6 de feb. de 2014

“A DE LUPE” INAUGURA NOVA EXPOSICIÓN

DESTA VEZ TRATASE DO PINTOR CAMBADÉS TINO CHAVES
Como todos sabedes xa a estas alturas da película “ADE LUPE” a bar de modé , sito na rúa Isabel II
de Cambados, ademais de ser un bar moi agradábel é tamén unha  pequena sala de exposicións. Rematada a derradeira exposición dos artistas  UXÍO LOPEZ, JUAN MORENO BADIA E MANOLO CHAZO, a partir de mañá e ata o 20 de marzo estará o pintor
cambadés TINO CHAVES, que ven de expoñer aínda non fai moito en Exposalnés en Cambados. Tino ten un estilo moi peculiar e así o expresa nas seus lenzos e nos seus "carboncillos".  Ven tomar un viño a de Lupe, ao mesmo tempo,    ves a obra de Tino.

Ningún comentario: