15 de xan. de 2014

A OPACIDADE NO CONCELLO DE CAMBADOS É CASE TOTAL

O BNG DENUNCIA QUE O ATRASO NA ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN DIFICULTA A SÚA LABOR COMO OPOSICIÓN
PREGUNTA ONDE ESTA UNHA
SUBVENCIÓN DE 20.000 €
Esta claro que o Alcalde de Cambados segue a facer das súas e entregar a documentación a oposición sempre con moito retraso e simplemente por capricho e polo simple feito de torpedear a labor da oposición no Concello de Cambados,
tanto do PSOE como do BNG. Neste casó e esta última formación a que nun escrito presentado no día de hoxe no que esgrimen que na acta da sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local do 23 de setembro do 2013 (por certo, acta entregada con abusivo retraso o 18 de decembro, como tradicionalmente ben sendo mala costume do alcalde de Cambados) aparece un escrito da Consellería de Traballo e Benestar comunicando a resolución pola que se concedeu unha subvención por
importe de 20.000 € para o ano 2013, con destino á realización de actividades (textualmente) de información, orientación e prospección de emprego. Como o ano 2013 xa está rematado e dita subvención debeu ser utilizada en diferentes actuacións, é polo que soliciten se lle informe  ao grupo municipal do BNG s sobre da mesma e se lle facilite información pormenoriza e concreta do destino no que foi utilizado o importe de dita subvención.
Sabe Deus onde meteu Aragunde a subvención.

Ningún comentario: