28 de xuño de 2013

STAND BY “IN CONCERT” IN TORRADO PALACE

PANDETERETEIRAS VOLANDEIRA, OS XEITOSIÑOS, XIRONSA, GAITEIROS VOLANDEIRA, DE VIRASON, XAQUIN XESTEIRA E OS CARBALLEIRA, "MALLANDO DURO NA PANA".
CONEXIÓN DANCE,  CON MÚSICA FLIPANTE
EMPANADA,  PEMENTOS DE PADRON, POLVO A FEIRA, CHURRASCO, ALBARIÑO
¡¡¡VASTE PERDER TODO ISTO MAÑÁN SÁBADO EN TORRADO!!!
Mañán sábado e unha proba de lume para un grupo que ten moitas gañas e ilusións de actuar en Cambados, perante o gran público como vai ser mañan no Pazo de Torrado, este grupo e Stand By. Estamos seguros que ocultan o nerviosismo como poden pero cada vez que se achega a cita o “formiguillo” este que sube polo estomago vaise notando. Estamos seguros de que van triuenfar..Esta claro que este concerto non é como  o ofrecido, durante unha comida de carnavales, ali practicamente estaban entre amigos mañan, xa notándose a alfuencia de turistas vanoos ver xente por primeira vez que practicamente nin os coñecen. O éxito conseguido en fronte de todos os seus coñecidos está claro polo que agora intentarán  dar  un novo paso a intentar conseguilo de cara ao gran  público. 
“Stand By” fórmase despois de que Bruno (teclados) escoita cantar, nunha voda, a Quique e comezan a conversar de música. Bruno xa tocara fai anos nun grupo, polo que as ganas seguían latentes, motivo que levo a estes dous a moverse, buscar xente e montar a banda. Tras conseguir ao resto de compoñentes, empezan a ensaiar e a banda empeza a coller forma. 
O único que non parecía coller forma era o nome do grupo, xa que primeiro chamáronse “A Rastro”, pasando despois a denominarse “Tempo Morto”, nome co que deron o concerto de carnavales, e agora, finalmente denomínanse “Stand By”. “Chamámosnos A Rastro, logo Tempo Morto, pero non convencíanos moito, e como non nos poñiamos de acordo, dixen Stand By, mentras non atopabamos outro nome” pero parece que non disgustaba moito a idea deste nome, e poida que este sexa o difinitivo. “O importante é facer vibrar á xente”, comentaba o vocalista da banda, Quique. 
A banda está formada por Bruno aos teclados, Javi Pamplona e Matias ás guitarras, ao baixo Xesús, Loyus á batería e á voz Quique. 
Mañan poderemos  gozar de forma gratuita do as mellores versións dos Rolling Stones, David Bowie, Os Inimigos e moitos máis a cargo de “Stand By”. 
día a día que era un gran cantante. Iso si, Quique, tomalo como queiras. 
Pero como sabedes isto non é todo o que vai acontecer en Torado , previamente terá lugar o festival Folk, no que poderemos ver a actuación de Pandereteiras Volandeira, Os Xeitosiños, Xironsa, Gaiteiros Volandeira, De Virasón, Xaquin Xesteira e os Carballeiras.
Pero esto ainda non é todo, porque CONEXIÓN DANCE, despois do concerto de Stand By pondrá coa súa musica disco punti final a este, esperamos, fenomenal velada. 
Por certo durante todo o dia poderás degustas en Torrado de Sardiñas, empanada, pementos de Padrón, polvo a feira, churrasco, albariño etc.



¡!!VASTE PERDER TODO ISTO!!!







E TODO ISTO:




Parte do texto de Stand By recollido do blog "Dos vueltas de Tuerca"

Ningún comentario: