12 de xuño de 2013

CANTA HIPOCRESIA HAI NO MUNDO!!(O MAIS SINCEIRO APOIO A CHON)

POR RICARDO DOMINGUEZ REY
      Dende logo debo dicir que a raza humana non me deixa de sorprender, e, como moitas veces se ten dito  cando un sabio sinala a lúa,  os os necios  miran para o dedo.    
      Fai un par de días neste blog Chon colgaba unha noticia moi interesante na que analizaba unha serie de gastos do Ministerio de Presidencia, algúns realmente  curiosos, e o bo de Xaquín, a tenor dos datos amosados, preguntábase quen se está realmente apertándose o cinto neste pais.  
      O artigo é mais que recomendable pero a xente polo visto ou non o leu ou so quedouse con superficial:  unha das partidas eran mais de 40.000 euros para revisións xinecolóxicas, e,a vista de elos, Xaquín, quizais, utilizou un termino pouco apropiado. 
      Pero, queridos amigos, aínda que os que están atacando ao bo de Chon por este comentario puidesen ter razón en que a forma non foi a correcta (e Chon xa se desculpou por elo)  eu desexaría que a forma non tapase o fondo que é o que realmente importa.    
      Sainz de Santamaria representa i é a cabeza visible (e portavoz)   dun goberno que se está cebando coa clase media, con recortes brutais en dereitos sociais, sanidade e educación. Este goberno sopesou (e de feito así o puxo de manifesto algún dos seus políticos) en que, quizais, habería que sacar da sanidade pública o custe das mamografías, tan importantes para detectar o cancro de peito nas mulleres.
       Este goberno esta estudando recortar (eles falan eufemisticamente de “reformar”) as pensións  dos xubilados;  unhas pensións que, neste momento, están mantendo a mais de 1.700.000 familias en España e  que non teñen outra fonte de ingresos.
      Este goberno estalle pedindo a todos os cidadáns que se aperten o cinto, estalle recortando o soldo aos funcionarios ( en moitos casos mileuristas), subíndolle todo tipo de impostos aos contribuíntes (IVE, IRPF etc.) iso si, eles, os políticos tiñan,  ata fai uns días, subvencionadas as bebidas alcohólicas no bar do Congreso; eles (deputados e senadores) con so 7 años exercendo o cargo teñen dereito a cobrar a pensión máxima, mentres que ao resto da poboación pídennos que  traballemos ata os 67 anos. 
      Este goberno, coa escusa da crise,  está beneficiando de forma descarada á patronal, a banca e ao sector privado, en prexuízo e a conta de recortar en dereitos sociais, dereitos que se acadaron  tras moitos  anos de loita.    
      Xaquín equivocouse, ninguén o pon dubida, ¿e Xaquín un maleducado? Probablemente pero, ata agora, dende logo do que ninguén o pode acusar e de mentireiro ou de falso, sempre vai de fronte e di o que pensa, sen hipocrisías e dende logo eu, e, sen lugar a dubidas, moitos dos que entrades neste blog é o que mais valorades:  a súa sinceridade,  a súa franqueza e os seus comentarios, sexamos sinceros e dito sexa de paso, é o que pensamos moitos. 
      Xaquín ten moita mais calidade humana que algúns dos que se están resgándose as vestiduras hoxe por tan infortunado comentario; Xaquín  a través  do seu blog leva moito tempo denunciando os atropelos que sofren os mais débiles: as condicións dos homes e mulleres que traballan no mar,  os estafados polo tema das preferentes, as condicións penosas co as que se están  atopando moitas familias co tema da crise, a situación de abandono das parroquias, o amiguismo e enchufismo escandaloso,  as deficiencias dos centro escolares do pobo mentres o concello gasta cartos en estatuas a ministros franquistas e un longo etc. 
             ¿E que todo ese traballo non conta? 
      A todos os retrasados mentais que estou escoitando chamarlle a Chon  machista, misóxino e demais parvadas, so dicirvos que non tedes nin puta idea (perdón pola miña linguaxe pero eu tamén son un maleducado) de quen é Chon e todo o que representa, si xulgades a unha persoa so por un desafortunado comentario é que non paga a pena nin perder o tempo con sacarvos do erro. 
      Hoxe unha periodista díxome que como concelleiro do BNG, Chon  non podía dicir mais de catro casos no seu blog, pois ben, a estas horas xa non é concelleiro; o BNG perde a un gran activo, un home de ideais  e a un loitador pero todos os que lle seguimos en “A ti meu Cambados” esperamos que siga coma ata agora, dicindo as cousas coma son e ao que non lle guste, ten toda a liberdade do mundo para non entrar no blog, non se lle botará en falta. 
      Por ultimo quero dirixirme a todas as mulleres que se puideron sentir ofendidas polo comentario; repito o sinalado anteriormente, non xulguedes a unha persoa por un so comentario, equivocouse e pagou o erro pero dende logo se de algo non se lle pode acusar a Xaquín é de machista e non vos desexo, en absoluto, ningún mal, pero si unha maña tedes a desgraza de atopar un bulto sospeitoso no peito, os achegades a un hospital e danvos cita para cinco ou seis meses ou os poñen nunha longa lista de espera, lembrade nos privilexios desa caste privilexiada da que forma parte Sainz de Santamaria e políticos do seu partido como, por exemplo,  un alto cargo de Castela La Mancha que fai un par de meses ante a perspectiva de ter que esperar moitos tempo para operar a súa nai, saltouse a lista de espera e operouna por diante do resto, iso si é vergoñento; pensade en todos os recortes en Xinecoloxía que este goberno está levando a cabo, ¿creedes  realmente que a señora Sainz de Santamaria aféctalle en algo esas medidas? Pensádeo e indignádevos realmente polo que paga a pena. 
      Hoxe mentres todos están a discutir polo comentario dirixido as nobres partes da señora vicepresidenta, un home, un xubilado, ó que estafaron con tema das preferentes quitouse a vida pero iso non parece, polo visto, noticia. 
      
      Unha aperta ao meu amigo Xaquín, sei que non o estas a pasar ben pero eu coma moitos que cho están demostrando, apoiámoste e, sobre todo,  non cambies un ápice, mal que lle pese a moitos. 
      

    UN SAUDO A TODOS OS QUE COMA MIN APOIADES A CHON
        
                                               RICARDO DOMINGUEZ REY
      


      

1 comentario:

Unknown dixo...

Chon,son muller e non me sentín en ningún momento ofendida,penso que simplemente e unha forma de falar,non é peor o que o dí que o que o pensa,hai moita hipocresía.
meu máis sincero apoio.

Amparo Costa Trigo.