21 de xan. de 2014

ENTREVISTA A MANUEL FERNÁNDEZ PADÍN “O GALO” (III)

“SENTIN A MORTE PRETO EN DÚAS OCASIÓNS”.
Continuamos co terceiro capitulo na vida do arrpentido
Manuel Fernández Padín “O Galo”, neste non deixa moi ben o ex xuiz dos xulgados de instrucción da Audiencia Nacional, Baltasar Garzón,  nin as autoridades, tamén nos fala do seu medo a morte o do defraudado que se sinte polas asociacións  antinarcotráfico. Continuamos.
-Cóntanos brevemente a túa experiencia neste “mundillo”?
-A miña experiencia en este “mundillo”  foi moi inesperada e algo rara xa que non o busquei. Vime metido sen pretendelo. Tiven a sensación de medo e de
perigo pero tamén de curiosidade xa que nunca vivira esta experiencia tan forte e sorprendente. A primeira descarga non puiden facela por falta de forzas. Atopábame moi gordo polos tranquilizantes e de tanta cama perdera as forzas, vinme tirado exhausto no chan e díxenme a min mesmo,"chaval nin pa isto vales xa", foi unha sensación de moita impotencia e de derrota, moi desagradable. Por outro lado cando repartín cocaína a sensación era de que nada me importaba xa, dábame todo case igual, non tiña moito medo xa que a miña vontade estaba moi limitada polo trastorno mental, perdera o medo a todo, e  a miña mente estaba socialmente moi deteriorada, non obstante consumía tranxilium 50, que me deixaba aparvado, todo o dia. Funcionaba como un robot, automatizado. Aínda así e todo e a pesares da miña necesidade económica e vital pensei que eu non me podía adicar a isto xa que eu estaba enfermo polo consumo de drogas e moitos amigos meus falecidos polo mesmo. Empecei a pensar en denuncialo e deixalo, como así fixen.                            -Como chegas a converterte en testemuña protexida?
-Fun testemuña protexida, non como pensa a xente, que me detiveron e para librarme do cárcere cantei, non é así para nada. Na lei non existe este argumento,  ninguén che asegura nada por falar o que sabes. Foi un proceso longo e moi inesperado para min. Antes da miña
detención xa denunciara na TVG,as miñas actividades neste "mundillo", cousa que non coñezo que ninguén o fixera no mundo,  adicándose a iso e coa posibilidade de facerse millonario, pois non, eu renuncie voluntariamente a todo iso. Cando me detiveron estiben no calabozo tres dias sendo interrogado e sen colaborar. Cando decidín falar o xuíz mandoume para a prisión de Valladolid, despois a Carabanchel e de alí a Audiencia Nacional,  onde o xuíz  Ismael Moreno  do Xulgado Central Nº 2, mandoume sen mais a prisión, non me fixo caso ningún. Así estiven preso e fodido, protexéndome pola miña conta do cárcere para que non atentaran contra min por colaborar coa Garda Civil, paseino moi
mal, refuxiándome pola miña conta xa que o Estado non me apoiaba, a pesares de colaborar con eles. Pasei bastante medo só. Este si que foi o prezo que paguei encima de colaborar, España non e “jauja”. Mais tarde apareceu o xuíz Baltasar Garzón e cambiaron as tornas. Co paso do tempo foi Garzón e o Ministerio de Xustiza, quen decidiron darme a condición de testemuña protexida. Así que fora o mito de que falas e líbraste da cadea, polo menos antigamente, agora din que fan pactos cos fiscais, pero ese non foi o meu caso, a min non se me deron facilidades ningunhas, cominmo "a pelo" e da cárcere de Valladolid quixeron atentar contra min, si pasei medo si, e só.
-Sínteche ou segues sentindo a morte preto nalgunha
ocasión?
-Sentín a morte preto en dúas ocasións, a primeira nun locutorio do cárcere de Valladolid, mentres comunicaba co meu avogado,"tocado", por Manuel Charlin Gama. A segunda vez cando unha veciña en Madrid chámame  para dicirme que sobre as 3 da madrugada presentáronse diante no meu domicilio tres individuos preguntando por min. Tiven a sorte de estar de vacacións en Galicia en un lugar secreto e ben protexido, denunciei o caso. Tamén dicir que nunha ocasión estando durmindo na casa de meus pais en Vilanova,queimáronme un coche novo, de madrugada. O medo e algo que aparece e desaparece, porque e
imposible vivir 23 anos pasando medo, chega un momento que tes que asumir que che pode pasar calquer cousa en calquer momento, mesmo agora non vivo absolutamente tranquilo nin o farei mentres viva, e o prezo alto que se paga por colaborar coa xustiza, peor aínda si esta te abandona como foi o meu caso e o de Portabales.   Neste tema nunca se pode cantar vitoria.   Tamén e xusto recoñecer que o final portáronse mellor os narcos comigo que o propio Estado e Garzon, que me traizoaron tendo todo tipo de medios,polo que lle dou as gracias os narcos, e non me doen prendas en recoñecelo, aprendín moito en Madrid sobre do que son as autoridades, como mesmo o fiscal   Javier  Zaragoza. -Pensaches algunha vez que as ameazas recibidas íanse cumprir?
(Faro de Vigo)
-Si pensei que podían atentar contra min como non, a proba esta o atentado que fixeron contra o cambadés Manuel Baulo e a súa dona, cando colaboraba con Garzón. Eu falei con el e con un fillo e advertinlle de que era moi perigoso ir vivir a Cambados, a súa resposta foi: ¿ E QUE ME VAN FACER A MIN ?,acórdome coma si fora hoxe e teño que dicir que xamais pensei que os galegos foran capaces de asasinar tan facilmente por cartos, tiña outro concepto dos meus paisanos. Tamén teño que queixarme da pasividade coa que actuou tanto Garzón coma Zaragoza
como o  Estado incluída claro a Xunta de Galicia, que actúan con unha pasividade fora do normal.  A Baltasar Garzón xa lle asasinaron  varios testemuñas protexidas, algo fixo mal este individuo, pero tamén é certo que lle importaba ben pouco, sen embargo como se queixou publicamente ao Secretario de Estado cando lle reduciron a escolta a el. Claro o "embudo" ancho para el e o estreito para os demais, menos mal que probou da súa propia medicina.              
-Vives na actualidade con medo?
-Agora vivo con un medo relativo, sei que a vinganza pode estar aí sempre, hai cousas difíciles de esquecer e esta e unha delas. Eu non estou dentro da mente dos demais, pero como dixen antes e sen peloteo ningún , xa o dixen na prensa o final demostráronme os narcos, ser comigo mais cabaleiros que o propio xuíz e que o Estado e
diversas autoridades hipócritas, así como moitas asociacións antidroga como Erguete ou a mesma Fundación Galega contra o narcotráfico , que só superan aproveitarse de min e Portabales para trepar eles e conseguir os seus obxectivos persoais, non son mellores que os narcos, non, uns trafican con unhas cousas e outros con outras e as dúas fan moito dano,os galegos, son así.      
-Que sentiches a primeira vez que falaches con Garzón?
-A primeira vez que falei con o xuíz Baltasar Garzón tiven unha dobre impresión, por un lado pensei que podía ser o meu "salvador" e tamén que podía ser o home que me condenara a moitos anos de prisión.  Eu de leis non tiña nin idea, pois nunca delinquín e nunca me interesou o mundo de xuíces e avogados. Entón non sabia que el só era un xuíz instrutor e pensei que ía ser o xuíz que me xulgaría, polo que me sentín cunha enorme responsabilidade pola transcendencia que podían ter as declaracións que eu fixera ante el. Noteille moito interés por min e "presionoume" para que citara a unha persoa da que eu non falara  xamais. Ameazoume e ofreceume un "PACTO DE CABALLEROS". Chamoume moito a atención que me chamara da prisión de Carabanchel a Audiencia Nacional , sen avisar o meu avogado, polo que diante del sentinme moi indefenso, isto pasou dúas veces.  Tamén estaba presente o fiscal antidroga Javier Zaragoza que se mostraba sourrinte e placenteiro. O que xa me resultou tanto alegal como inédito foi que no medio da miña declaración sen avogado, aparecera pola porta do despacho, Ricardo
Portabales,  quen abriu a porta e sentouse nunha cadeira  o meu lado e comezou a falarme intentando que eu lle dixera a Garzon cousas e nomes que el me dicía, loxicamente protesteilles  e non conseguiron os obxectivos, advertíndolle a Garzón que todo aquelo non era normal. Todo isto está recollido nunha axenda da época, onde eu escribía na miña "celda" para desafogo e como proba do que me estaban a facer. Pero despois de advertirlle a Garzón, “rajouse” e pidiume que mantivera as declaracións que xa fixera  na Garda Civil de Pontevedra, aí quedamos en paz e empecín a velo como un aliado, que co paso dos anos resultou ser un trampón, traidor,  e prevaricador, mesmo polo que esta condenado.                                                                             -Manolo , cóntanos que che prometeron para ser testemuña protexida e que non cumpriron?
-Cando estaba vivindo en Burgos, na casa de un amigo,
presentándome no xulgado cada 15 dias para firmar, un dia recibín a visita de tres funcionarios da policía xudicial das brigadas antidroga, creo que do grupo 4, en un vehículo camuflado.  Identificáronse e dixeron vir en nome do Xulgado de Instrución nº5 da Audiencia Nacional, o que levaba Baltasar Garzón,  e viñan tamén en nome do Ministerio de Interior, querían falar comigo que me atopaba en liberdade provisional para ofrecerme e dicirme que os tiña que acompañar para quedarme a vivir en Madrid que eles se facían cargo de todo. Eu contesteille que estaba moi cómodo alí e que non me
apetecía. Insistíronme no nome da miña seguridade e pregunteille en que condicións me iria con eles. Díxenlle que si se facían cargo da miña vida dese momento en diante que si os acompañaba. Dixéronme que dende logo que eles se facían cargo da miña vida completamente xa que esa eran as ordes que traian. Quedamos en que virian o dia seguinte a recollerme, que tivera as maletas preparadas porque xa non volvería a Burgos, e así ocorreu o dia seguinte as 9 da mañá estaban chamando a miña vivenda e marchei con eles a Comisaria Central de Canillas, onde me recibiu o Comisario Xefe. O longo do anos tiven tanto eu como con Portabales, mil reunións co fiscal Zaragoza e co xuíz Baltasar Garzón, e con distintos mandos e
directores da Dirección Xeral da Policía, en todas elas falabamos e recordabamos as cousas prometidas para despois de acabado o xuizo da Operación Nécora. Nunca se falou de cantidades concretas nin de solucións concretas pero si de buscar unha solución e unha saída beneficiosa para nos, barallouse unha indemnización, un posto de traballo etc. Non cumpriron nada, xa que nos quitaron todo o que tiñamos, soldo, escolta, vehículo oficial e casa, que tivemos durante 20 anos,deixándonos do medio da calle con unha man diante e outra detrás,correndo nos con tódolos riscos e traizoados e burlados.
-Se o podes dicir, quen o quenes che fixeron esas promesas que non se cumpriron?.
-As promesas incumpridas empezaron xa no cuartel da
Garda Civil en Pontevedra, alí ofrecéronme cousas para que falara, pero as verdadeiras, foron en Burgos cando me viñeron a buscar para levarme a vivir a Madrid. Seguiron co Comisario Xeral de Canillas e en unha reunión con varios Comisarios na Comisaria Xeral de Seguridade Cidadán,en Madrid, diante do meu avogado. Despois seguiron con Baltasar Garzón e o fiscal Javier Zaragoza, con este mesmo ún minuto antes de comezar o xuizo na Casa de Campo, onde nos iamos a negar a declarar. Convenceunos o mesmo fiscal, dicíndonos que non nos preocuparamos que o noso futuro estaba asegurado, senón nós non iamos a participar no xuízo. Tamén en varias reunións coa Dirección Xeral da Policía e no Ministerio de Interior, a mensaxe sempre foi o mesmo: estade tranquilos que todo se reparará. Os únicos que nunca prometeron nada foron os xuíces que nos xulgaron.                                      
-
Que opción política crees que está ou estivo mais “pringada no mundo do norcotráfico”:  Os da Jaivota, os do capullo, ou  os nacionalistas? 
-O opción política  que mais esta "pringado" no narcotráfico en España, é sen dúbida algunha os  da "jaivota", ese animal "dañino" e "carroñero".
-Tes relación con Ricardo Portabales, o outro famoso arrepentido?
-Si teño relación con Ricardo Portabales, un compañeiro
de viaxe non querido no seu dia por min, pero que foi compañeiro a forza e incluso vivín con el na súa casa cinco anos, agora aínda nos une os intereses que temos en común pola Operación Nécora, que para nos aínda non terminou, non a temos arquivada aínda como a teñen outros, de aí a nosa relación actual.                                                    
(CONTINUARÁ…)


Ningún comentario: