5 de xul. de 2013

REFLEXIONS FRONTE A ESTATUA DUN FASCISTA

POR RICARDO DOMINGUEZ REY
      Supoño que vos acontecerá  a moitos de vos, que coma eu, estades lonxe da vosa terra, do voso pobo e, en definitiva, do lugar onde mais tempo desenvolvestes  o voso ciclo vital pero, dende logo, no meu caso en particular, sempre experimento un pracer infinito cada vez que vou o meu amado Cambados. 
      Ver aos meus familiares, amigos e coñecidos, sentir o que se palpa nas rúas e ver  que cambios se produciron na  vila dende a  miña derradeira visita, pois, é algo  que  me gusta gozar enormemente.
Iso foi o que me pasou o derradeiro fin de semana  cando me puiden achegar, o que para min é o mellor pobo do mundo, ademais pasoume unha cousa que me levou a reflexionar e cavilar e é o que quería compartir con vos. 
O sábado decidín ir ata o parque Torrado pois estábase celebrando un festival para recadar fondos para as categorías base do Club Juventud de Cambados, equipo onde tantos e tantos rapaces xogamos o fútbol cando eramos nenos e, tras saudar a uns amigos,  involuntariamente, dirixín a vista  para onde estaba a estatua de Fraga. Debo dicir que, quizais pola certa distancia a que me atopaba, quizais polo valado que rodea a dita escultura (seguramente para protexela das “múltiples mostras de afecto” que nos gustaría darlle moitos cambadeses)  ou porque eu viña de tomar unha par de copas de “bebida espirituosa” (vamos, de albariño para que nos entendamos), pois ben,  como dicía a primeira sensación que me dou foi de que a estatua mais que levantar unha copa, estaba a dedicarlle “un corte de mangas” a todos os que estabamos alí.  
Evidentemente achegueime ata onde me permitía o valado e, tras verificar que soamente fora unha visión, quedeime un bo rato mirando para a figura e despois  do rito que fago sempre que a teño diante, rito que non vou a especificar polos meus bos modais  e exquisita educación..............
................... aínda que, pensándoo ben  despois de levar  mais de un ano asomándome a este blog coido que xa teño a suficiente confianza con vos, para falar sen eufemismos: o meu rito consiste, basicamente, (e que me perdoen as señoras) en “cajarme” unha ducia de veces na nai e tamén no pai (non vaia a ser que me tachen de machista e misoxino) de quen tivo, no seu dia, a “brillante” idea de dedicarlle a estatua a tan inmerecido personaxe, esta afirmación pode resultar pouco apropiada, pero pensada friamente e se temos en conta o que no seu momento dixo o excelentísimo sr. Alcalde de que a idea partiu dun “sector do viño” bastante abstracto, espero que ningún cabaleiro nin  a súa respectable proxenitora se sinta aludidos e se, aínda así alguén se sente molesto, que mo fagan saber que por cada razón que me dean para manifestar dita molestiapola miña afirmación, estou disposto eu a darlle dous motivos para rexeitar que no meu querido pobo poda ter cabida unha estatua dedicada a un personaxe tan desprezable como foi Fraga Iribarne.
Por certo, unha estatua que, dito sexa de paso, moi pouco se parece ao orixinal, quizais, o subconsciente do escultor, Lucas Míguez, levoulle a intentar que non se semellara tanto para cando nun futuro se repase toda a súa extensísima  obra, dita estatua pase de “puntillas” e que conste que non o digo eu, se entrades na paxina oficial do artista en internet: www.lucasmiguez.com e pinchades no apartado “su obra” veredes que tras un repaso a toda a súa produción (que non é pouca), agrupada en países, cando cheguedes a España, nin rastro da estatua do ministro franquista, ¿casualidade? (aínda que despois de ler isto ó mellor alguén aconséllalle que faga unha “actualización” de dita obra). 
Ademais esta estatua non so representa a imaxe dun personaxe desprezable senón que tamén representa a forma que ten de gobernar o Partido Popular e o señor Tourís en Cambados, si, está ben dito,  o señor Tourís, porque a esta altura da película non creo que ningún incauto se crea que Aragunde leva as rendas do concello, de aí  que casos vergoñentos como o tema do Pinal da Maza, impensable, nun concello medianamente serio, poidan producirse no noso pobo; probade calquera de vos a facer so a cuarta parte do que se fixo en dito monte, xa veredes o que vos dura a aventura........... 
      Do mesmo xeito cando saltou a noticia polo presunto cobro de comisións por parte do actual delegado da Xunta en Pontevedra, que investigaba un xulgado de Melide,  o suposto alcalde de Cambados negouse a abrir unha comisión de investigación como reclamaba a oposición, alegando que xa estaba todo claro no expediente da obra correspondente, como se aí fosen a figurar os presuntos cobros  de comisións, sinceramente, queridos amigos ¿isto non é rirse de todo un pobo?  
      Persoalmente, a min estes feitos fai tempo que me demostraron que Cambados esta gobernado  por unha especie deJose Luís Moreno e a súa marioneta Macario, con todos os meus  respectos para o coñecido ventrílocuo (e o seu moneco)
   
  Finalmente, a estatua de Fraga tamén representa a covardía que amosa, habitualmente, o suposto alcalde de Cambados que a hora da verdade soe esconderse e para mostra a propia inauguración de dita escultura: mentiu  sobre a data da mesma o que demostra o respecto e a confianza que lle ten aos seus concidadáns. 
      Despois de cavilar todo o que os veño de contar, pensei se realmente non tería sido mais lóxico que  a estatua de Fraga tivese o brazo alzado dedicándonos un corte de mangas como foi a miña impresión inicial, ao fin é ao cabo e o que adoitan facer os dous alcaldes de Cambados ( o suposto e o de “facto”) de forma virtual. 
      
   
  UN SAUDO A TODOS 
      
                           RICARDO DOMINGUEZ REY

Ningún comentario: