15/01/2014

ENTREVISTA A MANUEL FERNANDEZ PADIN "O GALO" (I)

COLABORADOR DA XUSTIZA NA OPERACIÓN NÉCORA.
“TIVEN E TEÑO MOITAS IDEAS DE SUICIDIO”, AFIRMA MANUEL FERNÁNDEZ.
Onte o administrador deste blog recibe unha chamada de
teléfono,   e dime “Ola , non sabes quen son”, contestámoslle,  pois non, “Fai moitos anos que non falamos, coido que dende o instituto”, pois non caemos, ate que nos dixo: "son Manolo “O Galo”.  Unha grande sorpresa e unha grande ledicia falar cunha persoa despois de tantos anos e sobre todo cunha persoa co proceso vital que sufriu este home que é digno de destacar. Evidentemente despois de estar falando un cacho
longo e dicirme que veu neste blog a nova da súa intervención  na gala da nécora de Ouro que organiza a Plataforma Galega contra o Narcotráfico, onde Manolo tivo unha actuación soberbia. Seguidamente e aproveitando a ocasión pedímoslle que nons concedera unha entrevista e díxome, que non había problema, todo contrario , e puxémonos man a obra e aquí tedes a primeira parte do resultado:
Antes de nada Manolo pediume saudar aos cambadeses, así
que Manolo adiante:
“Boas,  os meus benqueridos, antigos veciños de CAMBADOS. Pobo onde pasei moitos anos da miña vida, os mellores, dito sexa de paso. Vou pasar a entrevista que me fai meu amigo Xaquín Charlin”.
- No seo de que familia naces Manolo?
- Eu nacín no seo dunha familia tradicional galega, mariñeira,e dicir de orixe traballadora e humilde, ainda que moi honrada.  Empecei a ir o mar con meu pai os 14 anos,mentres traballaba toda a noite e polo
dia estudaba,(sen durmir),no Instituto de Cambados. Nacín en Vilanova de Arousa no ano 1.959.O primeiro emprego foi de mariñeiro co defunto de meu pai JOSE AGRA (Romero).Mais tarde traballei de administrativo en CORBILLON (Cambados), en CONSTRUCCIONES RODRIGUEZ. Caseime os 21 anos e funme a vivir a CAMBADOS. De mozo estudei e xoguei no Cambados xuvenil e no Instituto Ramón Cabanillas. Fun encargado por oposición do Pavillón de Cambados, na súa inauguración ate que non me renovaron o contrato de seis meses. Enfermei os 24 anos por consumo de LSD, perdino todo e padezo unha PSICOSE MANÍACO-DEPRESIVA. Tiven e teño moitas ideas de suicidio, polo que intentei gañar cartos no contrabando de tabaco para poder curarme indo os mellores psiquiatras. Non me meteron no tabaco,  senón
nas drogas e decidín deixalo cando me din conta delo. Colaborei coa xustiza na OPERACIÓN NÉCORA de triste recordo para min, deixáronme tirado TODOS, despois de tanta euforia e algarvía e dime conta que vivimos en un mundo de hipócritas, mintereiros e aproveitados. Agora tras 23 anos do EXILIO EN MADRID, aquí sigo esquecido da man de Deus, de Baltasar Garzón, das Organizacións antidroga etc. que xa  saíron coa súa. Mención especial para FELIPE SUAREZ, CARMEN AVENDAÑO E CARMEN DURAN, esta ultima amiga de Garzón e vicepresidenta de FIBGAR, veciña de Cambados.
-Ate chegar o instituto en Cambados, a que colexios fuches?
- Antes de estudar en Cambados, estudei no Colexio de Vilanova de Arousa e por libre co profesor D. Xesús de Vilaxoan, destacar que sei o que é levar tundas e estar de xeonllos sobre o cemento con picos, brazos en cruz con libros nas mans, eran tempos da ditadura de Franco e sangraban as xeonllos, chorouse mais dunha vez.  O Instituto de
Cambados foi unha liberación para min. 
- Que estudios remataches?
-    Terminei en Cambados C.O.U.,pero non puiden ir a Universidade por falla de medios. 
-Non eras un mal defensa, aínda che sigue gustando o fútbol?
- Penso tamén coma ti, que non era mal defensa no Cambados xuvenil, onde xoguei de libre, tiñamos un "equipazo",con xogadores como: Arturo,Richard,Cubeiro,Jorge,Mengoa etc todos bos
rapaces e vos xogadores, daba gusto xogar aí, tendo de presidente a XEPE, quen se portou con nos fenomenal. Claro que me sigue gustando o fútbol pero vexo menos partidos. Son do Deportivo primeiro e despois do Barcelona,encántame o fútbol deste equipo, pero sigo a todos os equipos galegos.   
-Lémbraste do teu paso polo Club Juventud Cambados?
- Claro que me acordo do Cambados, síntome na miña humildade, membro para sempre dese equipo, tiven moitos amigos e non me esquecerei xamais. Eramos os únicos que
derrotabamos o AROUSA nun man a man. De aí saíron varios xogadores para o  primeiro equipo, Arturo,Richard,Cubeiro,Celso,Chiño,Panocha  etc.   
- Ti desembarcas cun nutrido grupo de vilanoveses no Instituto de Cambados (Isidro, Benito Leiro, Cardalda, Carballas Insua, Manolo  etc) , cóntanos a túa experiencia no mesmo.
- A miña experiencia no Instituto de Cambados foi
importantísima na miña vida. Aparte dunha liberación como estudante, foi unha porta aberta a o mundo. Liberación porque eu estudaba por libre, o que significaba un exame en Pontevedra o ano de todas as materias, aquelo,daba pánico,era unha experiencia para min límite, polos nervios, era como un cara ou cruz. Por outro lado no Instituto estudaba por avaliacións e era mais cómodo e mais humano, sobre todo, era en definitiva mais fácil. Tamén me serviu para coñecer xente de outros pobos e facer novos amigos/as, era outra cousa. Foi unha época de contrates e experiencias novas,enriquecedoras, que sen dúbida me axudaron a formarme e para ben ou mal,ser quen son hoxe en dia.Tamén foi unha época de conflitos internos,como e normal.En calquera caso,experiencia enriquecedora.
- Dos que te acompañaron nesta aventura “didáctica” gardas
relación con algún. Con quen?
- Do Instituto de Cambados lévome con poucos hoxe en dia, pero mais ben pola distancia e por non vivir aí,que por outros motivos.Ademais os anos pasan e perdes o contacto e a pista de moitísimos,sen embargo acórdome perfectamente de todas as persoas que coñecín incluso de vista,as que lle mando un abrazo e un saúdo,desexándolle o mellor a todos.Con quen mais falo e con Benito Leiro,pero acórdome de todos/as, sen dúbida algunha.Teño boa memoria.Dos profesores tamén me acordo,ainda que algúns faleceran xa, un recordo para eles/as.    
- Lémbraste dalgún , tes contacto con eles?
- Si me lembro de amigos e coñecidos daquela época, de Cambados,aparte do fútbol: Jorge,Mane,Encarna,Xose Xoán o arquitecto,Falúa e Teresa,Benito Silva,Leiro,Manolo Paz,os irmáns Silva,Xaquín o patrón maior e outros amigos e veciños que de algúns non recordo os nomes,como o fontaneiro e o pintor da Modia,fai moito que non os vexo.               
(CONTINUARÁ…)  

Ningún comentario: