14 de nov. de 2013

A VARA DE MEDIR DO PP

UN CONCELLEIRO DO PP DA ILLA DE AROUSA CONDENANDO POR CONTRABANDO SEGUE SEN DIMITIR;  UN QUE LLE CHAMOU “CHOCHITO DE ORO” A SORAYA DIMITIU NO MOMENTO.
Dicía fai moitos anos un famoso periodista deportivo cando estaba na “cresta da ola” dicía: “O tempo é esa testemuña inapelábel que da e quita razón”. E abofé que é unha verdade coma un templo.  Hoxe un periódico tan “reputado” como a Voz de Galicia publica o seguinte titular: “Condenan a un concelleiro do PP de a Illa cazado con 496 cartóns de tabaco de contrabando”, e remataba dicindo a nova, por certo asinada pola súa redactora e coñecida
Susana Luaña: “Valentín Oubiña segue a ser concelleiro na oposición dous anos despois, a pesar de que naquel intre xa transcendera a súa detención no aeroporto de La Bacolla”.
Para o PP que un dos seus concelleiros sexa condenado por un delito de contrabando  a un ano de prisión e o pago dunha multa de 19.592 euros como autor responsábel dun delito de contrabando e a indemnizar a Facenda cunha multa de 15.385 euros, parece ser unha cousa baladi,  “un asuntillo sen importancia”, pois claro dende que Laureano Oubiña lle financiaba as campañas ate os nosos días  a cousa pouco cambian, consultando as hemerotecas  ninguén se ten que estrañar destas relacións. En troques o PP si considera case un delito como  para levar a ún o paredón por chamarlle “Chochito de Oro” a vicepresidente do goberno,  e removen Roma con Santiago, os seus amigos da prensa en Cambados,  Arousa, Santiago e Madrid para pedir a dimisión do “malvado e pérfido” Chon. Vaia pais de merda no que vivimos, cada dia que pasa dame mais rabia o ter que  deixar a miña acta de concelleiro. 
XAQUIN CHARLIN "CHON"

1 comentario:

o quinto dixo...

no pp esta claro que non dimite nin quen queimen a quen queimen, agarranse o sillon inda asi morran pegados a el con lotite, e o bloque baixa os pantalons, e non defende os seus cando teñen a razaon, como era o teu caso o meu boto emais os que eu arrastre non o levan mais, a min non me representan, eu boto a beiras, sintome representado por el en todo que di, e quedase moy corto mitas mulleres non teñen cartos pa ir o ginecologo, e santamaria sobrañe a miña conta