5 de nov. de 2013

A XUNTA DO PP PERMITE A EXISTENCIA DE PEQUENAS DITADURAS

AS CONFRARÍAS ESTANSE A CONVERTER EN NIÑOS DE CHUPÓNS E PARASITOS.
NINGUÉN PODE CRER QUE ESTAS INSTITUCIÓNS LEVEN 7 E 8 ANOS SEN ELECCIÓNS.
Cada vez que oímos a alguén do Partido Popular falar de democracia péganos a risa. O que
está a pasar nas Confrarías de Pescadores de Galicia é un escándalo en toda regra. A incompetente, inservible, inepta, ineficaz, vana,  improdutiva, inane, incapaz, infrutuosa conselleira do mar Rosa Qintana, amparase que  está a piques da saír un real decreto que regula estes niños de víboras que son as confrarías, a maioría delas, un decreto que levan  tres anos para facelo, para non convocar eleccións. Vistedes tanta incompetencia e como os adxectivos a nosa conselleira teñen toda a razón de ser. De todos xeitos se non están prevaricando pouco lles falta. Imaxinades por un momento que varios concellos non celebren eleccións porque  gobernan nos mesmos Alcaldes do PP e non queren saír porque están a esperar un decreto da xunta, isto é o que realmente está a pasar nas confrarías.
Hoxe a Agrupación de mariscadores a Flote da Confraría de Cambados casada destes despropósitos, colectivo que
Benito González Patrón Maior de Cambados estás a discriminar en parte pola súa deixades e o que lle adicamos os mesmos adxectivos que   a súa "amiga" a Consellería, esta incidindo realmente nos ingresos destes traballadores, que ó único que fan e iso traballar e non chupar do bote. Mirade ata onde chega a incompetencia e ineptitude do patrón maior que permite que xente xubilada e xente que esta expulsada do Cabildo pola propia Xunta sigan pertencendo o mesmo  sen problema ningún. Hoxe este colectivo acaba de sacar a seguinte nota de prensa: 
“No dia de hoxe a Agrupación de mariscadores a Flote da Confraría de Cambados,
encabezados polo seu presidente Carlos Martinez González, veñen de presentar escrito (pódelo ver o remate deste artigo), perante o Secretario Xeral da Consellería de Mar Sr. Maneiro Cadillo, esixindo a convocatoria urxente de eleccións nas confrarías de pescadores, xa que hai situacións que se están a facer insostibles. Así na confraría de Cambados por parte do seu patrón maior, e visto que non se convocan eleccións, está a facer imposible a convivencia entre a propia confraría e a Agrupación, pois o Patrón Maior créese amo e señor da mesma, entre outras cousas denunciamos que non podemos proceder a mercar ameixa para sementar, ir subvencións de volta por non se tramitar a tempo, incumprimento de acordos da asemblea xeral, non comparecer as reunións da agrupación pese a ser da súa competencia, entre outras. Ademais de xeito unilateral o Patrón Maior acaba de poñer unha nova taxa os mariscadores da agrupación , concretamente 60 euros para comprar semente cando fai moi tempo que non se merca nin unha misera semilla, contra esta acción a Agrupación que ten unha asemblea xeral a vindeira semana non descarta accións xudiciais, que se terán que aprobar en todo caso na asemblea.”
Todo isto co visto e prace dos incompetentes de Luís Aragunde, Rafael Louzán,  Cores Tourís e o amigo dos narcos,  Feijoo e sobre todo é ainda mais grave co pasotismo da prensa do rexime subsidiada por Louzán.  Canto tempo mais estes rañeiros van aguantar a esta ralea. 

Ningún comentario: