título de entrenador nacional de fútbol, nivel 3, na XXXVIII promoción da Real Federación Española de fútbol, homologado polo Consejo Superior de Deportes co diploma de técnico deportivo superior en fútbol. 
ESTADO CIVIL: Solteiro.
FILLOS: Teño una sobriña, e afillada, que é a miña debilidade, Salomé.
NOME DA TUA PARELLA E NACIONALIDADE: Gostaríame respostar a esta cuestión poñendo Scarlett, norteamericana, pero de momento ela ainda non dou o paso para formalizar a nosa relación, jajajaja. 
PAIS NO QUE RESIDES: Arabia Saudita. 
CIDADE NA QUE RESIDES: Jeddah, a segunda cidade en importancia do país, na ribeira leste do Mar Vermello. 
:
Canto tempo fai que estás fora de Cambados? Marchei de Cambados o pasado día 13 de agosto de 2012.
Posando con xogadores e directivos.
Cal foi a razón primordial da túa marcha? Xurdeume a posibilidade de facer realidade una inquedanza profesional e personal que tiña, que era fundamentalmente adicarme de xeito profesional ó fútbol, e non quixen deixala escapar. 

Custouche moi amoldarte a tua nova vida? Afortunadamente non me custou. Contei coa axuda e hospitalidade de moita xente e ademáis descubrín en min mesmo que son una persona que se adapta con certa facilidade a calquer contexto.

Que diferencias esenciais ves entre os cambadeses a  xente do lugar onde resides? Existen dous grandes grupos, coas súas excepcións lóxicas, de personas que conviven en Arabia Saudita. Por unha parte os propios sauditas, xentes en xeral de moito orgullo, creen que son un pobo elexido por Deus para transmitir a mensaxe do profeta Mahoma, que sen embargo constitúen unha sociedade enferma, desleal, chea de temores, custodiada, racista, pouco dada ó esforzó e ó traballo, atormentada en moitos aspectos, cínica e chea de hipocresías. 
Nun adestramento.
Por outro lado estamos os que vimos aquí a traballar, a miudo atraídos exclusivamente polos ingresos económicos, que os árabes creen que temos un precio e que poden mercarnos con facilidade, que rematamos asumindo un papel de comparsas na realidade absolutamente surreal, por paradóxico que parezca, á que nos enfrentamos constantemente  cada día, que provoca que se caiga, excesivamente, nun certo desarraigo moral, anímico, e tamén sociocultural. 
Jeddah
Sen ánimo de querer parecer “chovinisita”, teño para min a creencia de que, por ser precisamente de Cambados,  non formo parte de ningún deses dous grandes grupos de personas que habitan aquí, mantéñome firme nas miñas conviccións, fiel á miña escala de valores, sen esquecer de onde veño e a onde quero regresar, con un sentemento de profundo arraigo pola miña terra, e esto creo que é unha característica especialmente acentuada nas xentes de Cambados. En certo modo somos coma aquel Ramón de Sismundi, que inmortalizara Federico García Lorca nun dos seus poemas en galego (sí, en galego), “Cantiga do neno da tenda”. 
Segues a actualidade da tua vila? Constantemente.
Escudo do club

Normalmente porque medio te enteras do que pasa en Cambados? A través das edicións dixitais de La Voz de Galicia, Faro de Vigo e Diario de Arousa, tamén a través de blogs, deste por exemplo, a través de twitter …, en fin, con internet como ferramenta indispensable para poder estar ó día do que pasa polo pobo. 

Como se ve de onde ti estas a situación política e económica  do noso pais? Se me preguntas como ve a xente daquí a situación política de España, confeso que levei unha sorpresa ó comprobar que a maioría da xente ten maior coñecemento do o que eu supoñía da realidade española. Máis aló do consabido debate “Real Madrid-Barcelona”, pregunta inevitable que todo o mundo che fai cando saben que eres español, atopei moitas personas que coñecían a situación de crise económica en España e na “zona euro”, e que tamén tiñan opinión sobre un certo desmoronamento institucional do noso país, pola corrupción política, etc.
Con Richar e Ton
Se a pregunta vai dirixida a como vexo eu dende a distancia a situación política e económica de España, direi que a vexo do mesmo xeito que cando estaba en Cambados, a distancia non fixo que mudase de opinión respecto a creer que esta é unha crise fundamentalmente ética e moral moito máis profunda do que pensamos, e eso non é producto simplemente dunha conxuntura económica actual adversa, se non que, na miña opinión personal, é froito de moitos anos dunha dirección educativa equivocada, profundamente deshumanizadora e enfocada a crear unha sociedade hedonista, e dun concepto da política como se esta fose unha saída laboral alternativa, e non un servicio público por riba de todo. 

No Xuga Bonito
Tes pensado volver? Se a resposta é positiva: a longo, medio ou curto prazo? Estaría encantado de voltar, pero non sei nin se será posible nin se será pronto. Ó mellor teño que voltar mañán ou tardo cinco anos. No mundo do fútbol facer plans é unha utopía.

Como levas o da morriña? Moi mal, jajajajajaja. Verdadeiramente a morriña é un sinal de identidade de calquer cambadés, polo tanto non creo que resulte moi difícil entenderme neste apartado concreto. 

Segues en contacto  cos teus amigos de Cambados? Sí, con moitos deles sí, a través de internet, seguramente menos do que eu quixera, pero a vida do fútbol profesional nun país coma este cos horarios tan distintos ó noso e con viaxes bastante continuadas moitas veces dificulta  as relacións sociais.

Jeddah
Interesaste pola política do pais ou lugar  onde resides? Sí, bastante. Xa antes de vir tiven sempre curiosidade pola situación desta zona, Oriente Medio, e son un modesto coñecedor desta realidade. Manteño moitas veces conversas sobre política e relixión (fundamental neste contexto) con cantidade de personas, e nunca atopei temas “tabú”, a pesar de que Arabia Saudita é unha monarquía absoluta de carácter teocrático. 

Que botas de menos do que facias en Cambados normalmente? Boto de menos todo polo mero feito de que o facía en Cambados, jajajaja. Pero especialmente nos últimos tempos sair a correr por Cambados co me irmán Alfredo e un grupo de amigos era unha das cousas que máis me apetecía facer a diario. 

Jeddah
Aparte da tua familia, a quen botas de menos de Cambados? Pois obviamente ós compañeiros de tantos anos, aqueles cos que compartín momentos inesquecibles, e outros que se foron sumando nos últimos tempos, porque en Cambados existe un costume moi fermoso, penso eu, que é o de interacturar diversas pandillas de distintas franxas de edade e condición, que coinciden nalgún lugar común para facer tertulia, ver partidos, ou idear actividades deportivas ou iniciativas culturais. Por exemplo as xentes que dende hai anos nos deixamos cair de cando en vez pola Leria, penso que formamos un grupo variopinto ó que eu sempre lembro con moito cariño e certamente boto de menos. 

Unha imaxe entrañabel, Pacho  como adestrador do
Cambados e o fondo o malogrado Moncho Fontán
Que monumento de Cambados levarías para o lugar onde resides (só podes dicir un)? Monumento ningún, non quero deixar a Cambados sen o seu patrimonio, jajaja, pero si se pudese facer unha réplica da Torre de San Sadurniño e traíla para Jeddah, coido que encaixaría moi ben no paseo maritímo de Corniche, co Mar Vermello batendo forte. 

Contame o que fas nun día normal (hora de levantarse traballo, xantar, cea,)? A miña rutina nun día normal é ben sinxela. Habitualmente ando erguido a eso das dez da mañá, tomo un pequeno desaiuno, aproveito para repasar a prensa por internet, durante unha hora ou hora e media, a eso das once e media preparo a sesión de traballo do adestramento do día, e sobre a unha e media estou comendo, algo lixeiro, normalmente unha ensalada, peixe á prancha ou unha tortilla, sobre as dúas e media da tarde marcho para a cidade deportiva do clube, chego a eso das tres (esta é unha cidade inmensa cun tráfico tremendo). 
Nun partido co Cambados
A esa hora reúnome cos meus colaboradores e coordinamos todo o previsto para o adestramento, comentamos pequenas novedades, noticias, etc., ás catro e media da tarde (máis ou menos, en función da terceira chamada ó rezo do día) xa estamos no campo preparando todo o material preciso para iniciar o adestramento ás cinco en punto. Habitualmente ás seis e media da tarde xa rematamos o adestramento (cuarta chamada ó rezo do día, oración obrigada para os musulmáns). Unha vez rematada a oración, solemos aproveitar uns quince ou viente minutos para tomar unha pequena merenda e comentar as cuestión do adestramento, etc. A eso das sete e cuarto da tarde remato o meu traballo no clube e volta para a casa, aproveito esas horas ate a cena, a eso das nove e media, para facer a compra no supermercado ou para calquer outra necesidade. 
O Cambados, o club dos seus amores 
A cena moitas veces é a comida forte do día, chegamos con fame despoís do traballo, jajajaja, pasta, algún filete con patacas, ou incluso algo parecido ó cocido, pero sen carne de porco, que como todo o mundo penso que sabe aquí está estrictamente prohibida.  Despoís de cenar, a eso das dez, pois sempre contacto coa familia, aproveito para leer un pouco, outro repaso á prensa, ver algo de televisión, as actividades que me permitan distraerme algo. Normalmente, se non teño que respostar a ninguna entrevista de ningún blog cambadés, jajajajaja, a eso das doce e media ou a unha da madrugada deitome para descansar e escomenzar con forzas un novo día. 

O dia da presentación como adestrador do Cambados
Que fas normalmente o fin de semana ou no teu tempo de lecer? No mundo do fútbol é complicado ter semanas de traballo convencionais, pero obviamente sempre hai tempo para o lecer e o descanso. Neses días suelo aproveitar aquí para sair correr, buscando as horas de menor calor, gosto moito de pasear pola cidade, tamén aproveito para intensificar lecturas, bucear en internet en busca de música, e relaxarme tomando un te ou un xeado, con coñecidos e compañeiros. En Arabia non existen as salas de cine, é un entretenemento que está prohibido, pero si hai lugares para a distracción especialmente infantil. Aquí en Jeddah hai un acuario fermoso, onde traballan varios españois e que ten un espectáculo con delfíns maravilloso. Nos inmensos centros comerciais que existen nesta cidade hai moitos locais para xogar ós bolos, máquinas recreativas, etc. É un concepto de ocio un tanto diferente ó que temos en occidente, pero sempre se poden atopar lugares onde disfrutar dun rato agradable.

Cal é a festa que mais botas de menos de Cambados: Jajajajaja, acabas de tocar un punto no que, se me permites, voume extender un pouco máis do que xa me extendo e ir seguramente a contra corrente. Empezarei por decirche que a que menos boto de menos é a Festa do Albariño. Na miña opinión a Festa do Albariño xa dende hai anos convirteuse na menos cambadesa de tódalas festas da vila, está desnaturalizada, e a única actividade da festa que ainda conserva parte da naturaleza orixinaria da mesma, que é o xantar oficial, resulta que, non entendo por que, é a parte máis criticada. Non esquezamos que a Festa do Albariño naceu nun xantar, e non nun xantar común precisamente, se non nun xantar con vocación de reunión elitista. De tódolos xeitos, polémicas á parte, coido que beber máis ou menos cubalibres ou botellas de viño, que é o que fundamentalmente fai a xente os días do Albariño, pode facerse en calquer parte do mundo con maior ou menor éxito e en mellor ou peor compañía , sen demasiado esforzo. 
O que non se pode facer noutro lugar que non sexa na Praza de Alfredo Brañas en Cambados, é asisitir ó “Encuentro”, ou é imposible asistir a unha romería de San Benito nun marco tan maravilloso coma a praza de Fefiñáns, e tamén resulta único asistir a unha procesión marítima da Virxe do Carme que parta dos mares de Tragove, e en ninguna festa do mundo pingan as sardiñas no pan coma as que se asan en Santa Margarita, e non se atopan xigantes e cabezudos que bailen mellor que os do San Roque cambadés,  e poucas cousas máis xenuinas que  ir comer unha sandía ó Monte da Pastora cando é o seu día, e poucos segredos mellor gardados nas festas do mundo que o nome da raiña das festas da Valvanera cada ano, e non falemos das festas das parroquias, San Mamede, San Quirico, Santa Cruz ou San Antón… e tantas festas peculiares que somentes en Cambados son posibles. 
Esas son as festas que boto eu de menos, as que de ainda conservan, espero que por moito tempo, a esencia do que dende neno sempre identifiquei co carácter festivo do meu pobo, e non as que, co paso do tempo, foron mudando en imitacións desenfocadas doutros eventos máis ou menos masificados.

Hai centro galego ou español onde ti resides? Por non haber non hai nin consulado. Espero que o ministro Margallo algún día descubra que, a parte da princesa  Corinna, aquí escomenza a haber unha importante comunidade de españois, e os galegos, coma na Lúa, tamén estamos presentes. 

Por último, di o que che pete: Pois quero agradecerche a amabilidade de terte interesado pola miña presencia por estas terras, e síntome un privilexiado por que consideres que o meu traballo aquí e as miñas opinións poidan resultar de interés para os numerosos visitantes do teu blog. Graciñas por todo elo e espero que pronto nos vexamos por Cambados.

ENTREVISTA RAPIDA:

Xantar preferido: Xoubas do xeito guisadas con patacas. 

Bebida preferida: Polo día un Alaska. Pola noite un Desirée. Para os non iniciados na hostelería, un Alaska é auga, tres cubiños de xeo e unha tona de limón. Un Desirée é un combinado a base de cervexa sen alcohol e cola light, jajajaja.

Pelicula preferida: Se teño que escoller unha soa, “Raices profundas”. Sempre me identifiquei con ese estilo de héroe atípico que era Shane, maxistralmente interpretado por Alan Ladd.

Canción preferida: A banda sonora da miña vida está chea de cancións, pero creo que escollería como a miña preferida “Un beso y una flor”, de Nino Bravo. 

Politico o que admiras: Alguén me dixo unha vez que a admiración é un xeito sofisticado de envidia. Estou aprendendo a non envidiar a ninguén, e menos ós políticos. 

Persona histórico ou actual o que admiras: Serve de resposta a reflexión anterior, pero se teño que citar a alguén que personifique moitos dos comportamentos cos que me identifico, nomearía a Cristobal Colón, que como escomenza a ser demostrado, era galego e seguramente de Cambados. 

Deporte preferido: Fútbol.

Practicas algún deporte: Sobre todo fútbol e correr.

Viño preferido: O tinto do país que fai o meu tío Ángel seguindo a tradición do meu abó José, con uvas das parras de San Miguel de Deiro. 

Actor ou actriz preferido: Joseph Cotten e Ingrid Bergman. Españois, José Luís López Vázquez e Carmen Maura. 

O teu libro preferido: Moitos, pero se me decanto so por un, polo que supuxo para min no momento vital no que o leín: “Confesiones de una máscara”, de Yukio Mishima. Da literatura en galego “A esmorga” de Eduardo Blanco Amor, un xenio incompresiblemente silenciado por certas elites pseudo intelectuais que agora pretenden darnos leccións de galeguidade. 

Que libro estás lendo na actualidade: Teño por costume andar sempre con varias lecturas. Agora mesmo estou releendo a terceira parte da triloxía de “Los gozos y las sombras” de Gonzalo Torrente Ballester, a titulada “La pascua triste”. Tamén trato de mellorar o meu inglés con diccionario (pero nen así, jajajaja) coa lectura de “All my sons” de Arthur Miller, e estou rematando tamén a lectura dun libro específico de fútbol, “Aplicaciones prácticas desde la preparación física” do preparador físico galego Fran Beade. 

En que centro fixeches primaria: Na miña época non existía primaria. Son un producto da E.G.B., que cursei no mítico colexio Antonio Magariños Pastoriza.

Foches o instituto en Cambados, a cal? Non, fun a Formación Profesional en Vilagarcía de Arousa. 

Se fixeches estudos universitarios ,  onde os realizaches? Creo que xa comentei antes que andiven matriculado pola Escola Universitaria de Estudios Empresariais, alá en Vigo, jajajaja.
Equipo deportivo preferido: O Real Madrid foi, é e será o meu equipo de toda a vida. Obviamente agora dou o mellor de min polo Ittihad FC. Eso sí, como cambadés sempre tiven fervor por calquer equipo do pobo, dende o meu querido Club Juventud, pasando polo Xuven, o Cambados T.M., o C.A.C. o X.A.V., e tantos deportistas individuais que honraron o nome de Cambados alá por onde foron. 
oas tardes Xaquín:


Explicación polo propio Pacho das dúas primeiras fotografias:
A primeira corresponde a unha entrevista que me fixeron para a televisión despoís dun partido, e a segunda é un "posado" no impresionante boulevard de baldosa ó inicio da inmensa Al-Andalus Street, unha das principais arterias que atravesa Jeddah de norte a sur, coas as súas impresionantes vasixas e co palmeral ó fondo, que é o inicio das instalacións da residencia da familia real saudita na cidade, imposible acercarse máis por motivos de seguridade.






1 comentario:

V-11 dixo...

Un placer ler as túas verbas, interesantes coma sempre, Pacho. Alégrome que marche todo ben por aí. Mándoche un abrazo dende Holanda amigo.

Pablo Veiga.