26 de xan. de 2014

ENTREVISTA A MANUEL FERNÁNDEZ PADIN (IV) (DERRADEIRA ENTREGA)

“O QUE SI SEI É QUE A IGREXA ACEPTA DONATIVOS DOS NARCOS”
Chegamos ao remata da entrevista a Manuel Fernández Padin “O Galo”, esperamos que vos gustara  e sobre que
comprendades a desesparación deste home defraudado e abandonado polo estado espapol, autoridades e organizacións antinarcotráfico.
-Cal é a túa situación xurídica actualmente?
- A miña situación é a dun home ameazado de por vida,
que esta en liberdade, abandonado polo Estado español,  traidor e trampón,  sen antecedentes penais, e arrepentido de haber coñecido a certos personaxes galegos da loita contra o narcotráfico e outros.               
-O outro dia acadaches un protagonismo especial  na entrada das nécoras de ouro organizadas pola Plataforma Galega Antinarcotrafico, Porque o fixeches?
-A miña protesta na entrega das Nécoras de Ouro no Auditorio de Vilagarcía, fíxeno como a única vía que me deixaron para reivindicar a miña situación publicamente, xa que en privado intenteino con todos e por tódolos medios, pero a xente é moi dura de cachola e non fan nin caso, polo que como dixen alí a miña loita acabara o dia que morra, ou cando alguén responsables se dignen a dar unha solución o que eles mesmos crearon e non cumpriron.                                                    
-Cres importante a labor que está a facer a Fundación Galega contra o Narcotráfico hoxe en día?
-Para min a labor que fai a FGCN e de “conivencia” co narcotráfico, xa llo dixen o seu Xerente na cara e mais o Presidente D. Manuel, pola simple razón de ter e colaborar con autoridades que tamén a teñen sen dubida, dende o momento ademais de que fixeron unha xuntanza para recoñecer que no seu dia se equivocaron co equipo de Felipe Suarez en non mostrar
maior interese e apoio as testemuñas protexidas polo menos a min, como así o acordaron por unanimidade e mo fixeron saber. Que conste que esa Fundación como eles mesmos recoñecen nace a partir e como homenaxe a Operación Nécora, pois ven a dia de hoxe levan entregadas moitas nécoras de ouro, pero tanto a Padin como a Portabales, non lle dixeron nin,    gracias.  Puiden ver na televisión a moitas persoas
festexar en Pazo Baion e no Pazo de Vistareal, que non tiñan nada que ver coa loita contra o narcotráfico, incluso vin amigos dos narcos, pero non puiden ver os que lle puxeron o “cascabel ao gato”,isto é o que normalmente téndese a facer moito en Galicia uns traballan ou arríscanse, e outros comen e póñense as medallas, que non merecen
para nada. A  FGCN acordou por unanimidade falar coas autoridades para buscarme un traballo ou unha saída para poder regresar a vivir a Galicia ou en outro lugar de España, pero o mesmo tempo advertíronme
de que non me fixera moitas ilusións polo menos a medio prazo, incluso que o mellor non podían facer nada , estas foron as palabras do seu xerente Fernando Alonso.
-Que opinas que non criticara a Plataforma as famosas fotos de Feijoo con Marcial Dorado?
-Que a FGCN non critique e xustifique a presencia de
Feijoo nos iates de Marcial Dorado non significa para min mais que a conivencia que antes dixen co narcotráfico e con autoridades que teñen moito que ver con este tema.   -Sabes que a Igrexa está a tomar
protagonismo na Plataforma, non crees que existe un pouco de cinismo pola súa parte?
-Vivo en Madrid e só sei que o presidente da FGCN é un sacerdote, pero non coñezo que se este producindo unha cristianización da Fundación, o que si sei e que a Igrexa acepta donativos dos narcos iso si.      -Contéstanos cun monosílabo, sabes ou che consta que
algún dos premiados de calquer edición das Nécoras de ouro tivo relación persoal con xente do narcotráfico?
-Tanto como persoal non sei, pero
relación si dende logo.                                                        
-Cales son os teus proxectos a medio e longo prazo?
-Sobrevivir só, teño dúas enfermidades crónicas, como moito publicar os dous libros que teño,”DEJADNOS VIVIR” e “A VERDADE DA OPERACIÓN NÉCORA”. Cando algunha editorial teña o que hai que ter.                 
-Se volveras a nacer volverías a facer o mesmo?
-Polos motivos que o fixen si por ética e polos danos
que causa a droga , pero preto da colaboración coa xustiza e coas autoridades, por suposto que non, nin tolo, con Erguete e a FGCN tampouco, son uns mentireiros e traidores.                 
-Como levas o de vivir exiliado no teu propio pais?
-Vivo en Madrid desde que me levaron para alí   e alí me abandonaron todos, así que un exiliado mais, pedinlle por escrito a Xunta de Galicia a miña repatriación por motivos humanitarios de enfermidade e morriña pero o parecer nin entenden nin se apiadan de ninguén  , teñen outros intereses mais lucrativos,  que facerlle caso a un galego que non lle importa a ninguén.                                
-Sénteste esquecido polo “mundo”?
-Si me sinto esquecido polo "mundo"  , sinto que me quedei en terra de ninguén sobre de todo despois de tantas verbas, palmadas nas costas e promesas ,xa comprobei que vivimos nunha sociedade, completamente hipócrita e trampona,onde non importa o ben común, senón o "sálvese quen poida".                    -Tes algo que agradecer a alguén?
-Non lle debo nada a ninguén e non agradezo nada a ninguén, moi o contrario teño a moitos a quen reprender, só agradezo os que me apoiaron cando o meu transplante de fígado que foron ben poucos.  Os demais ou me deben ou me roubaron.                                Agora vouche dicir unha serie de nomes e a ver si es capaz de definilos nunha  simple frase:
-BALTASAR GARZÓN.
-Prevaricador, trampón, traidor como xa o explicou Jose Amedo, coincido con el plenamente.
-FISCAL JAVIER ZARAGOZA
- Trampón, traidor,hipócrita e cara dura.  
-MINISTRO BELLOCH
-Un ministro mais para min, non me cae ben .                  
-CARMEN AVENDAÑO
-Unha muller aproveitada, ignorante e sen palabra ten poucos principios e  menos cultura.                                    
-FELIPE SUAREZ
- Unha copia da anterior pero con mais coñecemento.      
-MANUEL CHARLIN
-Unha persoa moi clara comigo,nunca me prometeu nada.   
-PABLO VIOQUE
- Coñecino persoalmente non o tratei, non me caia ben.   
-RIVERA MALLO
- Un home que vendeu o seu voto para cobrar comodamente en Madrid. Falei con el como responsable do narcotráfico no senado español e dixo que non quería saber nada de narcotráfico nin dos galegos marcos ,lembreille a Luís Falcón que abriu un bingo sendo el alcalde de Vilagarcía de Arousa e contestoume que non coñecía a ninguén nin quería coñecer.                 
-MANUEL CACHALDORA, Presidente da FGCN:
-Falei con el de narcotráfico e política e quedou asustado.       

-ANTÓN REIXA,GONZO E MANOLO RIVAS. 
-Pseudo intelectuaís galegos que tampouco se comprometen na loita contra o narcotráfico na súa profesión, pero que si saen na foto, e nunca quixeron saber nada nin de Portabales nin de Padin, probablemente porque os que entrevistaron sabían mais da nécora que nolos dous, ademais como un e de Vilanova e outro de Marín somos de Dinamarca, en fin deben favores os seus donos.Manolo Rivas esta con Garzon en FIBGAR (Fundación Internacional Baltasar Garzón, os rendimentos son rendimentos.   
-JULIA OTERO PERIODISTA.
-Outra galega que sabendo de nós,  entrevista a Avendaño,  pero a Padin e Portabales non podía, non lle conviña.
-CARMEN DURAN DE CAMBADOS: 
-Outra aproveitada mais con Garzón en FIBGAR, nin me direxe a mirada e coñéceme de toda a vida, pensa que e mellor persoa que eu.                                                         
-MARIA GARZÓN.
-Filla de Garzón, trepa onde as haxa, mentireira como o pai, denuncioume para protexer o seu pai, con trampa, mentiras para non publicarme o libro “DEJADNOS VIVIR” en planeta como prometeron pai e filla,  traidora fixo un brodio de libro en Planeta para defender o seu pai, dicía que era o Messi da xustiza, jajajajajajajajajajaajajajaaja.     
-FIBGAR (FUNDACIÓN INTERNACIONAL BALTASAR GARZÓN). 
-Fundación de Garzón para seguir chupando da teta, esta vez nin mais nin menos que no nome dos Dreitos Humanos, por iso abandonou os testemuñas protexidos a súa sorte podendo ser asasinados como lle pasou a unhas testemuñas del en Tarragona disparados e queimados nun coche ou como lle pasou a Manolo Baulo o dos Caneos e a súa dona.                                      
-Por último di o que queiras:
-Dar as gracias os lectores pola súa paciencia, e dicir que a miña decepción e froito das palabras que as persoas hoxe en dia din con sorrisos e todo pero que non cumpren nunca. Eu digo que hoxe en dia debe haber un virus que nos ten contaminados a todos,porque na miña vida vin tanta hipocrisía nin tanta traizón.Eu pensei que o nivel de compromiso social era maior en Galicia pero xa comprobei que cada un anda o seu e dicir o mesmo de sempre,parece que non damos mais de si,deixamos moito que desexar como pobo e así nos vai e nos ira.Hasta a próxima,graciñas.
Para este blog foi unha experiencia marabillosa,  esta entrevista a un home que , que coas súas virtudes e os seus defectos estao a pasar mal  por causa do mundo da droga e que as autoridades e organizacións antinarcotráfico non souberon portarse nada ben con el. Grazas Manolo e ata sempre.

Ningún comentario: