21 de out. de 2013

¡GRAZAS XUVEN POR UNHA TARDE APAIXONANTE!

POR RICARDO DOMINGUEZ REY 
      Debo de recoñecer que cando o 23 de agosto pasado saíu o calendario da LEB prata, o
primeiro que busquei desesperadamente foi a xornada onde o XUVEN (de  agora en diante CONSERVAS DE CAMBADOS que por algo é o patrocinador)   se desprazaría a Barcelona para enfrontarse o Prat Joventut pois, como socio do club e cambadés,  tiña claro  que, por desgraza,  seria o único partido que podería seguir  en vivo.
      Ademais o partido serviu, aparte de para animar ó noso equipo, para atoparnos varios cambadeses; cambadeses que viñan co equipo e cambadeses  que, por circunstancias da vida, vimos parar   ás terras do Rei Arthur, como definiu con certa sorna, Jorge o “presi” do Xuven.     
      Non sei que sentirán  outros pero pra min, que vivo a mais de 1.000 kms. de Cambados, cando se presentan ocasións como estas nas que tes a posibilidade de atoparte  con paisanos teus, de animar  ó equipo mais
representativo do teu amado pobo...... ¿que queredes que vos diga? Fanme sentir un pouco mais preto da miña terra,  en definitiva,  un sopro de aire fresco que axuda a levar mellor a “morriña”. 
      Como dicía no pavillón de O Prat do Llobregat,  atopámonos algúns dos cambadeses   que estamos por estas benditas terras:  Alberto Castiñeiras (fillo de Jorge), Andrea Abal,  Tito Falcón e Susana González e alí puidemos darlle a benvida ó presidente do club, Jorge, a súa esposa Flor e a súa filla Andrea; tamén estaban, como non, xente tan representativa do
CONSERVAS DE CAMBADOS como o seu delegado Ricardo Fernández e VIVI. Todos os grandes clubs de baloncesto teñen un ex- xogador do  equipo que se acaba convertendo no paradigma e representación dese club: Kareem Abdul Jabbar en LOS ANGELES LAKERS, Julius Erving (mais coñecido por Doutor J) nos PHILADELPHIA 76 ers ou Xoán Antonio San Epifanio (Epi) no F. C. BARCELONA, pois ben, no CONSERVAS DE CAMBADOS, os que quizais mais se a chegan a esa figura sexan Ricardo e
VIVI; xente que leva vinculada toda a vida a eses cores e que nos veñen inmediatamente a memoria cando pensamos no equipo,  e que, por certo,  tanto tempo lle dedican o mesmo (xusto é destacalo); e tamén estaban, como non, eses “cambadeses de adopción”, que tan ben están a representarnos,  Iago Casal e os seus pupilos:  Taylor, Alberto, Emilio, Lucas, Ander e compañía.   
      Do partido pouca cousa se pode dicir, nin os mais optimistas pensábamos que se gañaría coa comodidade coa
que se gañou; dende o primer minuto o CONSERVAS DE CAMBADOS tomou as rendas do partido, indo sempre por diante do marcador e con unha boa porcentaxe nos tiros de tres puntos, que sumado a unha boa defensa e acerto nos rebotes, de seguido fíxoos donos do encontro.
      Nas gradas os berros de ánimos e xúbilo  dos apenas quince seguidores cambadeses acabaron facendo calar, a medida que a vantaxe facíase mais insuperable para o equipo local, a os mais de cento cincuenta afeccionados do Prat Joventut.   

    Dende logo non sei como transcorrerá o resto da liga pero o que parece claro é que si o CONSERVAS DE CAMBADOS mantén o ritmo e o bo xogo que amosou este sábado pasado, será un duro rival  para o resto dos contrincantes. So me cabe desexarlle ó club toda a sorte do mundo e que a “afección amarela” poda gozar no pavillón do Pombal dun espectáculo similar  o que presenciamos os que nos desprazamos o pavillón “Joan Busquets”. 
      Finalmente quería facer unha proposta pública que  xa fixen no seu dia neste mesmo blog  e que  penso  que sería o mais  xusto:  que o concello nomease a Jorge Castiñeiras en representación do club, cabaleiro do albariño, é de xustiza un recoñecemento  de tal categoría  a unha entidade e un grupo de xente que tanto levaron o nome de Cambados, primeiro, por Galicia e agora polo resto de España. 
      
      UN SAUDO A TODOS 
      
                        RICARDO DOMINGUEZ REY 
         

   

Ningún comentario: