13 de maio de 2013

CONCELLO DE CAMBADOS: INTERNET SÓ PARA ENCHUFADOS

Que Luís Aragunde está aprendendo a pasos axigantados a carreira de cacique é un feito dende que ocupou a Alcaldía, dende logo bos mestres non lle faltan, aí temos os casos do patriarca de Ribadumia, ou do cacique de Oubiña. A ultima orde que deu o noso alcalde é
que está a ser a “comidilla” no Concello foi retirar o acceso a internet a todos os funcionarios agás os seus “enchufados”, xa saben no concello de sobra quen son. Se a medida fora xeral para todos tería un pase, pero que se discrimine os funcionarios por razóns políticas é todo un escándalo. 
O alcalde escusouse dicindo que os cinco ou seis funcionarios os cales se lees deixaba internet era para que tiveron acceso o "portal" do rexistro, vaga escusa, xa que os que se lle deixou internet é a súa xente de confianza dentro do concello e algúns deles podémolos ver nos actos do PP como xantares do Albariño, pegada de carteis etc. 
Por certo “garganta profunda” acábanos de confirmar tamén un “lio de faldas e ciumes” entre o unha serie de personaxes do concello e alleos a el,  dos cales non imos dar nome  nin cargo algún, de momento,  xa que se trata dunha asunto persoal polo de agora e de crónica rosa, pero o mellor igual un dia destes cae un “imaxina” que tanto vos gustan sobre o tema.

Ningún comentario: