12 de xuño de 2013

...COIDA AS FORMAS NON VAIA A SER QUE TEÑAS QUE DIMITIR...

Vivimos nunha sociedade que permite facer a peor das cousas posibles si sabes como, eso si, si fas unha entrada no teu blog con DATOS sobre os gastos da Vicepresidenta do goberno, intenta coidar as túas formas, non vaia a ser que teñas que dimitir do teu posto de concelleiro.
 Unha sociedade onde os Ratos, Feijoos e Tourises e demais calaña política campán as súas anchas, porque da igual o vocabulario que utilices habitualmente nos teus artigos, o realmente importante é o alto que apuntes nas túas críticas sobre os abusos dos que dominan o sistema e o máis importante, AS FORMAS. Queren conseguir que ante os scraches, o arranque de Beiras no parlamento ou este artigo todo o mundo se quede a mirar o dedo (como repetía un amigo durante o día de hoxe) e ninguén repare en que o que está a sinalar é a lúa. 
Certamente non sei si Soraya ten o "chochito” de ouro, de prata ou de bronce, do que si son consciente é que me molesta, e moito, que gaste 40.000 € do erario público en consultas xinecolóxicas, cando na sanidade pública temos grandísimos profesionais que levarían o seu embarazo igual ou mellor que os centros privados e cando polo outro lado se está a recortar na sanidade de TODOS. E vendo actitudes como esta de dona Soraya, o que me queda totalmente claro é que tanto ela como os político que levan a cabo prácticas polo estilo deixan en nunha minucia o tamaño testicular do cabalo de Espartero, querendo ademais dar leccións de bo comportamento.
 Mención a parte merecen aqueles que fan do feminismo a súa bandeira cando a ocasión o impón, mentres que noutros foros seguen a defender a función "tradicional" da muller, por non falar da forma de actuar do BNG, que foi o meu modo de ver de partido pequeno e moi superado pola gran repercusión mediática que tivo o tema nas primeiras horas do día. 
 En definitiva, o que me quedou claro é que o 99,9% da xente que escoitei falar do famoso artigo durante o día de hoxe non o leu. Vista a actualidade política e como este tipo de noticias saltan os grandes tabloides de cando en cando, a un quédalle claro cal é o porqué de que este pais vaia como vai... Botamos pola porta de atrás a aqueles que loitan polos seus ideais e polo ben común, por unha mera cuestión de formas, mentres que pola porta principal entran ladróns, mentireiros e aprendices de caudillos que solo miran polo ben deles, e que eso si, saben moi ben COMO facer o seu “traballo”. Deixando a un lado que moitos dos temas do día como o home que se suicidou en Pontevedra e que se especula que puido deberse a que se encontraba nunha situación económica lamentable debido as Preferentes, quedaron nun segundo plano.
UN ARTIGO DE CHONSIÑO

Ningún comentario: