25/01/2014

INCERTIDUMBRE NAS LETRAS ESPAÑOLAS: ¿JOSE PEPE DEIXA DE ESCRIBIR?

POR RICARDO DOMINGUEZ REY
Amigos meus, teño que dicirvos que hoxe invádeme  unha gran pena e a
 tristeza chegou o meu corazón, incluso confesareivos que
chorei, chorei como un neno; o motivo non é outro de que, corre un  rumor, como a pólvora, polas redes sociais,  a falta dunha confirmación oficial,  de  que Jose Pepe podería abandonar a súa colaboración semanal no Diario de Arousa.
Debo dicir que non teño palabras para expresar todo a dor e a rabia que me invaden e o que sinto nestes intres e, soamente, podo preguntarme, en caso de que dita noticia sexa certa:
¿¡PORQUE!?
Nos sei cales son os motivos desta desgraciada decisión; si partiu do propio Jose Pepe dende aquí eu pídolle, é mais, implórolle de xeonllos, que recapacite e que non adopte tan drástica postura: a sociedade en xeral e a dereita mas carca e retrograda en particular seguen necesitados dos
seus artigos; os comentarios dun home “recto” e “integro” ; un cambades como dos que quedan poucos, o nexo de unión entre Fefiñans e Santo Tome, entre o “Laya” e  o “Pintos”,  pasando por  “ a de Lupe”.
¿Quen nos guiará agora entre tantos “rojos” e “progues”? ¿Quen lle dedicará a partir de hoxe eses comentarios tan seus, cheos de amor, tenrura e agarimo  a Rajoy,  Aragunde ou  Feijoo? 
Agora, mais que nunca, entendo a expresión “siempre
se van los mejores” ¡non hai dereito! ¡que mundo mais cruel! .
Si a decisión, querido Jose Pepe, veu motivada polas críticas recibidas por este blog, entre outros, que saibas que eran producidas pola envexa, a envexa a un mestre da pluma, a un observador da actualidade; en definitiva, a un guía das boas costumes, un home, como se definiu el mesmo,  “de derechas, católico y sentimental”  ...¿e os
nosos sentimentos, Jose Pepe? ¿acaso non che importan? ¡Eres cruel, Jose Pepe, moi cruel!; dásnos a probar os teus artigos, como o chef que da a probar o seu mellor prato e cando o noso estómago  xa  esta acostumado a tales “manxares”   arrebátasnolo. ¡Eso non se fai, Jose Pepe!.
Pola contra si a decisión partiu do director do xornal, quizais, pola pouca aceptación dos  artigos, dende aquí
dígolle que os xenios, en moitas ocasións, son uns incomprendidos na súa época: Van Gogh apenas vendeu un cadro en vida e, hoxe en dia, é un dos pintores mais importantes do mundo; recapacite, sr. director, ¡está deixando fuxir a un artista!
Dende aquí e neste momento, fago un promesa, si Jose Pepe recapacita e sigue escribindo, eu, no seu honor, abandonarei, temporalmente, o meu ateísmo, e, de cara a
próxima Semana Santa, falarei co parroco don Jose para fundar unha confraría a que denominarei “Do Perpetuo Fachorro” e, vestíndome de nazareno, percorrerei, flaxelándome, a distancia entre a igrexa parroquial e a igrexia de San Benito para dar grazas por poder seguir gozando das verbas do noso “escribidor” de cabeceira.    
Esperemos acontecementos e de que non se confirme tal noticia e Jose Pepe nos siga guiando coas súas “sabias” reflexións, os cambadeses non merecemos menos. 

UN SAUDO A TODOS

            RICARDO DOMINGUEZ REY





FOTOS:GOOGLE   

      

Ningún comentario: