20 de feb. de 2014

NACIONAL GEOGRAPHIC PRESENTA:

FAUNA PEPERA E A SUA INFLUENCIA NO MEDIO AMBIENTE CAMBADES
POR RICARDO DOMINGUEZ REY
      Fai un tempo, seguro que vos lembrades apreciados amigos, faleivos  do “Benitus Pelexon”, unha ave noxenta que aniñaba no tellado da confraría e que tanto dano
 causoulle (e  cáusalle)  ás aves mariñeiras (as últimas damnificadas deste paxarraco as aves mariñas do cerco) e, por tanto,  moitas esperan que acabe na gaiola;  pois ben, alguén preguntoume fai pouco si o “Benitus Pelexon” se relacionaba e, si é así, con que especies animais; pois ben, creo que chegou o momento de falar doutros animais que habitan no medio ambiente cambadés, que se relacionan con esta ave maldita e que, de seguro, algunha vez tédelas observadas. 
      Comezaremos polo animal mais representativo deste grupo o Oso Cambadés (“Ursus Luisus Aragundus”); este plantígrado ten a súa caverna na praza do concello, onde lle gusta aparentar ser o macho dominante do entorno, aínda que, en realidade, ese honor  osténtao o “Couris Toures” ou tamén chamado Simio de Barba Branca
que realmente amosa ser o cerebro do grupo. Como sabedes os osos, cando chega o inverno,  entran nun proceso de letargo, reducindo a súa actividade ó mínimo, pois ben, o Oso Cambadés aparenta estar de letargo todo o ano, pois a súa actividade é bastante escasa e, soamente, parece animarse cando  viaxa, a conta do resto da fauna cambadesa, pola Península Ibérica ou, ultimamente,  pola Península Itálica. 
      Outro animal que sempre acompaña ó Oso Cambadés, é a Hiena de Pescozo de Fulares (“Hyaena Comepirolas”), chamada así porque o seu pelaxe á altura do pescozo asemella como si realmente levase tal prenda de  roupa; as hienas son animais, maiormente,  carrañentos, comen do que deixan outros animais depredadores e a Hiena de Pescozo de Fulares, non é unha excepción, sempre pegado ó Oso Cambadés, xa sexa nunha inauguración, festa gastronómica ou calquera acto onde aproveita para encher o seu insaciable estómago; non se lle coñece outra actividade aínda que ao resto dos animais da fauna cambadesa, por si xa lles sae bastante caro.   
    Tamén, acompañando a estes dous animais, é habitual atopar ó Perezoso Enólogo (“Lochus Pomarus”); o Perezoso é un mamífero que habita nos bosques de América do Sur, caracterizándose, aparte de por estar a maior parte do tempo colgado dos arbores, por ser un animal moi tranquilo e que pasa  moito tempo durmindo. A variedade cambadesa, o Perezoso Enólogo, recibe ese nome porque o seu sustento principal é o viño; pero cando non está, colgado entre as vides, é habitual velo nos plenos, coa actitude propia dos da súa especie, durmindo placidamente;  aínda que, hai un caso documentado, onde  o seu metabolismo  acelerouse sorprendentemente, nun viaxe a Península Itálica  acompañando ó Oso Cambadés ¿que intereses podería ter para tal repentino cambio de medio ambiente? preguntáronse, entre outros,  os eminentes  “zoólogos” Dr. Cores Rodríguez e Dr. Seren Portas, sen que o misterio puidera ser resolto aínda. 
      Tampouco non podemos deixar de mencionar a unha
variedade moi concreta de Pavo real, en concreto a  coñecida como  Pava da Cabana ( “Pavo Rosus Oubiñus”): esta é unha ave de gran beleza, que se caracteriza por “pavonearse” en canto acto público hai e onde saca a relucir as súas mellores  plumas; a parte de iso, non destaca por ser unha ave, digamos,  excesivamente “evolucionada”  polo que se vai movendo por distintos ecosistemas (Cambados, Pontevedra, Compostela), seguindo a outras aves mais intelixentes e das que procura obter o sustento. 

    Outro animal deste grupo é a Cotorra Escribidora (“Jose Pepus Parlante”); como todos sabedes as cotorras, ao igual que os loros, repiten todo o que escoitan aínda que non saiban, en absoluto, o que están a dicir; a Cotorra Escribidora non é unha excepción, escoita moitas cousas e repítenas ata saciedade aínda que non teña nin a mais mínima idea do que fala;  esta é unha ave moi falsa e comenencia que acostuma a deixarse ver nos actos gastronómicos que se producen no entorno cambades, acompañada de membros da especie “javiota pepera” onde, como eles,  amosa un gran buche.        
      Tamén son dignos de mencionar os chamados  Monos
Alborotadores (“macacus peperos”) presentes sempre nos plenos municipais e que dedican, case exclusivamente, a incordiar ás nobres membros das especies da oposición, montando “follón” (iso si, sen esquecerse nunca de cobrar as dietas por asistencia).   
      Finalmente deixamos para o final a unha especie das mais nocivas, o Voitre Louzano (“Rafaelus Rabisus”) unha ave, inimiga dos cans, e moi prexudicial para moitas aves. Si falábamos ao comezo deste artigo do daniño que resultaba ser o “Benitus Pelexon” para as aves mariñas, o Voitre Louzano causa o mesmo efecto, neste caso, entre as aves hostaleiras; ditas aves, viven unha dura crise, coa falta de aves migratorias turistas........¿e que fai o Voitre Louzano?  pois competencia desleal montando uns niños – pousadas que poden ser a perdición para moitas destas pequenas aves hostaleiras.   
      Se tedes ocasión de observar a calquera destes “bichos”
facédeo sempre co máximo respecto porque aínda que algún deles,  como xa dixemos,  son moi daniños para o ecosistema cambades, como diria o noso pastor de almas, Sr. Aldao: “Todos son creación do noso Señor Todopoderoso , ¡¡ALELUIA!!”         
     
UN SAUDO A TODOS
           RICARDO “CANARIO”  DOMINGUEZ REY    
      
      




   
           

Ningún comentario: