POR RICARDO DOMINGUEZ REY
Despois da interesante conversa que mantivemos o martes pasado, a través de
Facebook, non podo que menos facerche unhas correccións a unha serie de afirmacións que fixeches e que, a min, persoalmente, paréceme que non son certas pero primeiro quería deixarte claro que non teño absolutamente nada contra ti, é mais, valoro a túa web, como valoro ó resto de blogs cambadeses, e que para moitos veciños que estamos lonxe son unha ferramenta excepcional para estar ao tanto do que acontece no noso amado pobo.
Facebook, non podo que menos facerche unhas correccións a unha serie de afirmacións que fixeches e que, a min, persoalmente, paréceme que non son certas pero primeiro quería deixarte claro que non teño absolutamente nada contra ti, é mais, valoro a túa web, como valoro ó resto de blogs cambadeses, e que para moitos veciños que estamos lonxe son unha ferramenta excepcional para estar ao tanto do que acontece no noso amado pobo.
Gustaríame ter posto a conversa íntegra que tivemos pero non sei porque razón, cando acudín á túa web, para transcribila, atopeime que borraras as miñas intervencións, deixando só as túas respostas, ti saberás porque.
Algunhas “perlas” que dixeches ( e cito textualmente, incluído os erros ortográficos, se os houbese):
“O que es bastante obvio e que os amigos dun coñecido blogueiro cambadés levades uns días arremetendo cara esta web con comentarios subidos de tono e opinións personais carentes de fundamento as que chamades "criticas".
Ismael Padin e Chon |
“Ricardo, non estou disposto a entrar no voso xogo, non creo que sexa complicado de entender. Si quixeras una explicación sobre algo huberas mandado un privado, pero falo en público o que deixa claro que o de menos é a explicación que che poda dar. O que facedes é de libro”
“A persoa con quen tan ben te levas sabe perfectamente quen é quen creou o grupo.
Preguntallle a él. Eu acepto moi ben as críticas pero moi mal as calumnias”.
Ismael Padin un dos promotores de Asoblog |
..............Vaiamos por partes, Ismael; en primeiro lugar, e por empezar por isto último deixarche claro que dende “A ti meu Cambados” (como dende o resto de blogs) non me consta que ninguén te calumniara. O noso Código Penal no seu artigo 205 di que: “É calumnia a imputación dun delito feita con coñecemento da súa falsidade ou temerario desprezo cara a verdade” e, obviamente, ninguén acusoute de cometer ningún delito.
Falas tamén de que queremos “desestabilizar” a túa paxina, “arremetendo” contra ela, “con comentarios subidos de tono e opinións persoais, carentes de fundamento as que chamades "criticas"........ Perdoa que che diga, Ismael, que, precisamente, unha crítica é iso, unha opinión persoal, como ti terás as túas propias opinións persoais e, en ocasións,
plásmalas na túa web. ¿onde está a desestabilización? ¿por que dis que arremetemos contra a túa paxina? Moi mal non che debeu parecer cando non hai ningunha referencia na túa web, a eses supostos ataques, a excepción, quizais, do martes pasado onde dis nun claro ton irónico (acompañado dun vídeo): “me dicen que nos ha salido un grupo de admiradores en la red. Agradecemos el detalle con esta canción”. Ironía, por certo, que tamén utilizaches, en agosto, cando en resposta a un artigo de “A ti meu Cambados” sobre as polémicas palabras de Laura Portas tachando de “asco de gente” a veciños do pobo, ti contestaches, a dito artigo, cunha viñeta de ·#cousasde ramons#, e non creo que daquela ninguén te acusase a ti de ir desestabilizando ou arremetendo ¿verdade?.
Ismael Padin |
Falas de Chon como unha persoa “carente de dignidade e escrúpulos” para xustificar non ter unha conversa con el, tras facerche dita invitación.......mira Ismael, Chon terá moitos defectos, non cho nego, será impulsivo, feo (obviamente non todo o mundo pode ser tan guapo e tremendamente irresistible coma ti e mais eu) e un logo etc. pero dende logo ten moita mais dignidade e escrúpulos que moitos miserables do noso entorno e, dende logo, acepta inmensamente mellor as críticas do que o estas a facer ti; non che vou a falar das incontables mostras de afecto e apoio que recibiu e recibe (sobre todo a raíz do caso “Chochito de Oro”) e, o seu blog, xa é, por méritos propios, un lugar de referencia (a tenor
do número de visitas que recibe), por certo deixa que che recomende o artigo sobre os gastos da comitiva, encabezada polo alcalde, a Baena, simplemente un gran traballo de investigación periodística.
web de Ismael Padin |
Non sei si a túa web terá moitos ou poucos seguidores,o que sei é que eu son un deles, e espero seguir séndoo, salvo que me bloquees como fixeches para que colgase comentarios.
Como xa dixen en algunha ocasión, Cambados ten a sorte de dispoñer dunha ampla e variedade de blogs, o cal favorece o debate e a reflexión, e que, aparte deste onde colaboro modestamente, quería destacar a “Cores de Cambados”, “Dos vueltas de tuerca” e o mais recente “alzalavozcambados” o cal, por certo,Ismael, intentaches bloquear ( ou debería dicir desestabilizar) a súa entrada na asociación Asoblog, ¿explicaras algún dia que motivos te levaron a adoptar tal actitude?.
Despídome non sen antes, animarche a que sigas o fronte da túa web, e invito a todo o que lea isto a que a visite, o nome: “Vivir en Cambados” (non tes que darme as grazas pola publicidade)
RICARDO DOMINGUEZ REY
Ningún comentario:
Publicar un comentario