17 de xan. de 2014

“HEROINAS DO MAR”

AS MARISCADORAS DE CAMBADOS ´INVENTAN´ UN CARRIÑO PARA O SEU TRABALLO 
O artilugio faise con rodas de bicicleta e armazón de aceiro,
útil para a extensa praia do Sarrido.
Tres quilómetros a pé poden facerse moi longos si hai que cargar cunha azada, un anciño, o caldero e un saco con máis de tres quilos de ameixa... Por iso é polo que en Cambados “inventaron” fai algún tempo un sistema para alixeirar a tarefa no banco marisquero do Sarrido, un dos máis extensos de ríaa. 
Este consiste nuns carriños “artesanais” feitos con
neumáticos de bicicleta ou de carriños de bebés, radios de plástico e unha estrutura de aceiro inoxidable para transportar os capazos co marisco e os aparellos de traballo. “Ao principio os radios tamén eran de aceiro inoxidable, pero a salitre do mar os estropeaba pronto, así que se cambiaron polos de plástico”, explica a presidenta da
agrupación de mariscadoras de Cambados, Isabel Pérez. 
Os carriños fanos ferreiros, e ás mulleres parécenlles tan prácticos que ata os levan cando faenan en Fefiñáns, que é un banco moito máis pequeno que o de O Sarrido. “Son estupendos, e evítanche ir
cargada”, engade Isabel Pérez. Pero non sempre os sacan. Cando a zona de traballo está cerca e o tope de capturas non é moi elevado, o normal é que leven un só cada dous ou tres mulleres. Os demais quedan “aparcados” no punto de control. Onte, por exemplo, víallos
estacionados á beira de bicicletas e ciclomotores, fóra do lugar onde as mariscadoras pesan e “peneiran” a ameixa,  así como tamén apilados uns contra os outros, como carriños de supermercado. 
Noutras agrupaciones da pe, cando faenan en lugares
apartados de terra, utilizan outros sistemas, como achegar o marisco a terra en artefactos flotantes, ou coas tradicionais carretas. A desventaja destas, con respecto aos “carritos” de Cambados, é que son máis pesadas e a roda dianteira é máis grosa, polo que é máis difícil arrastralas cando a area está moi húmida e branda. 
Sexa como for, os artiluxios tamén esixen un mínimo mantemento para evitar a corrosión do sal. “Polo xeral
lévanse despois para casa para darlles un mangueirazo de auga doce”, conta Isabel Pérez. 
NOVA E FOTOS RECOLLIDA DE FARO DE VIGO.






1 comentario:

o quinto dixo...

chegas tarde chonito,o carrito de marras xa o levan desde antes de nacer jesucristo ,de todas formas a presidenta amiga do alcalde isabeliña, emais a maria, a que esta na maquina do punto de control non ñe fai falta carrito por que nunca baixan non pegan un sello e cobran coma quen mais paña,e por encima pensan que son as amas do serrido,da gusto estar en uha directiva anque sexa na comunidad de veciños,e ser as primeiras en figurar cando ven alguha television¡ viva la pepa¡