18 de xuño de 2013

JORQUERA SOBRE CHON HOXE NA VOZ: "ESTE SEÑOR COMETEU UN ERRO GRAVE, CON CUALIFICATIVOS INADMISIBLES E INTOLERABLES"

UN EMPEZA A ESTAR CANSO DE CERTOS MENOSPREZOS.
Un xa empeza a estar cansado de tanto perdonavidas, estou canso sobre todo de contadas actitudes de dirixentes da que era a miña organización política porque a partir de hoxe deixo de militar no BNG.
Hoxe, sen ir mais lonxe,  nunha entrevista que publica o periódico mais subsidiado pola  Xunta do  PP “La Voz de Galicia” volvenlle a preguntar a Jorquera  pola miña persoa e di:
"""-¿Falou vostede esta semana co concelleiro do BNG de Cambados?
-Non tiven a oportunidade. 
-¿E que lle pareceu o que escribiu no seu blog sobre Soraya Sáenz de Santamaría?
-Pois é un caso que demostra que no Estado español hai culturas políticas distintas nas organizacións. Este señor cometeu un erro grave, con cualificativos inadmisibles e intolerables. E dimitiu."""
De verdade que en toda unha semana non pudo Vde. Sr. Jorquera comunicarse conmigo. A verdade é que un home moi , pero que moi ocupado Sr. Jorquera.
Vde. Sr. Jorquera co primeiro que tiña que falar e na mañan do martes pasado era precisamente conmigo, sobre todo antes de falar coa prensa,  pois tiña o seu carón unha deputada que tiña o meu número de telefono,  e despois falar en consecuencia,  nunca antes de coñecer a quen posteriormente  criticou con moita  dureza Vde. e sobre todo Dona Olaia.  
Non souberon xestionar a crise, coido que lle veu algo  grande, é unha opinión personal. Estou canso de que a xente me perdone a vida sen coñecerme. Home non digo eu que me ensalzaran, non digo eu que me alabaran, eu fixen o que tiña que facer , retirar o post, pedir perdón e presentar a dimisión como concelleiro,  e Vdes o que fixeron foi  entrar no xogo do PP que foron precisamente os que organizaron o cotarro dende Cambados coa mediación de “La Voz de Galicia” .  Oieu Vde.  a alguen do PP criticar o Alcalde de Valladolid cando se refiriu a Leire Pajin? Verdade que non, senón todo o contrario, quitaronlle ferro o asunto. Leu Vde. Sr. Jorquera o post de “Chochito”? eu creo que non porque eu só cito un calificativo  referido a vicepresidenta do Goberno,censurable si, pero  un só,  o resto do artigo era para criticar os gastos elevados de vicepresidencia, que era o importante,  que xa tiñan que haber criticado os nosos deputados en Madrid. Non se preocupe Sr. Jorquera voume da súa organización non vaia a seguir facendoñe dano a mesma un "intolerable" que militaba nela. Que lle vaia a Vde. ben no aspecto personal e como dirixente do BNG. E desexo que lle vaia mellor a organización que deixo, eu quedome cos apoios recibidos en Cambados e fora de Cambados polos meus amigos, coñecidos, compañeiros de traballo e xente descoñecida que foron centos a cal nin lle pareceu nin  inadmisible nin intolerable, senón unha saida de tono como tantas das miñas durante os dous anos que levaba como concelleiro,  o calificativo en cuestión. Por certo a maioria eran mulleres as cales me decian que non se sentian menosprezadas polo meu calificativo si polas declaracións de Castelao Bragaña "las leises coma as mulleres están para violalas..".  Non sei, pero cada vez que pasa o tempo teño a sensación de que eu estorbaba na organización.(E só unha sensación personal). 
Un abrazo especial e agradecido a toda a xente do BNG que parten o peito traballando por unha organización que aman e queren e non figuran en ningún lado. 
XAQUIN CHARLIN "CHON".



Ningún comentario: