5 de ago. de 2013

PRIMER ANIVERSARIO DA PROSTITUCION DUN POBO

POR RICARDO DOMINGUEZ REY.
      Hoxe 5 de agosto de 2013 cúmprese o primeiro aniversario da inauguración da estatua de Fraga,e, con elo,  a culminación dun acto vil por parte dun Xudas cambadés, que  vendeu ó seu pobo, non xa por trinta moedas de prata, como o discípulo de Xesús,   senón por trinta
minutos de efémera gloria, quizais para compensar a súa mais que evidente mediocridade política, e quizais para intentar amosarlles  aos seus que “a peperos non nos gaña ninguén”, aínda que con elo se leven por diante o bo nome e o prestixio de Cambados.  
      A estatua de Fraga resume toda a forma de facer política no Concello por parte de Luís Aragunde e do PP, unha política baseada no escurantismo, en facer todo ás costas dos veciños de Cambados e que cando son descubertos nun renuncio, din que eles non o fixeron  que foron outros. 
     
Esta estatua tamén representa a actitude que teñen  de pensar que o Concello lles pertence, que é a súa finca particular, de que poden facer o que lles dea a gana sen ter que render contas , ao igual que, por exemplo,  no, tristemente,  asunto do Pinal da Maza. 
      Todo o que rodeou á realización da estatua do ministro franquista e á súa posterior inauguración foi un esperpento total que firmaría o propio Valle Inclan  e amosou ata que punto pode facer o ridículo o “apéndice” de Tourís e, á vez,   pseudo alcalde de Cambados:
     
Cando saíu a luz o tema da estatua, Aragunde afirmou, nunha entrevista, que el non tiña nada que ver, que todo  partira dun “sector do viño” (por tanto do sector privado) e que,   cando llo propuxeron, saíu, entusiasta, a xestionar unha subvención (pública). Sinceramente, amigos lectores, ¿pódese facer mais o ridículo intentando xustificar o inxustificable?, ¿este é o suposto alcalde de Cambados? ¿este é o respecto que Luís Aragunde ten por todos os cambadeses, intentando tratarnos de parvos?  
      Dicía Abraham Lincoln : “Pódese enganar a algúns todo o tempo e a todos algún tempo, pero non se pode enganar a todos todo o tempo”; dende logo,  se algo  positivo tivo a realización da estatua de Fraga é poder axudar un pouco mais a desvelar o carácter  mentiroso e covarde  de Luís Aragunde e ata que punto pode raiar a pantomima para intentar tapar unha mentira  
      
     
Por certo, Luisiño ¿que foi daquela conta bancaria que se abriu, onde se podían  realizar doazóns para sufragar a estatua  e  todo o que sobrase se destinaría a obras benéficas?   Nunca mais sóubose nada, algo moi raro nunha persoa tan altruísta coma ti que cando chega a casa non é capaz de comer, afectado polos problemas que lle conta a xente; de seguro  que onte, cando estabas no xantar do albariño, ó carón do presidente da Xunta, intentando convencerte a ti mesmo  que estabas aí polos teus méritos e non por ser o recadeiro de Tourís, tiveches un pensamento para toda esa xente que o está a pasar mal, ata aseguraría que  todo o marisco que tomaches dedicáchesllo aos mais desfavorecidos. 
      Antes de que me esqueza, para os talibans do PP , que regularmente nos lembran que Aragunde é alcalde por maioría absoluta e porque así o quixo o pobo, cousa que ninguén pon en dubida, lembrarlle a eles que Aragunde é alcalde de TODOS  os cambadeses, é non só dos  que lle votaron a el é, por tanto, a todos se debe.
       A realización da estatua de Fraga foi un acto caprichoso, impropio dunha sociedade democrática e feito por un alcalde miserable que, en vez de pensar e traballar para o seu pobo, dedica a auto promocionarse, aínda que sexa a costa de prostituír o honor e o bo nome  de Cambados e a súa xente.   
      
   
  UN SAUDO A TODOS 
      
                             RICARDO DOMINGUEZ REY

      

Ningún comentario: