20 de dec. de 2013

OS DISCURSOS DE ARAGUNDE FAN DURMIR O SEUS PROPIOS CONCELLEIROS

EULOGIO POMARES, CONCELLEIRO DO PP,  QUEDOU “FRITO” NO PLENO DE ONTE
Si señores, así se as gastan os políticos do PP de
Cambados, non teñen prexuízo ningún en quedar a durmir durante o pleno de onte, pero dourmir profundamente, e non foi u intre senón que aparte quedar fotografado para a posteridade Pomares tamén está gravado en vídeo, morremos de gañas de velo. 
E que son tan aburridos os plenos de Cambados, pola desprazada maioría absoluta do PP que nos discursos de Aragunde ate os seus
propios concelleiros quedar a durmir, toda unha falta de respeto para o publico asistente, para os cambadeses en xeral,  e sobre todo para os concelleiros da oposición. Co doado que é dicir “Escusademe, non me atopo ben”, e aínda lle sobran dous concelleiros ao PP  nas votacións. E este señor cobra por asistir os plenos, ou sexa que cos nosos cartos non é que  non traballen os concelleiros do PP de Cambados, e que quedan a durmir. ¡¡¡Manda carallo!!!

AQUI TEDES O VIDEO DA "SONATA"
A PARTIR DO MINUTO 10.43  QUEDA "FRITO":

Ningún comentario: