5 de xul. de 2013

O AUDITORIO ACOLLE EN XULLO UN CURSO PROFESIONAL DE PIANO

O curso será impartido polos mestres rusos Olga Baranova e Yury Popov. 
O auditorio da Xuventude acolle os próximos 20 e 21 de xullo un curso de piano impartido polos mestres rusos Olga Baranova e Yury Popov, ambos profesores en distintas escolas superiores de Portugal. 
Yuri Popov
O curso, organizado pola Academia 5ª Sinfonía en colaboración co Concello de cambados, está dirixido tanto a alumnos como a profesores de grado medio e superior que queiran mellorar a técnica e a interpretación pianística. 
As clases serán individuais e de 60 minutos de duración, nos cales os alumnos poderán escoller que obras queren traballar. Segundo o nivel de cada alumno asignaráselle un dos profesores, podendo nalgún caso recibir clases de ambos. Ao finalizar o curso organizarase un recital coa participación dos alumnos seleccionados entregándolles un diploma acreditativo. 
Olga Baranova
Os interesados poden inscribirse a través do e-mail cursopianocambados@gmail.com , ou no teléfono 670424861, indicando nome completo, teléfono de contacto, nivel de estudos musicais, número de clases que desexa recibir, preferencias de horarios, tipo de alumno (activo/oínte) e as obras que desexa traballar durante o curso. A data límite para a inscripción é o 17 de xullo. 
NOVA OFRECIDA POR MIGUEL COSTAS E RECOLLIDA DE VIVIR EN CAMBADOS



Ningún comentario: