10 de xuño de 2013

O ALCALDE DE CAMBADOS QUERE FACER UN LIBRO SOBRE A NOSA VILA

PERO…O LIBRO DE CAMBADOS XA ESTÁ FEITO PERO SEN EDITAR.
O  SEU AUTOR O MOZO HISTORIADOR CAMBADÉS JACOBO DOMINGUEZ PEDREIRA.
Estes días o noso Alcalde Luis Aragunde pregonaba os catro ventos na prensa de Arousa que “O Concello de Cambados quere publicar un libro sobre a historia da localidade, desde a prehistoria ata a idade contemporánea. O volume nutrirase en boa parte dos relatorios dos cursos de verán que a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) celebra en Cambados desde fai uns anos.” 
É curioso pero este libro que pretende facer o Alcalde leva terminado dende finais de dous mil once, é obra do  xoven historiador  Jacobo Domínguez Pedreira, un cambadés de 35 anos que rematou na devandita data,   o que podería considerarse o primeiro libro de historia de Cambados concibido cunha metodoloxía científica, tal e como esta enténdese na actualidade, e o que comprende un período temporal máis longo, pois arrinca na Prehistoria e termina nas primeiras eleccións municipais trala ditadura de Franco. Un libro que leva rematado dende finais do 2011 e que o propio Jacobo ten a disposición do Concello. A que espera o noso Alcalde para a súa publicación?
Premendo AQUÍ podes ver a nova do libro que se publicou en Faro do Vigo o 18 de outubro de 2011. 
Premendo AQUÍ podes ver unha entrevista a Jacobo na Voz de Galicia o 13 de febreiro de 2010 antes de rematar o libro. 
Jacobo conta no súa bibliografia con libros tan exisosos como “Cambados na segunda república” ou  “ A Juventud de Cambados”, ambolos dous editados por Candea. 







Ningún comentario: