23 de set. de 2013

ESTE VENRES NON TE ESQUEZAS: É A HORA GALEGA NO BALOCA


NA PRAZA DE ALFREDO BRAÑAS.
A derradeira actividade que se lle ocorreu o bar Baloca Cambados foi organizar “ A HORA GALEGA”. que nace dun grupo de gaiteiros que se xuntaron un dia onde compartiron inquedanzas, pezas, risas, un pouco de barullo, licor café e cervexas.....

Este puñado de xente quedou de reunirse paulatinamente o último venres de cada mes na Praza Alfredo Brañas en Cambados para seguir compartindo, bebendo e facendo que a GAITA GALEGA ocupe un espazo propio no noso Concello!

Así que compañeiros gaiteiros, ESTADES TODOS CONVIDADOS a próxima cita de Alfredo Brañas e o Bar Baloca ca gaita galega, o VINDEIRO VENRES 27 DE SETEMBRO AS 22:30 h no que xa se quedou de chamar “A HORA GALEGA”.

TAMÉN HABERÁ UNS PINCHOS DE TORTILLA, EMPANADA, ETC...
Pórvos en contacto co bar Baloca por vía facebook para confirmar ou no grupo de BALOGAITA
Aquí o enlace do perfil e do grupo:

Ningún comentario: