27/05/2013

CAMBADESES QUE CONQUISTAN O MUNDO: RUBEN ARENAZ FEIJOO “O CODESO CHILOTE”

RESIDE EN: CASTRO – CHILE.
Esta semana imonos a Chile onde reside outro “leirante” (habitante da Leira), Rubén Arenaz ,  este “artista” que por circunstancias da vida  tivo  que “emigrar” a Chile por razóns laborais
primordialmente. Ruben é un tipo moi peculiar, por certo como case todos artistas, ainda que esta actividade tena un pouco abandonada,  porque case todo tempo adicao ao mexilón.
ENTREVISTA
NOME E APELIDOS: Rubén Arenaz Feijoo.
DATA DE NACEMENTO: 20 de xunio de 1074.
LUGAR DE CAMBADOS ONDE RESIDIAS: San Tomé. Eu vivín na rua Real, rua Sevilla e rua Narciso Perez. Non se pode ser mais de Cambados. sintoo por vos... jajjaja.
TRABALLO QUE REALIZAS: Cultivos de mexilóns.
ESTUDOS: Ciclo medio en escultura, Mestre Mateo e licenciado en belas artes.
ESTADO CIVIL: Solteiro.
FILLOS: Non creo.
NOME DA TUA PARELA E NACIONALIDADE: a última foi chilena, chilota.
PAIS NO QUE RESIDES: Chile.
CIDADE NA QUE RESIDES:Castro.
Canto tempo fai que estás fora de Cambados? Un ano e medio casi. Dende xaneiro de 2012.
Cal foi a razón primordial da túa marcha? Non hai unha causa soa, é unha mestura.
Custouche moi amoldarte a tua nova vida? Non. De feito disfruteino moitísimo.
Que diferencias esenciais ves entre os cambadeses a a xente do lugar onde resides? O (cristián) sentimento de culpa aquí é moi inferior, o que lles permite vivir de unha maneira moitísimo mais libre e desordenada.
Segues a actualidade da tua vila? Por rachas. Normalmente miro por internet pero podo pasar 15 días seguidos sin mirar sin ningún problema.
Como se ve de onde ti estas a situación política e económica do noso pais? Vese que se está aproveitando a crise para virar o país cara á dereita sin ningún pudor, ¿dende ahí non se ve así?
Tes pensado volver? Se a resposta é positiva: a longo, medio ou curto prazo? Si, voltarei a medio prazo… ou polo menos marcharei de aquí, non sei si directo para Cambados…
Como levas o da morriña? Cando te ataca é un sentimento devastador. Chegas a sentir dor física, ganas de vomitar… Como ós 8 meses sufrín o 1º ataque frontal!!! jjejejjeje.
Cando chegaron os conquistadores a Illa grande de chiloé estaba
practicamentedehabitada, os indíxenas vivian nas illas pequenas, mais
protexidas dos fortes ventos. Os Españois fixeronse propietaros de
toda a illa  pero logo necesitaron man de  obra e buscaron ós indíxenas
que,  como non tiñan terra onde face-las suas casas,  construiron
sobre o mar
.
Segues en contacto cos teus amigos de Cambados? Hoxe en día o que non esté en contacto é que non quere estar en contacto.
Interesaste pola política do pais ou lugar onde resides? Si, pero casi mais pola súa historia que pola actual, aínda que tamén a sigo. Pero, por exemplo, ler os papeis desclasificados pola CIA onde contan o que fixeron para derrocar e finalmente matar a Allende impresiona bastante.
Que botas de menos do que facias en Cambados normalmente? ós sobris.
Que monumento de Cambados levarías para o lugar onde resides (só podes dicir un)? Bueno, xa se encargou Louzán de enviar un cruceiro da escola de canteiros de Poio. Na que eu estudiei, por certo.
Con parte dos seus amigos na Praza
Rodas Fefiñans.
Contame o que fas nun día normal (hora de levantarse traballo, xantar, cea,)? É imposible facerse unha axenda de traballo aquí porque non se cumple xamais. Este é un concepto ó que costa moitísimo adaptarse, e eu non son nada sospeitoso dun historial de axenda organizada, que digamos…
Que fas normalmente o fin de semana ou no teu tempo de lecer? Ata agora ir a coñecer lugares da rexión, pero xa casi coñezo todo a 6h de coche á redonda. Pero sempre hai teatro, concertos… Castro ten unha vida cultural moi amplia, moita bohemia que din eles.
Cale a festa que mais botas de menos de Cambados? As non organizadas, as que surxen nun bar un xoves parvo que chove…
Hai centro galego ou español onde ti resides? Non sei si haberá en Santiago de Chile, creo que non. Pero para compensar a estas illas os conquistadores españois chamárono “nova Galicia” e foi o derradeiro punto con posesión española en America. De feito cando os Chilenos emprenderon a independencia os indíxenas puxeronse de parte dos españois. Non creo que fora porque quixeran seguir sendo españois senon porque non querían ser chilenos (pero esto é cosecha propia…)
Por último, di o que che pete:  para comentar aquí sobre esta entrevista teño que cambiarlle o nome. Eso de “conquistar”…
ENTREVISTA RAPIDA:
Xantar preferido: cambia moito, agora mesmo repolo refogado.
Bebida preferida: auga.
Pelicula preferida: das últimas “blue Valentine” boa recomendación me fixeron.
Politico o que admiras: calqueira que se retira co mesmo patrimonio co que entra na política. Eso paréceme admirable.
Persona histórico ou actual o que admiras: Gandhi. 
Deporte preferido: Baloncesto.
Practicas algún deporte ou actividade: vou ó ximnasio cando me acorda. Pero pago cada mes, creo que se pode considerar deporte…
Viño preferido: non son viñeiro.
O teu libro preferido: O livro do dessasosego, Fernando Pessoa.
Co seu amigo Beni Iglesias.
Que libro estás lendo na actualidade: Mitos, ritos y leyendas de Galicia, un presente do gran Bígaro. Graciñas Jose.
En que centro fixeches primaria: San Tomé ata 5º e Salesianos despois.
Foches o instituto en Cambados, a cal? Si, ó que había…
Se fixeches estudos universitarios , onde os realizaches? Belas artes en Pontevedra.
Moitas grazas a Ruben por contestar a entrevista é decirlle que o de conquistar e mais que nada referido a segunda acepción da palabra,  "gañar, conseguir algo, xeneralmente con esforzo, habilidade o vencendo algunhas dificultades", que é o que normalmente fai toda xente que emigra a outro pais. Unha aperta.




Ningún comentario: