21 de xan. de 2014

A PRESIÓN DOS VECIÑOS DA AVDA DA PASTORA SACOULLE UNHA PROMESA AO ALCALDE LUÍS ARAGUNDE

“CANDO VEÑA O BO TEMPO AS PALAS E MAQUINARIA ASFALTARAN O CAMIÑO QUE DA RÚA SAN ROQUE SAE EN RÚA NOVA”
A presión dos veciños da Avida da Pastora encabezados por
José Luis Serén Pérez
un activo José Luís Serén Pérez, tiveron hoxe a mañá unha xuntanza co alcalde de Cambados Luís Aragunde, o cal lles prometeu “que cando veña bo tempo as palas e maquinaria asfaltaran o camiño que da Rúa San Roque que vai sair en Rúa Nova”. A cita asistiron
Pola Rúa San Roque entraran os
"trantoritos"
uns 20 veciños que foron recibidos por Luís Aragunde.
Por José Luís Serén Pérez preguntóuselle porque non se falou antes cos veciños e se dou esta solución, porque se esperou a que os veciños tiveran que xuntarse e mobilizarse para primeiro recibilos e despois
Sairán pola Rúa Nova
darlle unha solución. Serén tamén lle dixo ao Alcalde que  como os técnicos que estudaren durante tanto  tempo a opción non se deran conta dos inconvenientes que ían ocasionar os veciños e non aportaron outras solucións. Luís Aragunde contestoulles  a opción que se daba agora  podía ocasionar protestas da Ampa do Colexio

Público de Santo Tome do Mar, pero que estaba prevista en un principio.
Como sempre minte, a realidade e que Luís Aragunde nunca pensou que os veciños da Avda da Pastora se foran organizar baixo a dirección de Serén  e fixeran as cousas como hai que facelas, presentando  un escrito, no concello aportando solucións e como vían que pasaba o tempo o Alcalde Aragunde non os recibía nin aportaba solucións ameazaron con mobilizacións.
Os veciños da Avda da Pastora con Serén a cabeza son un exemplo para os demais cambadeses.
Isto foi o que pasou contado por un dos asistentes a charla de Aragunde, o que vos conte a prensa oficialista xa é outro conto.
De todos xeitos que sepa Luis Aragunde que os veciños van estar atentops e vixiar se a promesa de Aragunde cúmprese ou non.

Ningún comentario: