15 de xuño de 2013

CARTA ABERTA A OLAIA FERNANDEZ DAVILA (DEPUTADA DO BNG)

POR RICARDO DOMINGUEZ REY
Apreciada e admirada Olaia:
      Debo dicir que non teño o pracer de coñecerte persoalmente polo que, para dirixirme a ti, previamente informeime e documenteime de todo o teu inestimable traballo, cousa que, por certo, non fixeches ti fai un par de días cando insultaches ó teu compañeiro de partido e, a vez, meu amigo Xaquín Charlín “Chon”,  en relación coas súas desafortunadas declaracións sobre a vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría. 
   
  A raíz de tal polémica, e dirixíndote ó meu amigo, dixeches que “mais que un machista este señor é un misóxino (..)” o que me leva a pensar que, ou unha de dúas,  ou non sabes que significa o termo  “misóxino” ou non sabes realmente quen é Xaquín Charlín “Chon” e todo o que representa; e dado todo o teu, repito, inestimable traballo no eido da  política, inclínome a pensar mais ben no segundo. 
      A RAE define “misóxino” como “que odia ou sinte antipatía polas mulleres ou non gusta de estar na súa compañía”, evidentemente, se coñeceras, a Xaquín Charlín, como o coñezo eu e moitos amigos e compañeiros teus de partido, comprenderías o absurdo de tal comparación. 
     
Estou disposto, e dende aquí lánzoche a invitación, que cando os dous, ti e mais eu, nos atopemos en Galiza, a que te achegues a Cambados e que preguntes, non so no noso pobo , senón en todo o Val do Salnés e, ata se me apuras,  en toda a ría de Arousa quen é Xaquín Charlín e toda a labor que leva a cabo para que comprobes ata que punto estas errada o afirmar o que afirmaches. 
      Pregúntalle a todas as mulleres coas que traballa que opinan  de Xaquín, pregúntalles a súas veciñas, a todas as mulleres que en algunha ocasión acudiron a el con problemas, sabedor de que as escoitaría e que faría  o que estivese na súa man  por axudalas. 
     
Entra no seu blog e comprobarás, como admira ás mulleres traballadoras (na súa dobre faceta de mulleres e  de traballadoras), de feito en dito blog, faise eco de varias noticias aparecidas na prensa nacional de mulleres da nosa comarca e veras que so ten verbas de admiración para elas. 
      Pregunta a toda a xente que ten a sorte de coñecelo que opinan de Xaquín, pregúntalle ao alcalde de Cambados e da súa relación amor – odio, pregúntalle ó señor presidente da Deputación de Pontevedra, el (para a súa desgraza) tamén ten a sorte de coñecer a Xaquín. 
     
Xaquín equivocouse ó describir as nobres partes da señora vicepresidenta do goberno aínda que fose comparándoas cun metal tan apreciado e valioso  nos mercados financeiros internacionais, non se dou conta da repercusión que podían ter as súas palabras; na súa defensa debo dicir que o fixo pensando mais coma cidadán   que coma concelleiro;  como un cidadán, dos miles, millóns de cidadáns que cada dia que pasa  identifícanse cada vez menos coa clase política a tenor dos datos publicados nas distintas enquisas, como por exemplo a do C.I.S. 
   
  Xaquín neste par de días recibiu moitas críticas, quizais demasiadas,  amplificadas, en algúns casos,  por  certos medios de comunicación, de marcado carácter conservador,  que viron a ocasión ideal   para atacalo non só  a  el  senón tamén ó BNG;  pero de todas as críticas, sei que que as túas foron das que mais doéronlle, porque viñan dunha compañeira de partido e sei tamén que a compañeiros e compañeiras do mesmo partido non lle  gustaron, en absoluto, esas mesmas declaracións porque  chamar “misóxino” a Xaquín e como chamar “racista” a Nelson Mandela ou  “broncas” a Gandhi. 
   
  Xaquín, en absoluto, é un machista, machista é a sociedade na que nos movemos que cando algo lle parece estupendo di que é “caralludo” ou “cojonudo” (na súa versión en castelán), en relación ao órgano sexual  masculino, e, polo contrario, cando algo e aburrido, canso é   un “coñazo” , neste caso, en relación ao órgano sexual  feminino; do mesmo modo, cando dicimos que un home é un “zorro” e para destacar a súa intelixencia e astucia, mentres que o adxectivo “zorra” nunha muller asociase, invariablemente, a “puta”.  
      Se me preguntas a miña opinión, querida Olaia, penso que superaremos todo isto cando ante declaracións como as de o meu amigo non reparemos nin se as dixo un home nin se ían dirixidas a unha muller, entón acadaremos a verdadeira igualdade de sexos; tamén debo dicirche que eu tampouco considero que a muller sexa igual ao home, persoalmente, penso que sodes superiores en moitos aspectos: tedes unha maior esperanza de vida, resistides mellor as enfermidades e, só, polo feito de ter que aturarnos merecedes un monumento...empezando pola miña santa señora que xa se leva gañado o ceo un par de centos de veces. 
      Antes de despedirme, quero reiterarche a miña invitación, será un pracer convidarte a unha botella de viño albariño, chamaremos, tamén, a Xaquín e podo asegurarte  que ó final daraste conta que te equivocaches e, Xaquín, saberá perdoarte,  é un pouco brutote pero no fondo é un bendito; ademais para persoa educada ata limites insospeitados en Cambados xa temos ó señor alcalde Aragunde  e a o delegado provincial da Xunta Sr. Tourís, santos varóns, que parece que estivesen toda a súa vida recluídos nun colexio británico.  
      
      Saúdos e os meus mellores desexos para ti. 
      
                 RICARDO DOMINGUEZ REY 

 

Ningún comentario: