10/06/2013

OS VELLOS ROQUEIROS NUNCA MORREN (AGAS FRAGA)

POR RICARDO DOMINGUEZ REY
Momento Revival
      Corría o ano 1997, os meus cuñados Antonio e Loreto rexentaban en Vilagarcía  o pub “Náutico” nas galerías do río do Con (daquela a zona de marcha da vila arousán) e, de vez en cando, eu  achegábame por alí para botarlles unha man,   xa que había días  no que o  local enchíase ata  os topes ,e, de paso, a tomar algunha copa “by the face”, por suposto. 
 
    Lembro un venres, facía pouco que se abriran as portas, polo que aínda non había moita xente, eu probaba as miñas dotes de DJ, poñendo os distintos cds da variedade discografía da que alí dispoñía. Nese intre puxen unha canción dos Rolling Stones,  “Anybody seen my baby” que facía pouco saíra ao mercado e soaba moitísimo;  espectacular canción, por certo, e sobre todo, espectacular o  videoclip, no que unha moi nova Angelina Jolie, percorría as rúas de Nova York en lencería, se non o vistes, buscádeo en Youtube, paga a pena ollalo. 

     
      Como dicía puxen dita canción, e case de inmediato, achegouse a onde estaba eu, un rapaz de non mais 18 ou 19 anos, prototipo do “pijo” da época (pantalóns vaqueiros caros e camisa  da marca dun coñecido réptil)   coa súa copa na man,  e con cara de que non lle gustaba, en absoluto, o que acababa de  poñer.  
      (como xa comentei, o local abrira facía pouco rato e había escasa xente polo que se podía  manter unha conversa tranquilamente). 
     
Dito rapaz dicíame que carallo de música poñía, reclamándome, pola contra que pinchase a última  dos Backstreet Boys, que daquela tamén soaban moito.  
      Ten “collons” a cousa!! e que perdoen as señoras a miña linguaxe pero querer que quitara aos grandes, os enormes, os únicos Rolling Stones para poñer a Backstreet Boys é como se estas nunha cea romántica coa Scarlett Johansson, toda acaramelada e con gañas de “marcha”,  e, de repente, dislle que se vaia porque  que prefires a compaña da Duquesa de Alba....como se dicía antes : “demasié para mi body”.  
     
Eu ante tal proposta, díxenlle ao rapaz , que un pouco de respecto, que estaba  escoitando a un dos  mais grandes grupos de “rock and roll” de todos os tempos, historia viva da música. O rapaz, insolente coma poucos, empezou a dicir que se eran uns vellos uns acabados (uns dinosauros chegou a definilos) e que xa pouco pintaban no actual panorama musical actual.  
      O resto da conversa  transcríboa literalmente porque lémbroa como se tivese acontecido onte mesmo: 
- ¿Dinosauros? O que ti digas rapaz, pero xa veremos onde estarán en dez anos os uns e os outros. 
- ¿Dez anos?  A estes vellos non lle dou nin dous anos, en dez xa estarán non asilo 
- Tempo ao tempo, rapaz

      Pasaron, non xa dez ,  senón  dezaseis anos da conversa de aquela noite.
       Os Rolling Stones, seguen a ser os Rolling Stones, non so non están acabados senón que ídolos actuais de masas como Taylor Swift ou Lady Gaga perden o cu por compartir escenario con eles.   Mick Jagger, con case 70 anos, compite coa mesmísima Shakira por ver quen dos dous move mais as cadeiras nos   concertos e  Keith Richards, segue a poñer en apertos a marca de whisky Jack Daniel´s  ao acabar, case el soliño,  con todas as súas reservas. 
     
Din que os Rolling están preparando unha xira para o ano que ven, din que será a ultima pero non fagades caso xa dicían iso a primeira vez que actuaron en España, en Barcelona no ano 1976, e xa choveu un pouco dende entón.  
      Os Backstreet Boys lembro que intentaron, fai uns cantos anos, volver coma grupo, con mais pena que gloria sexa dito de paso. 
      En canto o meu  interlocutor, o mozo vilagarcián, hoxe en dia trintaañeiro, non o volvín a ver nunca mais pero de seguro que si o atopase hoxe en dia, meteríallo pola parte do seu corpo  mais parecida a rañura dun lector de cds a discografía completa das “ súas satánicas maxestades” por poñer en dubida o seu nome.  

    
      NOTA : Dedicado a todos  os que aman a boa música (sexa do estilo que sexa) e, como lle dicía Richard Gere a Julia Roberts na escea da opera en “Pretty Woman” (1989): 
      “ A reacción a primeira vez que a escoitan (unha opera) é moi espectacular ou lles encanta ou lles horroriza si lles encanta será para sempre senón poden aprender a apreciala pero xamais chegaralles ao corazón”. 
      
     
UN SAUDO A TODOS 
      
                         RICARDO DOMINGUEZ REY
      
      

Ningún comentario: