29 de mar. de 2014

EN AGOSTO DE 2013, O ALCALDE AFIRMOU EN SEDE PLENARIA QUE TERÍA EN CONTA A PROPOSTA DO BNG

DE INCREMENTAR AS BOLSAS DE ENSINO.
FAI UN ANO UNHA MOZA MEMBRO NNXX DE CAMBADOS TIVO UNHA BOLSA DE ESTUDOS DESPOIS DE FACER TODO O BACHERELATO NUN COLEXIO DE ELITE.
ESE É A VARA DE MEDIR DE LUIS ARAGUNDE.
Nin que dicir ten que teñamos que insistir de que o alcalde
de Cambados é un trmapón e un cínico e iso deicimolo con probas, o BNG ven a confirmarnos este dato pois como di o titular no pleno ordinario  de agosto de 2013, o alcalde afirmou que tería en
conta a proposta do BNG de incrementar as bolsas de ensino, mais sen aclarar en que consistiría esa modificación, e ainda os estudantes cambadeses están a esperar esa modififación, esa é unha das razón polas que o nacionalistas veñen de presentar a seguinte
moción: 
MOCIÓN PARA  A AMPLIACIÓN DA COBERTURA DAS BOLSAS DE ENSINO MUNICIPAIS
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Nos últimos tres anos, como consecuencia da crise económica e
das políticas neoliberais aplicadas,  o poder adquisitivo das familias caeu 10´5 puntos e, á vez que sucedía isto, o desemprego non deixou de aumentar. Esta situación afectou seriamente á economía familiar, de xeito que cada día, as familias, teñen máis dificultades para cubrir as súas
necesidades básicas diarias. Así mesmo, estas dificultades vense incrementadas ata límites insostibles cada vez que unha familia debe enfrontarse con gastos extras como, por exemplo, a compra de libros de
texto e material escolar a comezos de cada curso.
Ademais comprobamos como no ensino obrigatorio (educación primaria e secundaria) pasouse, en poucos anos, dun sistema gratuíto de préstamo de libros de texto para todo o alumnado a un sistema que
desprotexe á gran maioría dos alumnos/as, tendo que asumir as familias o gasto tanto para a adquisición de material escolar coma de  uso de comedor (que tamén diminuíu  a súa  cobertura pública nestes últimos anos), nun momento no
que a economía familiar pasa por unha situación tremendamente delicada. 
O BNG leva anos solicitando que a concello bote unha man ás familias, aumentando a cantidade e cobertura das bolsas de ensino. Nesta liña, o concello de Cambados publica, periodicamente no mes de
agosto, no BOP de Pontevedra, as bases reguladoras para a concesión de bolsas de ensino, as cales inclúen exclusivamente, axudas económicas  a estudantes que cursen estudios universitarios ou ciclos formativos de grao superior  fora da comarca, non tendo en conta ningún tipo de axudas para o ensino primario, ESO, bacharelato, ou ciclos formativos de grao medio. 
Resulta difícil comprender, por exemplo, porque un alumno/a que estude un Ciclo Superior fora da comarca pode acceder a unha axuda municipal para transporte e non existan este tipo de axudas para o alumnado que cursa Ciclos Medios fora da comarca, cando van a ter os mesmos gastos ca os do superior. 
Ademais hai que ter en conta que a compra de libros de
texto e material escolar que deben afrontar os pais e nais  ao comezo do curso, supón un gran esforzo económico para moitas familias cambadesas; esforzo que podería suavizarse con algún tipo de axudas por parte do concello. 
No pleno ordinario  de agosto de 2013, o
alcalde afirmou que tería en conta a proposta do BNG de incrementar as bolsas de ensino, mais sen aclarar en que consistiría esa modificación. Por esa razón o BNG, no mes de setembro de 2013, solicitou que se convocara a Comisión Informativa de Educación para que os representantes dos diferentes grupos políticos
 fixeran  as súas propostas  para a ampliación e adecuación das bolsas de ensino á realidade social actual; aínda que a día de hoxe, o BNG, non recibiu resposta algunha a esa petición.
Por todo iso, o grupo municipal do
BNG, solicita do Pleno da corporación municipal a adopción do seguinte
ACORDO
Instar ao Concello de Cambados a:
1.- Incrementar a partida orzamentaria municipal destinada a bolsas de ensino.
2.- Aumentar a cobertura de bolsas de ensino aos seguintes  niveis educativos:
* Educación Primaria  (finalidade da axuda: material escolar
e comedor)
* ESO e Bacharelato (finalidade da axuda: material escolar)
* Ciclos de Formación Profesional de Grao Medio (finalidade da axuda: transporte)
3.- Manter as actuais axudas por
transporte aos Ciclos de Formación Profesional de Grao Superior e Universidade.
4.- Adiantar a publicación das bolsas de ensino, no BOP, ao mes de xuño.
5.- Dar promoción e publicidade á existencia das bolsas de ensino municipais a través de diferentes canles: Web Concello, prensa, direccións e secretarías dos
centros de ensino, anpas …
Fumos testemuñas de como fai unha ano unha moza, membro directivo de NNXX de Cambados, foi beneficiara dunha bolsa de estudos para a universidade cando fixera todo o bacherelato nun colexio de elite, así é como mide a euqidade Luis Aragunde.

Ningún comentario: