26 de xan. de 2014

QUEN XESTIONA O CEMITERIO DE SANTA MARIÑA EN CAMBADOS?

O CONCELLO OU A IGREXA
Estes días Cambados converteuse no
primeiro municipio da provincia de
Pontevedra e no cuarto de Galicia en adherirse á 'Association of Significant Cemeteries of Europe' 
Son catro, polo menos en lista oficial, os cemiterios singulares de Galicia, e están situado en Lugo, na provincia da Coruña -San Amaro e Camariñas- e o último, en Cambados (Pontevedra), trala recente adhesión
de Santa Mariña a unha ruta europea cun aura de misticismo non apta para quen non gocen do chamado 'necroturismo'. 
A 'Association of Significant Cemeteries of Europe' (ASCE), a petición do Concello de Cambados, incluíu as Ruínas de Santa Mariña Dozo, do século XV, na súa rede de organizacións públicas e privadas que velan pola preservación e a posta en valor dos cemiterios europeos
para que sexan considerados como se merecen dada a súa importancia histórica e artística. 
Ao unirse a esta asociación, Cambados incorpórase á ruta europea de cemiterios singulares, para dar a coñecer e preservar este fermoso conxunto de Santa Mariña, monumento nacional desde 1943 e un dos máis
belos camposantos do mundo, tal e como o reflectiron escritores da talla de Otero Pedrayo ou Álvaro Cunqueiro.
Tamén estes dias salta a actualidade  que o concello de Cambados e a igrexa non chegaban a un acordo de quen tiña que  facer o mantemento desta tranquilo e precioso lugar.  
Pero que nos vende a nos os nichos? Aquí vos ensinamos un contrato da compra dun nicho no Cemiterio parroquial de Santa Mariña en Cambados:

Como vedes quen encabeza o contrato é un tal Julian Barrio Barrio a sazón Arcebispo de Santiago, e non vaiades a pensar que nos vende o nicho,  non déixanolo para sempre é dicir que eles seguen a ser os propietarios do lugar onde tes o nicho e nos somos usufrutuarios perpetuos.
Agora aquí vos ensinamos que asina a conformidade:

Como vedes asina un tal José Aldao a sazón párroco de Cambados. Como veces tanto no contrato como na
conformidade o concello non aparece por ningún lado,  polo tanto a igrexa o guisa e  o come seria lóxico tamén que eles se encargaran de coidar o cemiterio todos vez que eles son os que economicamente  recollen as ganancias.
E agora ven a nosa pregunta sen ser o Concello o
propietario do Cemiterio quen son eles para pedir a inclusión do cemiterio na 'Association of Significant Cemeteries of Europe', agás que Concello e Igrexa chegaran a un acordo que  a nos non nos contaron. Enton que non están querendo facer ver a xente,   que por un lado están dacordo e por outro non. Quen entende isto?

Ningún comentario: