“ ¡MANOLO, ESPERAME EN EL CIELO!”
JOSE PEPE DECLARALLE O SEU AMOR A MANUEL FRAGA IRIBARNE.
Confesareivos, queridos amigos, que hai cousas polas que perdo a cabeza e ás cales non me podo resistir: unha
boa película de acción, aínda que tamén gústanme as románticas (un que no fondo é un sentimental), un bo viño (enténdase, en cantidades moderadas, non vaiades a pensar que vou “empinando o codo” polas esquinas) ou, a miña paixón secreta, o chocolate, o cal me leva polo camiño da amargura, (sobre todo, á hora de subirme a unha báscula).

Pero, dende fai un tempo, a esta lista de vicios confesables, engadín (e creo que xa volo comentei en algunha ocasión) a lectura do artigo semanal de Jose Pepe en
“Diario de Arousa”.
“Diario de Arousa”.
Fai uns días, casualmente, falando cunha amiga, á que teño por unha persoa moi lista e cabal ( e moi guapa), díxome que non quere ler os artigos do noso “escribidor” para non darlle a mais mínima audiencia nin publicidade pero, no meu caso, recoñezo que é superior ás miñas forzas; de feito fai unhas semanas manifesteivos a miña preocupación polo rumor, que corría polas redes sociais, de que o noso
“ilustre” Jose Pepe deixaba de escribir ( cousa que finalmente non aconteceu).

Ler os artigos de Jose Pepe (aparte de ser un acto claramente masoquista) e un exercicio de ata onde poden chegar a ignorancia e o fanatismo dunha persoa e, para mostra, o seu último artigo que leva por título “Fraga Iribarne, un modelo para políticos”.
Dende logo o título xa ten o seu aquel; dicir que Fraga é
un modelo en política, dáme que pensar a que Fraga se referirá ¿ó Fraga que cando era ministro, na ditadura, chamou ó pai de Enrique Ruano, (un estudante asasinado pola policía franquista) para ameazalo con deter a outra filla que tiña senón cesaba nas súas protestas? ¿ou quizais refírese ó Fraga que, sendo ministro de gobernación, en plena Transición, dixo aquela famosa frase (pouco democrática, por certo) “La calle es mía” ante os intentos da cidadanía de saír a manifestarse na rúa? ¿ou será ó Fraga iracundo que, xa na democracia, amosaba a súa peor faciana cos seus rivais políticos, subalternos ou periodistas cando perdía a paciencia? Non sei para vos pero, dende logo, para min Fraga Iribarne non era modélico en moitas cousas e menos como político.

Este artigo de Jose Pepe , como outros moitos anteriores, non ten perda, basicamente, polo feixe de parvadas que atesoura, así que, como en outras ocasións, transcribo o mais interesante, tal como o publica, e, a continuación, vouno comentando....... e para empezar unha das mellores:
“(...) perdió (Fraga) por la mínima su partido por la presidencia del gobierno de España, porque en el platillo
izquierdo de la balanza, pesó más su condición de ex ministro de Franco, lo cual, en mi opinión, fue una pérdida para España.”

Sinceramente ¿pódese amosar mais analfabetismo histórico? Eu podo comprender que Jose Pepe admire a Fraga, que o respecte e, ata entendería, que tivese sonos eróticos con el, pero
deformar a Historia ata tal punto é, cando menos, esperpéntico: “perdió por la mínima su partido por la presidencia del gobierno de España”; esta afirmación caese polo seu propio peso con unha simple ollada aos resultados das distintas eleccións xerais nas que participou o amor platónico de Jose Pepe; en concreto, o “fillo ilustre” de Villalba presentouse como candidato, en catro ocasións, a presidencia do goberno: en 1977 e 1979 foi a cuarta forza política con 16 e 10 escanos, respectivamente, mentres que en 1982 i en 1986 pasou a ser a segunda forza política con 107 e 105 escanos pero moi lonxe dos 202 e 184 escanos, respectivamente, do PSOE de Felipe González que, en ambos casos, gobernou con maioría absoluta; si para Jose Pepe iso é “perder por la mínima” non sei que entendera por “fracaso estrepitoso”; O noso “escribidor” debería, como mínimo, terlle un mínimo de respecto ós seus lectores e non intentar deformar a realidade ó seu antollo, pero sigamos, con outra frase do noso “glorioso veciño” sobre Fraga Iribarne:

“(...) este escribidor quiere dejar constancia de su admiración por D. Manuel Fraga Iribarne, a quien Cambados, y la mayoría de sus ciudadanos así lo sienten,
ha demostrado siempre su cariño, al que él se hacía acreedor. Tanto sus seguidores como sus detractores (pocos), sabemos de la valía personal y profesional de D. Manuel (...)”

Ante esta afirmación eu fágome unhas sinxelas preguntas: ¿quen carallo nomeou a Jose Pepe o portavoz de tódolos os cambadeses? ¿acaso foi o noso “escribidor”, porta a porta, preguntándolle aos veciños de Cambados que
pensaban do defunto ex ministro de Franco? O grupo de “palmeiros” (que dan palmas) e “pelotas” que recibían a Fraga Iribarne cando viña a Cambados (grupo no que se atopaba o propio Jose Pepe) non representa para nada a toda a poboación cambadesa. A mellor forma de valorar canto de controversia ten a figura de Fraga Iribarne, no noso pobo, apreciouse perfectamente no tema da estatua do susodito; Ata o propio alcalde, sabedor de que a idea de levantarlle unha estatua a Fraga non seria ben recibida, intentou levala en segredo e, unha vez, que se descubriu o pastel, mentiu intentando atribuírlle a auditoría a terceiros e ata mentiu na data da inauguración, para evitar posibles protestas; á vista destes feitos, eu preguntaríalle a Jose Pepe si tan querido era Fraga Iribarne en Cambados ¿a que veu tanto escurantismo? ¿non será que os detractores non eramos tan poucos como di este “iluminado”? Ademais os feitos posteriores demostraron que Fraga nin de lonxe e tan querido como proclama esta “mente privilexiada”; simplemente hai que botar unha ollada a onde esta dita estatua: detrás dunha rexa, dentro dun parque que pecha pola noite, vamos, mais vixiada que os presos da prisión de A Lama. Si era tan querido, como di Pepiño, porque non poñela nun espazo realmente público (como si o están as estatuas de Ramón Cabanillas e Francisco Asorey) para poder amosarlle as nosas “mostras de afecto”; dende logo este comentario de Jose Pepe exemplifica perfectamente o refrán que di: “non hai peor cego que o que non quere ver” pero, vaiamos co derradeiro comentario deste “crack” das letras, que tampouco ten desperdicio:

“Sentía por Cambados un especial cariño, admiraba a Cabanillas, (D. Ramón), y también a Cabanillas (D. Pío), y, en comandita con este, dotaron a Cambados de un Parador
Nacional, que supuso para nuestra Villa un hito histórico en el desarrollo del turismo y, por consiguiente, de la economía local, y su reconocimiento como Capital del Albariño”

Neste comentario o “papanatismo” de Jose Pepe acada cotas realmente patéticas: A Fraga Iribarne Cambados traíalla “floja” (que me perdoen a señoras por este comentario); sentiría moito “especial cariño” pero a hora da
verdade cando se tivo que decidir onde se instalaría a sede definitiva da D.O. Rias Baixas, (que iso si podería supoñer un desenrolo da economía local cambadesa) ¿onde estaba Fraga Iribarne? ¿porque non inclinou a balanza a favor do noso pobo? A sede foise para Pontevedra ( aparte de pola actitude do Xudas Tourís) porque a Fraga importáballe ben pouco Cambados, viña aquí, comía e bebía coma un porco (con todos os meus respectos para o cochiño animal) do mesmo modo que o facía en outros sitios onde era invitado (e onde tamén o recibían “pelotas” coma Jose Pepe).

Non creo que faga falta que diga que non lle tiña o mais mínimo aprecio a Fraga Iribarne, non só porque representa unha das etapas mais escuras da nosa historia recente senón, sobre
todo, porque nunca amosou a mais mínima mostra de arrepentimento nin de perdón, debido a moitas persoas, empezando polos familiares de todos os que seguen enterrados en fosas comúns e que, a este goberno (autonómico e estatal), impórtalle ben pouco e, aínda que non son crente, se realmente existe o inferno soamente desexo que no mesmo arda o ex ministro franquista, por moitas rezos que lle dedique Jose Pepe na misa dominical.

RICARDO DOMINGUEZ REY
Ningún comentario:
Publicar un comentario