19 de nov. de 2013

OS CAMBADESES MAR E SUSO MIGUEZ GAÑADORES DO V RALLEY ALBARIÑO DE CLASICOS

OS FAVORITOS NON FALLARON
O pasado día 31/10/2013 publicamos unha interesante entrevista a Suso Miguez neste blog, que nos informaba amplamente como “funciona” un Rally de Clasicos, e xa deciamos
que a parella cambadesa era favorita para gañar este Rally e por primeira vez pasa a formar parte da sua longa lista de rallys gañados polos cambadeses. Destacaba na referida entrevista Suso Miguez que a labor mais importante é a do copiloto (a súa muller Mar). A súa función é indicarlle o piloto o percorrido a seguir e  a velocidade a que debe ir en cada momento. O piloto, ademais de conducir, e concretamente no noso caso, axuda o copiloto a levar o libro de ruta, sobre todo cando hai moita navegación. Queremos destacar especialmente  a labor da copiloto, porque sempre se fala de Suso Miguez e Suso Miguez sen mar case non é nada, falando de rallys obviamente.  Os nosos parabéns os duos  e que sigan os éxitos.



Ningún comentario: