13 de maio de 2013

CAMBADESES QUE CONQUISTAN O MUNDO: ROBERTO CACABELOS BOTE “CHOPITO”.

RESIDE EN NEW MALDEN (LONDRES) 
Desta vez imonos a Londres, lugar onde reside o noso entrevistado de hoxe, e un rapaz sinxelo, entrañabel, e como dirian as mulleres de antes “moy apuesto” ,que tiven a sorte  de ver medrar e coñecer dende moi neno, pois a amizada cos seus pais “Chopi” e a inimitanel e inigualabel e nunca esquecida Sabela, facianos coincidir en multitude de actos e de festas, por riba fisose amigo do meu fillo, polo que é unha desas
persoas as cales lle tes un cariño e un aprecio especial. “Chopito”, vendo que no noso pais non se lle abrian portas, emigrou en busca de traballo, formación e fortuna como desgrazadamente moitos xovenes cambadeses.
DATOS PERSOAIS
Coa súa moza Sofia.
NOME E APELIDOS: Roberto Cacabelos Bote.
DATA DE NACEMENTO: 21 Nov. 1988.
LUGAR DE CAMBADOS ONDE RESIDIAS: O Brexo.
TRABALLO QUE REALIZAS: Au PairESTUDOS: Maestro Especialidade en Educación Primaria.
ESTADO CIVIL: Nunha relación pero solteiro.
FILLOS: De momento estase ben sen eles.
NOME DA TUA PARELA E NACIONALIDADE: Sofía Vieira González. Ela naceu en Francia pero é Española.
PAIS NO QUE RESIDES: Reino Unido.
CIDADE NA QUE RESIDES: New Malden (Londres).
ENTREVISTA:
Co seu pai.
Canto tempo fai que estás fora de Cambados? O día 16 deste mes farei 8 meses aqui, como pasa o tempo...
Cal foi a razón primordial da túa marcha? Pois a verdade é que non tiven unha que estivera por riba das demáis. Podería dicir que sí, a falta de traballo foi a que me impulsou a emigrar, pero esa é unha entre moitas. Mellorar o inglés e sumerxirme na cultura británica para nun futuro optar a un traballo aquí, ou outro mellor noutro lado, foron outras das máis importantes.
Custouche moi amoldarte a tua nova vida? En absoluto. Bueno, coa familia ca que estou a vivir si. As primeiras semanas foron difíciles por iso da suciedade e demáis, pero polo resto todo ben. Sorprendentemente, resultoume moi sinxelo adaptarme ós horarios das comidas que era ó que lle tiña medo.
Que diferencias esenciais ves entre os cambadeses e a xente do lugar onde resides? A gran diferencia é a frialdade dos ingleses, como tamén, debido ó estilo de vida, é a de socializar con outras familias ou mesmo cos membros dunha mesma.
Cos seus irmáns Mariña e Raul.
Segues a actualidade da tua vila? Claro que si.
Normalmente porque medio de enteras do que pasa en Cambados? Procuro ler “La Voz de Galicia” e “O Diario de Arousa” tódolos días. Alí leo todo o que pasa a nivel provincial e comarcal. Das pequenas cousas, cotilleos e demáis asuntos de menor interés, un entérase polos amigos a través das redes sociáis.
Como se ve de onde ti estas a situación política e económica do noso pais? Pois máis ou menos como se ve dende aí. Aquí non hai ninguén que lle digas que eres español e non che diga “uh, moi mal o asunto non?”.
 Tes pensado volver? Se a resposta é positiva:  a longo, medio ou curto prazo? Quén sabe?  Polo momento pretendo quedar un ano máis aquí e traballar do que sexa, vivindo, eso si, pola miña conta. Unha vez asentado, trataréi de atopar un traballo relacionado co ensino. O que pase despois é unha incógnita. O que teño moi claro é que non vou voltar a casa para non facer nada. Buscaréi a vida onde sexa e como sexa.
Facendo historia no Cambados B
Como levas o da morriña? Ben. Penso que a morriña é algo inevitable pero necesario. 
Segues en contacto cos teus amigos de Cambados? A diario. Ás veces a cada hora, o que pode chegar a resultar cansino jajaja. 
Interesaste pola política do pais ou lugar onde resides? Moi pouco a verdade. Leo case a diario os xornáis, pero non lle presto moita atención a esa sección. E a televisión non a acendo nunca.
Que botas de menos do que facias en Cambados normalmente? O día a día pero todo fora dunha rutina. Pode parecer contradictorio, pero é así. Poder escoller o qué facer e sempre ter algo para. Comer coa familia, baixar a tomar algo cos amigos, facer deporte...e mil cousas máis.
Solidario para Esperanza Salnés.
Aparte da tua familia, a quen botas de menos de Cambados? Esta é moi fácil, ós amigos. Ou vou botar de menos ós enemigos?
Que monumento de Cambados levarías para o lugar onde resides (só podes dicir un)? A torre de San Sadurniño (Así tería que trae-lo mar adxunto).
Contame o que fas nun día normal (hora de levantarse traballo, xantar, cea,)? Levántome a eso das 7:20 cada día. Almorzo co pequeno da familia e imos camiñando ó colexio, que nos leva 25 minutos. Unha vez feito iso, teño as mañáns libres. Tres días á semana vou ó ximnasio e os outros dous suelo visitar a Sofía ou fago cousas na casa. A miña hora de xantar é ás 12:00. Cando remata o día de colexio, normalmente sobre as 16:00, teño que ir recollelo pequeno e voltar a casa onde o axudo cos deberes. Preparo a cena sobre as 17:30 e logo xogo con el ata as 19:30, hora na que remata a miña xornada laboral. A partir desa hora é cando aproveito para falar cos amigos e familia. Pola noite antes de ir a dormir, procuro ler ou ben ver algunha serie, É aquí, ás 22:30, onde o día remata para mín. 
Non quixo perder a última
Festichon, via Skipe.
Que fas normalmente o fin de semana ou no teu tempo de lecer? Os fins de semana aproveito para facer turismo con Sofía e os amigos ou ben simplemente quedar para dar unha volta polo centro e tomar algo xuntos. Procuro facer todo o deporte que podo. Ata fai pouco, ía tódolos martes a xogar unha pachanga cun equipo de aficionados. 
Cale a festa que mais botas de menos de Cambados: A dubida ofende. San Benito...Cal vai ser? O albariño. 
Hai centro galego ou español onde ti resides? Non onde resido, pero si onde o fan dúas amigas, polo que si o coñezo.
Por último, di o que che pete: “o que che pete”...que necesidade de volver a ver Cambados e a miña xente.
ENTREVISTA RAPIDA:
Xantar preferido: Depende do día. Ahora teño na cabeza zorza con patacas.
Cos Comepipas
Bebida preferida: Depende do día e do momento. Auga, cocacola, cervexa e ron.
Pelicula preferida: The Lord of The Rings seguramente...son moi malo para escoller cousas favoritas jajaja non me decanto por ningunha a verdade. Gústame moito o cine, pero non lle adico o tempo que quixera.
Canción preferida: Esta si que é imposible. Escoito todo tipo de música. A cada momento é unha diferente.
Politico o que admiras: Paso palabra.
É todo un gentleman
Persona histórico ou actual o que admiras: Meu pai! 
Deporte preferido: Fútbol.
Practicas algún deporte: Na actualidade non, pero gústanme todos.
Viño preferido: Non me gusta o viño, pero escollo o Albariño.
Actor ou actriz preferido: Clint Eastwood.
O teu libro preferido: Non teño.
Que libro estás lendo na actualidade: The Hobbit, o meu favorito nestes momentos jaja
En que centro fixeches primaria: San Tomé.
Foches o instituto en Cambados, a cal? Si, aos dous. Fixen 2ºBach no Cabanillas, o resto no Asorey.
Se fixeches estudos universitarios , onde os realizaches? Na Universidade de Santiago de Compostela.
Equipo deportivo preferido: Deportivo e Madrid.
Moitas grazas e "Chopito", por atendernos e personalmente desexolle o mellor do mundo,un abrazo.

Ningún comentario: