9 de maio de 2013

CARTA DE (des)AMOR AO ALCALDE DE CAMBADOS

POR RICARDO DOMINGUEZ REY
Querido alcalde: 
Sei que, quizais, no anterior artigo infúndeche
esperanzas cando dixen que me estaba namorando de ti; ademais en dito artigo saiamos ambos en un par de corazóns o que, sen dúbidas, fixo que albergases mais  posibilidades para dito  idilio (cousas de Chon, xa sabes que no fondo é un romántico empedernido). 
   
  Ao mellor pensaches que podía existir entre nos un apaixonado romance, uns “Romero e Xulieta” modernos (habería que ver quen dos dous  seria Xulieta ) ou unha bonita historia de amor  como no caso da  emperatriz Sissi e o emperador Francisco Xosé (neste caso está claro quen sería Sissi ¿non?). Sei que tes un gran corazón, case tan grande coma o teu estómago, que xa é dicir, de elo poden dar fe os restaurantes onde comes a conta das arcas municipais.   
   Pero sabes que  o noso amor é imposible, a min gústanme as mulleres e a ti non creo que  che gustan os homes,  aínda que a túa submisión, entrega e devoción  a Tourís é o mais parecido a un amor platónico de manual.  
   Aparte do pequeno detalle fisiolóxico de que ambos somos moi machotes, hai outra razón, quizais, de igual o maior peso para que non prenda o amor entre nos: eu son de esquerdas e ti aparentas ser de dereitas;  aínda que, realmente,  ti es do sol que mais quenta, estas no PP e na política como trampolín para o teu beneficio, para trepar o que faga falta e de seguro que o conseguiras, tes aos mellores mestres: Louzán e Tourís; eles, sen lugar a dubidas, marcaranche o camiño a seguir. 
   Se en vez de nos anos 70, houbeses nacido unhas décadas antes, teño clarísimo que camiño houbeses tomado: en canto tiveses uso de razón, afiliaríaste ao Fronte de Xuventudes, esa sección da Falanxe Española e das JONS, encargada de adoutrinar á xuventude da época e pouco a pouco irías escalando na organización, basicamente, como fixeches ata agora, nunha mestura de peloteo e servizal “chico de los recados”, ata conseguir un posto de relevancia; así se facían as cousas no franquismo, onde fronte ó mando das institucións a veces se atopaba o mais torpe e  incompetente, vamos, como pasa hoxe en dia no Concello de Cambados e na Deputación de Pontevedra.     
 
Luis Aragunde
  ¿En que momento sentiches a chamada da dereita? Ti, que nos teus anos de bacharelato, alzácheste como a cabeza visible contra o atropelo, por parte de concello, que supoñía facer a estrada pegada ó instituto Ramón Cabanillas, ¿que queda daquel rapaz revolucionario? Probablemente devorouno salvaxemente  o Aragunde actual. 
    Estaría encantado de escoitar como defendes, coa túa facilidade de palabra, a desastrosa política que esta levando a cabo o teu partido,  con Mariano Rajoy á cabeza, ese Rajoy onde sales nunha foto, que tes enmarcada  e que miras sempre que queres alimentar o teu ego e cando  queres crer realmente que es un político.   
   Eu podería darche un feixe de motivos de porque son de esquerdas, dáme ti un, so un  motivo de porque, aparentemente, es do PP. 
   Eu creo nunha sanidade pública e universal; una sanidade pública que era exemplo para moitos países e que o teu goberno está desmantelando, de forma descarada, en beneficio da privada, sen importarlle os enfermos que poida levarse por diante. 
 
Luis, dentro do círculo, nunha
,anifestación estidiantil.
 Eu creo , como pai de tres fillos, nunha educación pública, gratuíta e universal; unha educación, que como no caso da sanidade, está sendo aniquilada en favor dos centros privados. Á  dereita nunca lle gustou  a educación, un pobo con acceso a educación e a cultura é un pobo crítico, e por tanto, mais difícil  de alienar  e someter; coas subidas de taxas universitarias que o teu goberno está aplicando estamos volvendo 50 ou 60 anos atrás cando só os fillos dos ricos podían estudar. 
   Eu creo nunha xustiza independente e igual para todos; unha xustiza que sexa un poder totalmente desligado dos poderes executivo e  lexislativo e que , por desgraza, o ministro Gallardón, coa súa  reforma xudicial, intenta tela totalmente sometida. 
   Eu creo que os xubilados teñen dereito a unhas pensións e a unha xubilación xusta, despois de haber estado toda a vida traballando; un colectivo  que esta no punto de mira do teu goberno, de cara a posibles futuros recortes (ou reformas como din eufemisticamente). Cabe recordar que na actual situación económica, as pensións dos xubilados están mantendo a centos de miles de familias, pero, claro, como dixo o teu concelleiro Pomares ao ter pensións de 150.000 euros anuais ben poderán (¿en que estabas pensando Lochiño cando soltaches tremenda parvada?). 

 ¿Que pensas de todo isto, señor alcalde?  Non adoitas a falar da política a nivel nacional, a derradeira vez que che escoite un comentario nese senso foi   para xustificar que se non lle abonabas a paga extra de Nadal aos funcionarios municipais era por culpa de Zapatero.  A estas alturas da película, estráñame que a dereita   non  o acusara aínda a Zapatero  da morte de Kennedy e de Manolete. 
   
   ¿E que poderiamos falar da túa xestión ó fronte do concello de Cambados? Hai tanto de que falar que non sei nin por onde empezar: 
   Prostituíches o nome e o pobo de Cambados, colocando a estatua dun ministro franquista e aínda enriba tiveches a desvergoña de intentar atribuírllo a outros, por certo ¿que foi da famosa conta onde se poderían facer doazóns para dita estatua e o que sobrase dedicaríase a obras benéficas? Nunca mais se soubo de ela, outra das moitas parvadas que soltaches por esa boquiña de piñón.  
   
Outra das derradeiras parvadas mais sonadas  que soltaches ultimamente foi que iades ampliar o polígono de Sete Pías como proxecto de futuro, xa sei que esa decisión  partiu do teu amo (xa sabemos todos o que adora Tourís as obras públicas);  non sei se te darás conta de que estamos nunha das crises económicas mais graves dos últimos cen anos por tanto esas declaracións soan ata insultantes; aconsélloche que lle digas ao funcionario que cada maña te deixa na mesa do teu despacho os resumes fotocopiados da prensa, que aparte, tamén, te deixe algo de prensa económica co fin de que a próxima vez penses un pouco mais o que vas dicir para intentar  xustificar o inxustificable.
   Por certo en relación coa crise económica ¿onde están as políticas sociais do concello en favor dos mais necesitados? Neste actual contexto resulta ata vergoñento que se veña de aprobar unhas contas do Albariño de case 300.000 euros, esta claro que para a túa corporación  de goberno non existe tal  crise económica, iso si mentres tanto  seguen existindo graves deficiencias nos colexios públicos do concello, pavillón etc.     

 Finalmente despídome aconsellándote que non traballes tan “duramente” como dis ti, non vaia ser que che dea un ataque de estres, seria unha “perda” irremediable para o concello por certo unha pregunta, fai unhas semas cando fostes a Compostela co gallo da semifinal do “Nariz de Ouro 2013”, e despois fúcheste de viños con un dos teus cargos de confianza, o teu xefe de prensa e un antigo funcionario do concello, ¿iso tamén inclúelo  nas túas “maratonianas” e “esgotadoras” xornadas de traballo? e, o que é mais importante, ¿os viños metíchelos como dietas con cargo as arcas municipais?. 
   Encantaríame que mo aclarases 
   
 
 UN SAUDO A TODOS 
                                        RICARDO DOMINGUEZ REY
   
 
 

Ningún comentario: