31 de maio de 2013

VICTOR SOLICITA OFICIALMENTE FALAR CON ISABEL PÉREZ

O BNG DE CAMBADOS É O ÚNICO GRUPO POLITICO QUE ESTÁ A FACER UNHA CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O SACO DE FEFIÑANS
Está medianamente claro que Víctor Caamaño Rivas , portavoz do grupo municipal do BNG de Cambados, e en representación desta forza,  é a única formación política de Cambados que está a facer unha  campaña de co cienciación sobre o Saco de Fefiñans, tanto a nivel municipal como galego. 
O PP só esta coas mariscadoras en época electoral e outros adicanse a outras cousas. Victor ven de solicitar por escrito a presidenta das mariscadoras de Cambados de data de onte unha xuntanza coa mesma. Victor no escrito de solicitude argumenta que  no ano 2010, o banco marisqueiro do Saco de Fefiñáns perdeu a súa consideración de  Zona B para pasar a ser cualificado como zona C, debido ás deficiencias na rede de saneamento municipal que provocan o vertido de augas non depuradas na zona. Que desde aquela data, lonxe de mellorar a situación, as cousas van a peor e recentemente no DOG ven de ser ampliada a consideración de zona C do citado banco, engadíndolle a superficie chamada “os tubos”. 
Como é razoable  que esta situación estea a crear preocupación entre o colectivo das mariscadoras a pé de Cambados e, así mesmo, o BNG estivo a desenvolver diversas iniciativas tanto a nivel municipal como no Parlamento Galego desde que o banco marisqueiro do Saco de Fefiñáns foi cualificado como zona C, é polo que o BNG de Cambados considera urxente e necesario ter unha reunión coa Xunta Directiva da Agrupación das mariscadoras a pé da Confraría de Cambados para valorar diferentes posibilidades de actuacións coa finalidade de buscar unha posible solución á citada  problemática.

Ningún comentario: