22 de xan. de 2014

QUEN ENSINOU A PRIORIZAR OS INEPTOS QUE TEMOS COMO POLÍTICOS

PARA RUEDA, TOURIS E ARAGUNDE E MAIS IMPORTANTE REPARAR AS GOTEIRAS DO PAZO TORRADO QUE O CALAMITOSO ESTADO DO COLEXIO MAGARIÑOS
Todos sabemos que os políticos que temos en Cambados son uns perfectos ineptos, non teñen nin idea, gastan os nosos cartos en campos de golf, en subvencionar carriños de gol, ou cursos de caza. Pero resulta que a hora de priorizar  aínda teñen
menos idea, lemos estes dias no Diario de Arousa unha nova que entre outras cousas di :
“Unha obra valorada en 38.558 euros permitiu eliminar os problemas de goteiras, humidade e filtracións do pazo de Torrado, en Cambados. A actuación foi financiada con cargo a unha subvención autonómica e onte foi revisada polo conselleiro de Presidencia, Alfonso Roda, en compañía
do delegado territorial, José Manuel Cores Tourís, e do alcalde, Luís Aragunde. “
E si houberamos empregado estes cartos reparar as goteiras que sofren os rapaces do Colexio Magariños de Cambados, e poderán ir a escola sen que lle chovera dentro, non estarían mellor empregados os cartos. A vos que vos parece?
FOTOS GOOGLE.


1 comentario:

MANUEL dixo...

Case que 40.000€ en atallar unhas goteiras no pazo Torrado, eu pregúntome si algunha vez podrei mercar unha casa cos prezos que se marcan as constructoras, ainda que, tratándose de subencións, entre contrata e subcontrata e cazo e caldeiro os cartos van desaparecendo e o albañil cobrará o de sempre e a vida segue igual e seguirei soñando con poder facer unha casa. Queren que as casas dos mestres desaparezcan para poder ampliar o colexio, baixo a potestade do axuntamento, vender unha obra nova para as próximas eleccións e seguir facendo o de sempre, o que lles pete. Con buenismos non arranchamos nada, denunciouse o estado lamentable do colexio por activa e pasiva, e pasividade é a que demostran ter estes chupópteros. Hai que movilizar a pais e nenos, que nunca mellor dito " mexan por nós e decimos que chove".