3 de out. de 2013

ASÍ É CAMBADOS: UN CRUCEIRO TRAGADO POR UN VALO

PARA QUE ESTÁ O ARQUEÓLOGO MUNICIPAL?
Un veciño de Castrelo, que aínda que pareza que non (dicímolo polo descoido en que se atopa) , é un parroquia de Cambados, fíxonos chegar esta curiosa pero o mesmo tempo alarmante imaxe. Tratase dun cruceiro que foi tragado por
unha propiedade.  Non é o primeiro caso da vila de Cambados, hai outro na parroquia de Corvillón.
Antes de nada dicir que o veciño que nos mandou a fotografía, non nos enviou ningún texto , supoñemos que o cruceiro en cuestión non é propiedade do dono finca, e moi difícil que un cruceiro destas características sexa propiedade dun particular. Se así non fora a aberración arqueolóxica e notábel, entendemos que este un caso típico no que o arqueólogo municipal, que por certo segundo as actas de goberno  cobra uns 1500 € euros e mes aproximadamente, tería que intervir.  A propósito disto,  o 99% dos cambadeses non sabemos que temos un arqueólogo contratado, case o 100% dos cambadeses  non sabemos as funcións que leva a cabo esta persoa e por ultimo todo o mundo sabe que as funcións que fai este home podías facelas perfectamente o aparellador municipal.
Sabemos que se chama Angel Acuña Piñeiro porque así o publícao o BNG na súa web na que o mesmo tempo dicía
…“trátase de profesionais que veñen cobrando mensualmente mediante presentación de factura como contrato de servizo (o arqueólogo desde hai anos), en contra da lexislación de contratación administrativa, tanto pola duración do contrato como pola ausencia de procedemento de licitación coñecido… 

Ningún comentario: