10 de xuño de 2013

DETIDOS DOUS PESQUEIROS DE HONDARRIBIA EN BAIONA POR INCUMPLIR A NORMATIVA COMUNITARIA

O SORTE FIXO QUE NON FORAN DOUS BARCOS DE CAMBADOS
Preocupación e noxo  da mini flota cambadesa  que faena no Pais Vasco  depois da “ilegal detención” de dous barcos polas autoridades francesas,  sen que o goberno fixera algo por protexelos. Pola zona teñen tamén a base  barcos cambadeses como Os Caprcihos, o Nolito Persebello o Galaico,  e o barco de Bueu o Dous Meros. Calquera deles podia ser o apresado.
"Nolito Persebello"
O presidente das Cofradías de Gipuzkoa, Eugenio Elduayen, explicou que os dous pesqueros «foron apresados pola patrullera francesa porque se detectou que fixeran un trasbordo de peixe dun barco a outro» 
Dous pesqueros con base en Hondarribia foron interceptados este pasado xoves pola patrullera francesa Ancelle e obrigados a dirixirse ao porto de Baiona tras detectarse que realizaran un trasbordo de peixe dunha embarcación a outra en alta mar, o que incumple a normativa europea. 
O presidente das Cofradías de Gipuzkoa, Eugenio Elduayen, explicou que os dous pesqueros "foron apresados pola patrullera francesa porque se detectou que fixeran un trasbordo de peixe dun barco a outro, o cal está prohibido segundo a normativa comunitaria", o que, ao seu xuízo, supón "unha inxustiza". 
"Galaico"·
Elduayen opinou que esta normativa estableceuse para controlar aos barcos que levaban a cabo capturas de xeito "ilegal" pero "non ten en conta as especificidades de cada flota". 
Neste sentido, indicou que para a flota de cerco do Cantábrico supón "unha medida moi dura", xa que, por exemplo, neste caso as embarcacións atopábanse a cen millas da costa e achegarse con 400 quilos de anchoa, que se pode vender por 800 euros, e gastar "dous mil euros en gasoil, algo inviable". 
«Medida inviable» 
O presidente das Cofradías insistiu en que se trata dunha medida "inviable" para a flota de cerco do Cantábrico. Ante esta detención en Francia destes dous pesqueros a flota do Cantábrico mobilizouse e concentrouse no porto de Baiona para protestar contra este feito "demencial". 
"As normas hai que poñelas para o ben dos cidadáns pero tendo en conta as especificidades de cada flota", sostivo. 
Finalmente, indicou que os dous patróns dos pesqueros detidos atópanse declarando en Baiona. 


Ningún comentario: