5 de nov. de 2013

DA SERIE: “ESTOMAGOS AGRADECIDOS Ó PP CAMBADES”

“O TIPO DOS FULARES”; HISTORIA DUNHA COMENENCIA  
POR RICARDO DOMINGUEZ REY
      Que Cambados ten un alcalde incompetente, pelele e mentireiro é  algo sabido por todos dende  fai tempo e, por tanto, non vou a descubrir nada novo polo que hoxe quería pararme a analizar a esa fauna que rodea a tan infausto personaxe e, mais concretamente, ao xa
coñecido como o  “tipo dos fulares”. 
      O caso do “tipo dos fulares” é algo que xa empeza ser habitual en Cambados, xente que se arrima ó poder, non por crenzas ideolóxicas, nin políticas  senón para ver se así lles cae algún cargo ou posto de traballo e poden vivir a conta da política,   deses xa temos varios casos no noso pobo, empezando polo propio alcalde. 
      O “tipo dos fulares” accedeu dixitalmente ó seu cargo, é dicir, “a dedo” i entra no grupo dos  que se denominan “asesores persoais” ou “cargos de confianza” e que, en realidade, é un tipo mais de enchufismo   pero no caso do “tipo dos fulares”  é o “sumum” do enchufismo, pois, nesta ocasión,  non so o colocaron  a el senón tamén  a súa señora esposa (con todos os meus respectos para ela)  e aí tédelos aos dous, traballando (¿¡traballando no caso de el!?) pero, sobre todo, cobrando das arcas municipais a conta de todos os cambadeses; “Porque yo lo valgo” sen lugar a dubidas pensará o “tipo dos fulares” 
      O “tipo dos fulares” cando era mais novo era  nacionalista e esquerdas pero nun
momento dado adoptou a doutrina marxista...... de Groucho Marx se entende, en concreto a parte na que dicía: “Estes son os meus principios, senón lle gustan teño outros” e iso foi  o que fixo, mudou de principios, como quen cambia de chaqueta e abrazou a doutrina neoliberal do PP, aínda que fora por comenencia.    
      O “tipo dos fulares” é un tipo que cae ben: é guapo, aínda que, quizais, algo canoso para a idade que ten, (será que no seu cargo  “sufre” moito desgaste ) e que  conxenia rapidamente coa xente; moitos pensamos que eses son, unicamente, os méritos que ten para ocupar o cargo que ocupa porque en concreto ¿a que carallo se dedica o “tipo dos fulares”?.

       Se nos fiásemos pola súa nómina parecería que si, que  traballa moito a tenor da cantidade de horas extras que lle pasa ó concello e este paga relixiosamente pero a realidade asemella ben distinta: o “tipo dos fulares” e sobre todo coñecido por acompañar a Tourís e a Aragunde o dia das eleccións polos distintos colexios electorais ou por acompañar ó alcalde en todos  os saraos, da igual que sexa un concerto de Xulio Iglesias, a inauguración dunha exposición ou, mesmamente, saír de viños por Compostela.  
      ¿Asesor persoal? ¿en que o asesora? ¿ aconséllalle en que restaurante comer ese dia
para despois, como non, pasarlle as dietas ó concello?. Imaxínome ó alcalde dicíndolle ó “tipo dos fulares” : “gustaríame coller un fin de semana  de relax, non sei, por Europa adiante, ¿algunha idea?”   e  o “tipo dos fulares”, presto á súa labor de asesoramento, contestarlle: “pois mira, en Alemaña, nunhas semanas hai unha feira internacional, podes ir coa escusa de que queres promocionar Cambados no estranxeiro, ¿vouche buscando hotel?”. 
      Algún de vos, queridos amigos, podedes pensar que me estou a pasar co “tipo dos fulares” pero soamente vou darvos un dato: os cargos de confianza do alcalde, como o do “tipo dos fulares” cústanlle ó concello, e dicir, a todos os cambadeses, uns 250.000 euros anuais e, dicir, nun período de mandato normal de catro anos, sobre un millón de euros; e agora póñome na pel, por exemplo,   dos pais dos alumnos do colexio  Magariños, fartos das  deficientes condicións do centro ou de moitos veciños que o están a pasar mal por mor da crise, eses mesmos que di o alcalde que cando acoden xunto a el e lle
contan os seus problemas económicos, quítanlle as gañas de comer, pois ben,    con eses cartos poderíase facer unha verdadeira política social e non pra o que serven na actualidade, que non é outra que  manter a verdadeiros “chupópteros”, cargos que non aportan absolutamente nada e a súa unica utilidade é   colocar os amigos do alcalde.  
      Hai quen di que o “tipo dos fulares” podería ser o próximo alcalde de Cambados, unha vez que Aragunde se aburra do cargo, visto o visto, persoalmente considero que reúne as características necesarias para elo, de seguro que non lle custa nada ser tan rastrero  e miserable como os seus antecesores, práctica xa ten bastante.  
      Para rematar so lembrarvos que cando vos chegue a próxima  subida de taxas, de impostos municipais ou sospeitedes que a grúa municipal, actuou cun sospeitoso afán recaudatorio levándose o voso coche, pensade que hai moitos estómagos que “chupan” do concello; estómagos como o do “tipo dos fulares” .
      UN SAUDO A TODOS ( A TI TAMEN “TIPO DOS FULARES”)
          RICARDO DOMINGUEZ REY
   


     

Ningún comentario: